Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

26 October, 2005

Patrimonio, pero a modo

Filed under: Xeral

A modo de golpe na cabeza, un comentario de airadasenra sobre o pouco caso que lle fan á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués fíxome recordar algo que me contaron este verán. Foron os promotores falar con alguén no Ministerio de Cultura para que propuxeran e apoiaran e tal. Contestáronlles que xa estaba proposta a Pasión de Olot ou algo así. Eles dixeron que cando as candidaturas eran transfronteirizas ou multiestado, podíanse presentar as que foran. No Ministerio puxeron moita atención. Cconcluíron que podían daquela presentar o flamenco, porque se practica en España e no Xapón (logo reconvertiuse na música andalusí- mediterránea, ou algo así) aínda que sexa o flamenco ou o outro, non parece que estea precisamente en perigo de extinción.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/10/26/patrimonio-pero-a-modo/trackback/

  1. Sería unha ledicia, o recoñecemento internacional da nosa cultura, diferenciada polas súas orixes, e por tantas cousas.
    Pero como “commentei” no post “The year of the .CAT”, penso que xa daría cun canto nos dentes si a cultura galega, en particular a tradicional, fose recoñecida en Galicia e polos propios galegos. Pero, de momento, ser da aldea, andar coas vacas, e demáis vaise reservando (segundo os que non o practican) para rudos e subdesarrollados, que falan un galego supervivinte exento de normativas (o galego normativo xa e unha ferramenta propia doutros estratos sociais), mentras que o forno, a lareira e outros iconos xa están encumbrados ó “enjebrismo”.
    Eu preferiría que lle désemos nos mesmos valor á nosa cultura practicándoa.

    Comment by F. Miguez — 27 October, 2005 @ 6:08 am

  2. Tes toda a razón, F.Míguez. Non creas, a min unha vez dixéronme se podía “neutralizar” un pouco o meu acento, que non o puxese tan pailán. (Foi lendo un texto para a tele). E o único que facía era distinguir entre abertas e pechadas, manda carallo. “Cho xuro, agora só vas poder falar coa nova Normativa?, pero con cal, coa que se di posíbel ou coa que se di posible? Eu, de momento, négome a dicir Grazas. Que algún linguísta me diga por favor de onde vén este vocablo.

    Comment by kate — 27 October, 2005 @ 6:54 am

  3. aí, aí, marikate.

    Comment by Subcomediante H — 27 October, 2005 @ 7:28 am

  4. Que hai, Sub

    Comment by kate — 27 October, 2005 @ 7:43 am

  5. Como dí Lino Braxe:
    -Grazas
    -De nazas

    Comment by sihomesi — 27 October, 2005 @ 8:12 am

  6. Ei, en serio? Foi a miña primeira reacción cando me dixeron grazas por primeira vez, en serio. Hahahahaha.

    Comment by kate — 27 October, 2005 @ 8:18 am

  7. De neno fum jantar polbo a Noia com meus pais, quando rematamos e meu pai pagou o dono deu-lhe o cambio:

    • “Ghrasinhas”

    Eu pensei que o estaba a chamar gordo, (ou ghordo).

    Grazas? Grazo

    Comment by el niño de la guía — 27 October, 2005 @ 8:56 am

  8. eu teño unha dúbida: se “Xabi” para os españois é “Chavi”, o “enxebrismo” non será “enchebrismo” no canto de “enjebrismo”?

    Comment by henrique — 15 November, 2005 @ 10:07 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here