Katrina
Michael Moore (xa saben, o da gorra que se gana a vida meténdose co que non lle gusta dos Estados Unidos) saíu do silencio no que estaba cando a parte dos Estados Unidos que non lle gusta reelixiu a George W. Bush, e o venres pasado escribiulle de novo (a Bush, e de paso ós Estados Unidos). “Acabáronse as vacacións…” chámase a súa carta aberta. Polo de Katrina, claro.
“¿Algunha idea sobre onde poden andar os nosos helicópteros? É o quinto día do furacán Katrina e moita xente está no medio da auga en Nova Orleáns e precisa que a rescaten polo aire. ¿En que lugar do planeta puido perder todos os nosos helicópteros militares? ¿Necesita axuda para atopalos? Unha vez perdín o meu coche no parking dun Sears…” comeza Moore a súa misiva. O resto vai por onde todos podemos supoñer, polo pouco caso que lle fixo a administración norteamericana ó fenómeno do quecemento global e polo menor aínda que lle fai ó sector da poboación que está onde está –abaixo- porque quere: “Non, Mr. Bush, Vd. fixo o que debía. Non é culpa súa que o 30% de Nova Orleáns viva na pobreza ou que milleiros non teñan transporte para saír da cidade. ¡Veña, se son negros!”
Posiblemente por falta de espacio ou por ser de Michigan, a Moore non lle chama a atención o que aquí nos sorprende, e moito. O primeiro é que no país da eficiencia anglosaxona, as cousas funcionen manga por hombro como nos países da improvisación latina, ou peor aínda, porque nin improvisan. O segundo, a reacción de parte da sociedade, en concreto dos dous extremos. Recordo que cando a –moi improvisada- evacuación de Fisterra polo naufraxio do Cason, un dos sospeitosos habituais de andar nas cousas dos demais foi dos que se puxo de voluntario como vixilante. En Nova Orleáns o que fixo boa parte dos delincuentes foi coller o armamento e aproveitar a ausencia da policía para esparramar a gusto, estimulados sen dúbida polas continuas loas á iniciativa privada. Pero non só eles. No outro lado do espectro económico – como é sabido, os extremos tócanse- tamén moveron ficha e os combustibles cuadriplicaron o prezo. Xa sabemos que son as regras do libre mercado, pero por aquí alucinamos co descaro co que se aplican en momentos como este. Aquí agardarían polo menos un par de semanas en desquitar perdas e repercutir os custes.
Polo demais, quizais polo da globalización, é curioso o parecidas que son as reaccións dalgúns gobernantes, máis proclives a poñer os pes riba da mesa que nos lugares onde se supón que deberían estar, aínda que tampouco farán nada, porque os gobernos non están para solucionar os problemas, senón para inventalos e argallar solucións que beneficien ós amigos. E se hai algún problema, mándase ó exército.
(para luns, 5 de setembro de 05)


¿Qué hará M. Moore cuando G. Bush pierda las próximas elecciones?
Comment by Pedro A. Ramos — 5 September, 2005 @ 10:06 am
Sempre lle quedará a Asociación nacional del Rifle, Wal-Mart,...
Comment by sihomesi — 5 September, 2005 @ 10:16 am
...Halliburton, as concesións feitas a dedo polo pentágono ás empresas dos ultras afíns a Bush, a negativa do seu país á firma do protocolo de Kioto, o aumento da fenda entre os máis ricos e os máis pobres, o desmantelamento do sistema de saúde público que deixa a case 40 millóns de persoas sen asistencia médica, o estraordinario déficit exterior da economía norteamericana, a equiparación entre creacionismo e evolución das especies (de fondo, a equiparaciónm entre saber científico e relixioso) nas escolas do Sur do país, os políticos cowboys tipo Pat Robertson, os telepredicadores ultras… aínda vai ter para “pasar o rato”, con ou sen Bush
Comment by willy — 5 September, 2005 @ 2:46 pm
E sempre o señor Moore poderá facer un traballo histórico sobre a parsimonia como valor absoluto da administración Bush diante das catástrofes propias, e completar a imaxe de George Jr. sentado na cadeira escoitando aos nenos sen facer nada durante os ataques terroristas do 11-S. Onte o sociólogo Manuel Castells en El Periódico de Catalunya falaba da pasividade actual: “Es significativa también la lenta reacción del presidente Bush y del Congreso. En el primer dia de catástrofe ni siquiera interrumpieron las vacaciones. En internet circuló una foto de Bush tocando la guitarra. Y a la secretaria de Estado Condi Rice la vieron en el teatro en Nueva York y comprándose pares de zapatos en la carísima tienda Ferragamo de la Quinta Avenida. Anécdota: a una señora que la increpó, la echaron a patadas. (...)”
Comment by mourullo — 5 September, 2005 @ 6:43 pm
Recomendo moi encarecidamente a lectura do artigo de Manuel Castells. Quen coñeca os seus traballos non quedará decepcionado. A ligazón é:
www.elperiodico.com/default.asp?idpublicacioPK=5&idioma=CAS&idnoticiaPK=239564&idseccio_PK=5&h=050904
(O rexistro é gratuito)
Comment by mourullo — 5 September, 2005 @ 6:46 pm
Coñeza, coñeza…
Comment by mourullo — 5 September, 2005 @ 6:47 pm
Pois iste non esta pior..
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=19722
Comment by lareta — 5 September, 2005 @ 9:00 pm
Está claro que bush non vai perder as vindeiras eleccións. (Nin gañalas, afortunadamente.)
Comment by pinacle — 6 September, 2005 @ 7:10 am
Cando un ten un problema, máis vale ter unha nai.
EEUU 06-09-2005
La madre de Bush dice que la mayoría de los evacuados a Houston son ‘marginados’ que ahora están ‘muy bien’
La madre del presidente norteamericano George W. Bush, Barbara Bush, afirmó hoy a la radio NPR que la mayoría de los evacuados del huracán ‘Katrina’ a Houston (Texas) son ‘marginados’ que ahora se encuentran ‘muy bien’ atendidos.
‘Casi todo el mundo con el que he hablado dice que se van a mudar a Houston’, indicó Barbara Bush, quien defendió la labor de su hijo al frente de la Casa Blanca tras la llegada del huracán Katrina.
‘Lo que estoy escuchando es que todos ellos quieren quedarse en Texas. Todo el mundo está abrumado por la hospitalidad’ de este estado, del que proviene la familia Bush y en el que George W. Bush desempeñó el cargo de gobernador antes de ser elegido presidente, dijo.
‘Y hay tanta gente en este lugar que estaba marginada de todas formas, que este trabajo (de ayuda a los evacuados) está funcionando muy bien para ellos’, concluyó.
Los ex presidentes George H. Bush—esposo de Barbara—y Bill Clinton visitaron a los cientos de víctimas del huracán que se encuentran en el ‘Astrodome’ de Houston y en centros cercanos, compartiendo abrazos, leyendo la Biblia y escuchando las historias sobre los hogares y las vidas que han sido destruidas.
Comment by sihomesi — 6 September, 2005 @ 10:11 pm
está claro: lo de bush jr es genético, por si quedaban dudas
Comment by willy — 7 September, 2005 @ 8:11 am
testcomment599
Comment by testanchor541 — 16 October, 2005 @ 3:26 am