Medio ambiente familar
O outro día cometín o erro de coller innecesariamente por Lavedra a unha hora que non debería, e foi peor do que imaxinaba. Atrapado entre conductores que pugnaban por saír daquel atasco para poder chegar antes ó atasco do Portazgo, de Fonteculler ou do Temple, esbardallaba (son moito de esbardallar no coche, como case todos/os) sobre por que lle chaman xestión política ó que en realidade é xestión inmobiliaria, e cando haberá algún que, en vez de argallar pirulís de La Habana na súa propia memoria, afronte o intocable e insoluble problema de crear un transporte público eficaz nun área de dez kilómetros (mesmo lle estaría recoñecido aínda que fose de cinco).

Cheguei a casa logo da ordalía viaria, e o pequeno estaba tomando notas aplicadamente diante do televisor. Evidentemente, como o resto das actividades nas que usa o papel, era para un traballo escolar. Era un documental sobre o despegue económico de China, e as súas nefastas consecuencias para a emisión de CO2 (xa é o terceiro traballo que lle recordo sobre este tema ou semellante: a preservación do medio ambiente debe estar substituíndo á relixión como materia de adoutrinamento no ensino, e non podo decir que o lamente). Sempre que sae un tema como o ambiental, hai debate familiar. A facción materna lánzase habitualmente ó particular e concreto, aproveitando para imbuír na facción cativa os bós hábitos do consumo (que é non facelo, é decir, consumir menos) e do aforro enerxético. A facción paterna retruca sobre que si, que está moi ben aforrar, pero sobre todo en aras da economía familiar, porque botarlle a responsabilidade do despilfarro de todo tipo ós individuos concretos é unha estratexia de culpabilización, de sinalar a palla no ollo do cidadán por parte do establishment económico-político para agachar a enorme viga no ollo propio (recoñezo que de paso aproveito para instruír ós pequenos sobre as malas artes dos poderosos). Puxen como exemplo de viga a experiencia que viña de aturar. Non se lle pode decir á xente que use menos o coche cando hai unha total falta de previsión das consecuencias do crecemento urbano e unha rede menos que mediocre de transporte público.
-¿E do tipo pelado que me dis? – espetoume a facción materna. O do tipo pelado é un golpe baixo. Todos os días vén onda á casa para pasear un can considerable, a bordo dun deses mamotretos que consume tanto como un barco do Gran Sol. Deixa sen apañar o que solta o can (de tamaño tamén considerable) e volve motorizado ó chalé, a 400 metros de distancia. Sinceramente, só lle falta ciscar polo camiño o aceite usado ou desviarse un pouco para botalo ó mar.
<del>Ben –tentei repoñerme</del> Ese é un caso de libro de conducta incívica, pero ¿que me dis da moda que ataca ós concellos desa máquina de espantar follas que parece un secador de pelo? Non ten vantaxe aparente ningunha sobre a clásica barredora de xesta, consume combustible e mete ruído. ¿Non deberían ter máis cabeza e dar exemplo as institucións que por riba dan consellos cívicos ós administrados?
-¿Podedes calar que non me entero nada dos problemas dos chinos?, pechou o debate a facción filial.
(para xoves, 20 de outubro de 05)


Hahahahaha, aplastante, a facción filial. Tes algo de razón co de que non podemos sentirnos culpable pola particular aportación ós males do mundo. Pero tamén lle dou a razón á túa compañeira: Eu, se non reciclo estritamente (e xa sei que corre a lenda urbana de que todo acaba no mesmo sitio), teño mala conciencia. Pero unha cousa non quita a outra. E animales coma o que pasea o can cerca da túa casa hai moitos, pero governantes con peores hábitos ecolóxicos tamén.
Comment by kate — 20 October, 2005 @ 10:01 am
Non, se eu doulla tamén, e non porque non teña outro remedio. Hai que facer o que hai que facer (quitado eso de meter a botella na cisterna do water para que descargue menos auga e delirios de importación semellantes), pero loitar duramente contra o traslado de culpa.
Comment by sihomesi — 20 October, 2005 @ 11:29 am
hahahahaha, pilláchesme. Esa botella saqueina o outro día (recomendárame o truco un catalán, que sempre andan máis adiantados ca nós en temas medioambientais)porque tiven que cambiarlle o tirador, e non penses, estiven tentada a volver poñer outra, pero pareceume esaxerado porque aquí en Compostela, o que é falta de auga, non hai. Que graza me fixo…
Comment by kate — 20 October, 2005 @ 11:32 am
(antes mandei un comentario e non saiu, igual aparece máis tarde). Dicía que me facía gracia o da botella porque eu tiven ese invento por consello dun colega catalán (que sempre foron máis adiantados ca nós nestes temas de concienciación). Pero o outro día, facendo de fontaneira, quiteinos. En Catalunya igual lles escasea a auga pero o que é en Compostela… Pero que me fixo moita gracia o comentario. Se houbese unha “icona” para poñer que me puxen colorada e todo, poñeríao, haha.
