Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

19 October, 2005

Haro

Filed under: Xeral

Morreu, xa saberán, Eduardo Haro Tecglen. Eu sentíame máis próximo ó fillo que se lle adiantou, Eduardo Haro Ibars, pero sempre me gustou o seu brío na defensa das súas ideas (que compartía ou non, e neste blog téñoo posto de mal exemplo nalgún caso). E aprecio sobre todo o espazo que abriu dentro do periodismo políticamente correcto cunha columna na que teoricamente tiña que analizar o visto e oído. Eu (e moitos dos que non tiñamos o privilexio de poder escribir para ladrar consignas editoriais e ideolóxicas) somos beneficiarios dese espazo que abriu. Todo o mundo morre (aínda que hai quen di que esa é unha verdade estatística, pero que non sempre se vai ter que cumprir), e este bloguiño non ten sección de necrolóxicas, pero Pawley mandoume un vencello a unha páxina certamente miserable (haberá mais, supoño) que eu non reproduzo porque son un clásico e considero que non todas as opinións son respectables, o respectable é o dereito a expoñelas, cousa que xa fan. E máis, o que merecerían, por ruís, son as hostias que os seus predecesores consideraban que eran unha forma de dialéctica. Como decían os outros, partíu, Eduardo.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/10/19/haro/trackback/

  1. Agora, por xustiza divina, tería que tocarlle a Fragaga. Sempre se van os bos e xenerosos.
    :(

    Comment by kate — 19 October, 2005 @ 12:08 pm

  2. E de recoñecer que Haro Tecglen me provocaba sensacións moi encontradas e, aínda que o intentei no seu momento, non cheguei a formar parte dos devotos da súa ración diaria de periodismo crítico. Aínda e todo, sempre me atoparei máis preto da súa memoria que da dos herdeiros da moi azul “dialéctica de los puños y de las pistolas”.

    Comment by mourullo — 19 October, 2005 @ 1:47 pm

  3. A partir de agora, quando compre El País vai ser única e exclussivamente polo DVD.

    Comment by Subcomediante H — 19 October, 2005 @ 3:19 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here