Radio-grafía de Galicia
Unha mostra da importancia que tén que lle dan a Galicia os grandes medios de comunicación: ningún ofrece información do caida do Imperio Fraguiano a partir da medianoite.
Unha mostra da importancia que teñen os medios de comunicación radicados en Galicia, ou que ten Galicia para os medios galegos: ídem


Na Radio Galega, entre as doce e as dúas a.m. estaban co programa ese das sicofonías. Despois pesoume non ter escoitado o de Marcial, para ver que opinaban os panadeiros do cambio político. Coa de cartiños que facían nos mitins.
Comment by María — 28 June, 2005 @ 8:53 am
Xa pasou na noite electoral interruptus. O persoal que andaba eses días ciscado polo mundo
español, por supuestoadiante non tiña xeito de saber que porra pasaba.Comment by Pereiro — 28 June, 2005 @ 9:40 am
A cobertura da CRTVG do feito: impresionante. De feito eu quedei impresionado. Hoxe xa parece que me atopo un chisco mellor. Gracias.
Comment by marquinhos — 28 June, 2005 @ 11:30 am
E a Santiago Davila que dio-lo perdoe, pero que ben lles veu hoxe para non falar doutra cousa na RG.
Comment by María — 28 June, 2005 @ 6:51 pm
María, eu sentín a uma locutora chorar; mais que Deus non perdoe os manipuladores de todos os países, porque ben
ou malsaben o que fan. E, como se di na radiografía, non é moito melhor a CRSERG. Distintas cóbregas e cans coas mesmas trabadas.Lume de San Xoan e saúde.
Comment by galeidoscopio — 28 June, 2005 @ 7:28 pm