Comment by kate — 20 October, 2005 @ 11:42 am
Sae agora. É que, insisto, hai algúns comentarios que por razóns que ignoro, como outras moitas cousas, quedan atoados nun ciberlimbo á espera de que os aprobe
Comment by sihomesi — 20 October, 2005 @ 12:05 pm
:-$
Comment by mourullo — 20 October, 2005 @ 1:38 pm
cachis, kate, intentei probar o da “icona” de colorado pero non…
O da “total falta de previsión das consecuencias do crecemento urbano” tiña que ser eslogan do Concello.
Comment by mourullo — 20 October, 2005 @ 1:44 pm
Haha, gracias, mourullo. Creo que aquí non funcionan as iconas
Comment by kate — 20 October, 2005 @ 4:53 pm
Ostia, pois si que funcionan! É que puxen a mesma o outro día e non ía.
Comment by kate — 20 October, 2005 @ 4:54 pm
Non é a primeira vez que o Sr. Pereiro trata o asunto da conxestión vial das aforas Coruñesas. Eu, cun pe acá e outro alá, certifico que non é patrimonio exclusivo de P. Vazquez, senón que é un problema xeralizado nunha Galicia que (tracionando o seu modelo rural de toda a vida) está a copiar o modelo urbano norteamericano: Centros urbáns comerciais conectados por COCHE PARTICULAR con grandes suburbios resindeciais.
Habendo moito por facer en materia medioambiental nunha terra na que, ata agora, sempre nos sobrou “campo”, a carencia de transporte público é unha fronte moi importante. Recaio no que fixen o outro día, e pregúntolle ¿qué podemos facer ó respecto? (porque os galegos somos moito de queixarnos e moi pouco de ter ideas). Esta vez non parto do descoñecemento total e poño o dedo na ferida: ¿Hai algúnha liña editorial en Galicia que non se limite a pedir máis obras e cero de transporte público? ¿hai algunha plataforma cidadá? ¿algunha petición firme ou concreta de ADEGA ou claquera outro movemento ecoloxista? ¿Colleu alguén un mapa para dicirlle o seu concejal “fai falla un autobús que pase por todas estas casas”? ¿a ninguén se ocorreu pensar cantos postos de traballo se poden xerar, e cantas rendas políticas obtería?
Comment by F. Miguez — 20 October, 2005 @ 7:55 pm
Funcionan, funcionan. A ver se atopamos o da cara colorada…
Comment by mourullo — 20 October, 2005 @ 9:16 pm
:o (cara de asombro).
Comment by kate — 21 October, 2005 @ 7:16 am
:O nada. Shimomesi, disculpe que Mourullo e eu utilicemos este lugar tan respectable para facer prácticas de iconas.
Comment by kate — 21 October, 2005 @ 7:20 am
Nada, nada, vostedes ó seu.
Comment by SHS — 21 October, 2005 @ 8:01 am
Para o sr. Míguez, recén rescatado do ciberlimbo: Peticións recordo unha chea delas. Efectivamente o que hai son as invocacións/xaculatorias habituais a prol do transpeorte (este foi un erro mecanográfico que me parece revelador) público por parte da esquerda política, sindical, asociacionista. Que eu lembre, IU incluía no programna electoral municipal último a creación dunha rede ferroviaria de cercanías. A Deputación está a facer un estudio de transporte comarcal. O problema é que quen solicita estas cousas non ten un can para facer estudios que, de todas formas, non se ía levar a cabo. As políticas de infraestructuras hai tempo que están deseñadas polos chamados poderes fácticos. A 3º Ronda na Coruña fai falta, entre outras cousas, porque quen se encheu a construír en solo antes rústico ou semirústico, agora quere que lle dean saída a eses miles de novos residentes, pero que se fagan a conta das Administracións. Liña editorial ningunha, polas mesmas razón das infraestructuras. Esto en plan apunte.
Comment by sihomesi — 21 October, 2005 @ 8:11 am
:$
Comment by kate — 21 October, 2005 @ 7:42 pm
nada, non hai maneira :$
Comment by kate — 21 October, 2005 @ 7:42 pm
E xa postos:
¿Por qué carallo teño eu que ter mala conciencia se boto o tetrabric xunto coas mondas das patacas no lixo, se resulta que non so non cobro por facerlles o chollo ós do reciclado senón que me suben o recibo e me ameazan con multas por tirar a colilla ó chan?
¿Algún de vos lle veu algunha vez o careto a un empresario do vidro reciclado, poño por caso? Eu si.
E á que se pasen un pelo máis dedícome a meter bombillas escachadas dentro dos folletos de carrefour que van o contedor do papel. El que avisa no es traidor.
Xa sabes…. polas vagoadas de lemos van des mil homes….
Comment by eSedidió — 23 October, 2005 @ 6:40 pm