Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

4 August, 2005

Son os cartos, estúpidos

Filed under: Matrix Press

Eso dos polos comeza a ser grave. Primeiro foi aquela famosa gripe aviar asiática, que conmocionou a todo o mundo, e matou menos xente que o tráfico en España unha fin de semana calquera. Agora é a crise do polo-asado-envasado-al-vacío. Esta mañá, na SER, os tertulianos chegaron a unhas conclusións implícitas, que non explicitaron:
1.-Todo o que dependa das administracións autonómicas vai como vai.
2.-A xente non se entera do que din as autoridades. Quizais habería que implicar ós concellos, dixo unha señora que debe pensar que nos concellos aínda anda un tipo cunha corneta decindo os pregóns, como no que posiblemente veranea ela. Afortunadamente non propuxo a obrigatoriedade de facilitar o noso número de móbil ás autoridades para que nos avisen vía SMS do que consideran que nos debe interesar.
3.-Con todo, é raro que coa matraca que deron co tema desde o primeiro día, houbera xente que seguira papando Pollos Pimpollo tan pimpantes.

Posiblemente houbo máis conclusións, pero quitei a radio e puxen a casete deste mes. Ademáis, a solución xa a sei. Alguén que nun sitio como Monforte, e xa non digamos Lobios, compra un polo que se chama Pimpollo é porque é moito máis barato que os outros, a pesar de que os teñan que traer desde La Mancha. É decir, o target de Pollos Pimpollo é o público que non le periódicos, nin escoita os informativos, nin se pode preocupar doutra información que a do prezo das cousas.

E vexan a última imaxe da guerra dos polos
choque polar
A colisión polar entre un camión de Pimpollo e outro de Coren (rexistrada polo ollo do Gran Hermano)

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/08/04/son-os-cartos-estupidos/trackback/

  1. Eu tamén escoitei á señora e lembro pensar nun tipo preguntando en plan detective polas aldeas, e mirando nos frigoríficos coa mirada escrutadora. Por certo, co do Grupo Sada, a empresa do pimpollo, e sede social en Lominchar (Toledo) estarán até os collóns en Sada (A Coruña). Imaxino que algúns considerarán ter dabondo co pimpollo local “Monchoesmucho” para aínda aturar o de Sada=salmonella dalle-que-dalle no mundo dos sucesores de El Caso.

    Comment by mourullo — 4 August, 2005 @ 9:10 pm

  2. Eu sei dunha familia de Viveiro que foi a primeira galega en contraer a salmonella esa, xa andaba con cólicos o venres pasado e dias antes comeran un pollo pimpollo. Pero non se soubo nada: a exclusiva colleuna hoxe a Radio Galega entrevistando a unha paisana de Bóveda. Aos de Viveiro dáballes vergonza que se soubera por aí que colleran iso por culpa dun pito envasado.

    Cantas familias máis habería como a de Viveiro? Non é moi raro que tardase unha semana en aparecer o primeiro caso galego? Tal vez iso resposta á túa cuestión número 3.

    Comment by María — 4 August, 2005 @ 9:57 pm

  3. ...e engade a miña avoa:
    (4.)”O que son é uns vajamundos. Andan a rascar o pendón a pasear por ahí, e lojo compran esas cousas preparadas porque non lles queda tempo para criar catro polos na casa.”
    Pode que teña algo de razón. Ela viviu nun tempo no que facer de comer na casa non era un suplicio, senón un privilexio; pero a veces dice cousas de esas, que pensándoas ben…

    Comment by F. Miguez — 5 August, 2005 @ 12:27 am

  4. Ai Marilercha, e non o largaches

    Comment by sihomesi — 5 August, 2005 @ 8:42 am

  5. Eu sonlle moi respectuosa coas fontes, e coa vergonza do galego máis.

    Comment by María — 5 August, 2005 @ 9:03 am

  6. non dirán que non é algo estrano que un polo enteiro envasado e precociñado custe uns 3-4 euros ¿a costa de que poden ofrecer eses prezos?

    Comment by willy — 6 August, 2005 @ 11:32 am

  7. ó tipo de vida(?) que leva o polo

    Comment by sihomesi — 6 August, 2005 @ 11:52 am

  8. ¿E non é estrano que misture citricos co leite (“biofrutas”) e non se corte? ¿E non é estrano que o pan de panificadora se poña reseso en 12 horas, o de bola tradicional en dous diás, e o Bimbo en un mes? ¿Non é estano que unha mesma cervexa ou queixo saiba distinto segundo a tenda onde se merque?...

    Comment by F. Miguez — 6 August, 2005 @ 3:02 pm

  9. mmm. chéirame todo a conspirANSÓN…

    Comment by mourullo — 6 August, 2005 @ 5:05 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here