Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

16 September, 2005

The year of the .CAT

Filed under: Xeral

Estarán ó tanto que, a consecuencia das presións e chantaxes do tripartito á ICANN, xa aprobaron o dominio .cat, por moito que sexa para asuntos culturetas, como se admite o galego para os chistes ou para dirixirse ós da aldea. Para reclamar o que hai que reclamar, seguro que xa saben vostedes dunha chea de littlewindows máis axeitadas ca esta.

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/09/16/the-year-of-the-cat/trackback/

  1. Prégolle que me corrixa onde me engane (porque son principiante nestes eidos), pero reclamar tanto recoñecemento alleo sóname un pouco a falta se seguridade nun mesmo. Buscar un dominio própio para unha lingua ou unha cultura ¿non é como buscar a intimidade da aldea para falar galego? Humildemente, penso que sería máis decisivo saca-lo galego (idioma e pensamento) a pasear polos mesmos escenarios que ocupan os demáis, sin que sexa necesario advertir “aquí fálase galego”, e, por suposto, sen complexos.

    Comment by F. Miguez — 16 September, 2005 @ 6:36 pm

  2. Galiza está a anos luz de Cataluña. Aquí a burguesía nunca se comprometeu co idioma, só o desprestixiou. Así non hai nada q facer. País!

    Comment by Pablo — 16 September, 2005 @ 11:51 pm

  3. Eu case que apostaría por un dominio para o país, non para a lingua, isto é, as páxinas .pt, por dicir algo, indican “isto é de Portugal” non “isto está en portugués”, aínda que esa sexa a súa lingua. Vaia digo eu.

    Comment by O'Xirarei — 17 September, 2005 @ 11:15 pm

  4. Pois eu creo que, antes de tanto escaparate para que os de fóra se decaten de que temos lingua propia, o seu sería falala antes, e ben. E ata que cheguemos a iso, fáltavos moitos, queridos amigos.

    Comment by kate — 19 September, 2005 @ 8:52 am

  5. Alguém sabe por que não foi finalmente o .GZ? obrigado

    Comment by Ramom Gris — 19 September, 2005 @ 12:00 pm

  6. Quero dar a coñecer que en RedeGalega tedes un foro no que levamos tempo a tratar o asunto do dominio galego: http://www.redegalega.org/foros/index.php?c=1

    Sodes todos benvidos a participardes nel.

    Comment by Casdeiro — 24 September, 2005 @ 10:40 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here