Lúa de mel, lúa de fel
Primeiro desencontro no seo do que o PPdG, aínda noqueado, chamou no seu comunicado de prensa sobre o tema “o tripartito”. Fóra de quen teña a razón, no caso de que haxa unha, cada vez parece máis claro que o affaire Salario da liberdade foi un aviso a navegantes por despecho (despecho?) seguido de outro por orgullo. O mesmo que nas parellas (nas de dous, estimado PPdG). O pavero do asunto é que se produciu entre dúas persoas, Laura Seara e Quintana, que non soamente son paisanos de Allariz, senón que foron veciños do mesmo edificio. É mais unha premonición? a nena Laura dos Fandiños choraba moito de pequena e non deixaba durmir ós Quintana.
Se esta primeira crise motivouse por algo no que as dúas forzas están de acordo, e entre dous amigos, ou están eles a clase política moi susceptibles, ou o estamos nós.


E isto non fixo máis ca empezar… Medo me dá.
Comment by kate — 2 September, 2005 @ 9:23 am
Susceptibles todos.
Comment by mourullo — 2 September, 2005 @ 10:22 am
Que susceptibilidade ni que niño muerto. O lío das axudas foi un ataque de celos de Touriño, que mandou á pobre da rapaza de francotiradora, co refuerzo desa Federación de mulleres progresistas ás que non se lles escoitou piar moito ata agora.
Comment by pepepótamo — 2 September, 2005 @ 3:02 pm
Tamén conviría que, cando un non sabe moi ben de qué fala, non lle amolase que o corrixisen…
Comment by Hai Cada — 4 September, 2005 @ 5:02 pm
o de seara foi moi mala leche… teña mais ou menos razón, os tiros iban por outra banda…
Comment by randiland — 5 September, 2005 @ 8:56 pm
A maior é que Quintana dixo unha tontada, unha tontada para quedar ben nun tema no que xa está ben de que todo quisqui intente quedar ben…
A menor é que outra persoa, que non é do seu partido, o corrixiu.
Non entendo esa “lealtade” que consiste en dicir amén a todo. Espero e desexo que Quintana non deixe de escoitar, é unha enfermidade moi fodida que leva o poder consigo.
Saúdos.
Comment by Hai Cada — 5 September, 2005 @ 11:44 pm
testcomment584
Comment by testanchor535 — 15 October, 2005 @ 11:31 pm