Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

10 August, 2005

Paletox revisited

Filed under: Xeral

Hoxe soñei que volvía a Paletox, e consecuentemente, fun (por primeira vez). “Hace tiempo que no te leo, y no se si escribiste algo sobre el sitio ese del puerto, pero es una vergüenza. Un edificio mal rematado que huele a salchicha de mala calidad. A ver si nos dejan en paz a los coruñeses con esos adefesios”, chamárame a primeira hora da mañá unha amiga obvia e militantemente coruñesa. Así que fun coa intención de comer. O primeiro foi atoparme cunha cronista social que está relativamente a favor do asunto, e que me saudou cun “¿con que Paletox, eh?”. Efectivamente, reitérome no asunto: a planta baixa e a primeira son un emporio da comida basura e cunha amplitude obviamente deseñada para outro fin que parece que estás comendo nun pavillón polideportivo nunha festa dos avós que organizan os concellos cheos de vellos. A programación cinematográfica ten a mesma calidade. Parece que a cousa fina e cara está na segunda planta, a única con vistas ó mar. Ó sair sen xantar para facer cola, prefiro ir á Penela atopeime cunha alta carga gubernamental (unha señora que ten cargo):
-Ahá!! -escapouseme
-¡Vine a la agencia de viajes! -¿escusouse?

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/08/10/paletox-revisited/trackback/

  1. É vostede un heroi dos que non quedan, benquerido Pereiro. Para cando unha expedición á segunda planta? E o de alta carga gubernamental sóame a subdelegada do Goberno looking for holidays.

    Comment by mourullo — 10 August, 2005 @ 9:54 pm

  2. Eu son un cabaleiro, e non confesarei así me leven a Roquetas

    Comment by sihomesi — 10 August, 2005 @ 11:02 pm

  3. Sinistros,beneficios e dignidade informativa.

    A excusa para especular cos terreos do porto é o “futuro porto exterior”.

    As obras do “futuro porto exterior” levaronse por diante a un traballador o mes pasado.O alcalde da cidade(e promotor inmobiliario)Vázquez dixo que iso era normal e inevitable.
    A semana pasada morreron 135 mineiros na China.15 nunha explosión de gas na provincia de Guizhou e 120 por picar nunha corrente subterránea na provincia de Guandong.Hu Jintao,o presidente,deu ordes de “non aforrar esforzos”e o secretario do partido(comunista)na provincia, Zhang Dejiang apareceu rapidamente por alí para dirixir as (infructuosas)operacións de rescate.

    O estilo do South China Morning Post era(no que cabe)bastante crítico cos brutais oligarcas comunistas e tamén de bastante solidariedade coas víctimas e as súas familias.
    O estilo de La Voz de Galicia consistiu en primeiro,darlle moi pouca importancia ao suceso, e segundo,sementar dudas sobre a (inaceptable)responsabilidade do propio traballador.

    Comment by alfonso pardo — 11 August, 2005 @ 7:38 pm

  4. É que é un xornal independente,... sobre todo ante as presións sindicais ou cidadáns

    Comment by Pandeiro — 11 August, 2005 @ 7:58 pm

  5. ¡ e a ver se facemos os comentarios ajudos, acotacions ironicas etc en castelan e non en condemor, ó....

    Comment by jerarado — 22 August, 2005 @ 9:25 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here