Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

12 September, 2005

A cara oculta

Filed under: Matrix Press

art
O outro día fun cubrir a noticia dun iate alemán que embarrancou onda a praia do Trece, entre Camelle e Camariñas, no mesmo sitio onde se desgraciou o mítico pero real Serpent. A noticia non era soamente, ou principalmente, o novidoso feito dun naufraxio dun barco de luxo na Costa da Morte, senón que houbo uns que recuperaron a tradición dos raqueiros, os saqueadores de pecios. Chegaron en dúas lanchas, a pleno día, e apañaron todo o que puideron, ata o asento do piloto. Os veciños, diante da cámara, como moito aseguraban “si, algo sentín que desvaligharan o barco. Uns de… de non sei onde, pero sentín que saquearan bastante”. Fóra da cámara, o relato mesma dalgunha autoridade era un chisco menos idiosincrático pero máis rico: “Chegaron e o primeiro que fixeron foi coller o champán e picar uns chourizos. E logo deron en desarmar todo. Ós que estaban en terra berrábanlles ‘mirade que barco compramos’”. O axente da aseguradora, un alemán era algo máis explícito co micrófono diante (“hicieron un saqueo en toda regla”) pero aínda máis detrás do chintófano: “fui a un bar de ahí, y dije que había cosas que no importaba perder, pero que estábamos interesados en recuperar un aparato concreto. Uno del bar dijo en alto: ‘no se preocupe que eso aparecerá’”. Os que din que as imaxes valen máis que mil palabras non fixeron información para a televisión.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/09/12/a-cara-oculta/trackback/

  1. E ti non morriches de vergonza allea? Que vergonza, por favor, que imaxe cando estes alemáns conten que uns salvaxes lle saquearon o barco. Ai, la “idiosincrasia” galaica…

    Comment by kate — 13 September, 2005 @ 7:49 am

  2. Eu primeiro alegreime de que o naufragado non fose un pesqueiro e de que non houbera mortes, como adoita pasar. Os de Camariñas si estaban cheos de vergoña polo que pasara, e un concelleiro fórase de alí cando pasou todo anoxado polo espectáculo. Quen o fixera eran uns marxinais, que sempre os hai (mesmo en New Orleans houbo moitos días atrás). Pero en segundo lugar, se vou asumindo culpas colectivas como propias, mal vou imos e supoño que nese aspecto, un alemán cargaría un fardo máis pesado que o noso…

    Comment by sihomesi — 13 September, 2005 @ 8:27 am

  3. Non sei se o alemán cargaría un fardo máis pesado. E tampouco asumo culpas colectivas como propias, pero avergónzome de tantas cousas: dos incendios, do feísmo arquitectónico, do nepotismo (incluso entre os que se van de progres e de esquerdas) esto último, o que máis, quizás. En fin, que non me digas que non temos mil cousas das que avergonzarnos… E as que nos debía de encher de orgullo, a lingua, importa tres pitos. Onte dábame noxo escoitar a Touriño e o Gerardo de Radio Voz (que “no le salía el gallego” pero como estaba medio obligado a falalo tivo que apandar). En fin, que postureo, todo.

    Comment by kate — 13 September, 2005 @ 8:40 am

  4. Por eso, con tanto co que anoxarse, que en Camariñas un tal A e outros dous ou tres se poñan de raqueiros…

    Comment by sihomesi — 13 September, 2005 @ 9:13 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here