Ha pasado un Ángel
O inexplicable non se pode explicar, e ademais non hai quen o entenda, quitado en política. Por exemplo, o caso Acebes. O secretario xeral do PP está máis presente na campaña galega que JP na programación da TVG e o PP está tan encantado coa súa presencia que prefire convocar ás televisións ós seus actos, e non ós de Gallardón. Acebes é un dos Black Brothers imbuidos da misión divina de advertir ós galegos dos perigos das malas compañías e dos malos exemplos. Caer na tentación de votar a Carme Adán, aínda que sexa soamente un pouquiño, supón arder unha eternidade política catro anos – nas caldeiras do Clubque-destruye-Es-pa-ña que dirixe o que el chama Cárod Rovira. O demo Cárod é responsable de fenómenos como a deslocalización, “que quiere decir que las empresas se van, hastiadas de la incertidumbre y del mal gobierno, a otros lugares que les ofrecen seguridad”. A ver se, con tanta propaganda que lle fan disputa con Touriño o pichichi de homes do saco na liga do PP Cárod decide presentarse e explicarnos a razón de que de aquí se vaian textiles e conserveiros.


Acebes e Urdaci teñen un gran futuro vendendo biblias no Medio Oeste dos EEUU polo día, e regueifando pola noite nun garito ad hoc.
Comment by mourullo — 8 June, 2005 @ 3:44 pm