Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

1 November, 2005

Leonor, naturalmente

Filed under: Si home si

Entre os máis entusiastas polo nacemento do novo vástago real están a inmensa maioría dos correspondentes de medios nacionais. Saben que entre o natalicio e o debate do Estatut, non a van rascar nun par de semanas. Entre os verdadeiramente amolados, ademais dos republicanos profesionais, están o resto dos periodistas, sobre todo ós que pillou de garda a real rotura de augas. Porque hai que recoñecer que, aínda cando todos os xornalistas teñamos unha vocación innata ou adquirida de darlle ó público o que se merece ou pide, no fondo temos un remoto atavismo de profesionalidade. E se hai un campo ermo onde non hai nada que sachar, despois das entrevistas a sindicalistas, futbolistas ou misses, é un natalicio. Nunha necrolóxica sempre podes resumir unha vida, reproducir recordos de amigos e inimigos, pero dun recén nacido, ¿que hai que contar? Ata a Juan Carlos Valerón ou a Penélope Cruz lle das sacado algunha frase, pero un bebé non fai declaracións.
regalos

Así que frases como “es un poco gordita” encabezan titulares e adquiren importancia de pensamento revelador. Mesmo o dato irrelevante –por efímero, xa medrará- do que mediu, 47 centímetros se repite ad nauseam (no buscador Google, “47 cm + Leonor” ofrece 48.000 resultados, contra 17.600 de “24 cm + Rocco Sifredi”). Así que a miña máis rendida admiración a todos aqueles colegas que dan abarrotado páxinas e horas a conta do evento. Claro que eles, a clase editorial e política, son os máis conscientes de que están a facer un mundo dun parto, así que tentan vestir o que non deixa de ser unha peripecia moi emotiva para familiares e amigos como un crucial acontecemento político, erguendo o debate das implicacións no texto constitucional. A previsión das circunstancias laborais dunha nena para dentro de 30 ou 50 anos, ou nunca, teñen máis urxencia e máis consenso que satisfacer as expectativas do 80% da sociedade catalana.
Ese (chamémoslle) cinismo nas superestructuras contrasta coa (chámanlle) serenidade das infraestructuras, é decir a xente, que na inmensa maioría alégrase pero a modo, consciente de que a cousa nin lle vai nin lle vén, alomenos mentres non inflúa no euribor. Logo están os que practican o exhibicionismo emocional ou físico. Noutras monarquías, o fervor e a fidelidade á institución demóstrase en actitudes certamente patéticas (sempre é patética a devoción vertical) e algo entrañables, pero aquí é completamente friki. Non se diferencia a reverencia popular ós monarcas da admiración ós concursantes de Gran hermano. Aquí o minuto de gloria para o vulgo foi para o do bar que deixou acampar toda a noite ós periodistas e para aquel tipo vestido de botones Sacarino que apareceu co primeiro regalo e que, sen complexo ningún por terse que ganar a vida disfrazado, vai e saúda todo campechano como se a cousa fora con el. Por certo, se algún día me executan, o meu último desexo será botarlle un ollo á nave onde se gardan os regalos todos que se lle fan á familia real.
botones
Hai que admitir que máis elegantes foron os admirados, poñéndolle Leonor nun tempo en que a demanda social esixe chamarlle Yaiza ou similar. Se chega a ser neno e lle poñen Pelayo como reclamaban sectores sen sentido do ridículo, veriamos a III República.

(para mércores, 2 de novembro de 05)

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2005/11/01/leonor-naturalmente/trackback/

  1. Parece que o concello de Madrid multou ao bar a carón da clínica que abriu toda a noite, mais “pese al disgusto inicial, los gestores del establecimiento se mostraban algo más tranquilos después de que la Casa Real les pidiera que no se preocuparan”.

    http://actualidad.terra.es/provincias/madrid/articulo/multadoinfantaleonor_572701.htm

    Comment by mourullo — 1 November, 2005 @ 11:22 pm

  2. Parece que o concello de Madrid multou ao bar a carón da clínica que abriu toda a noite, mais “pese al disgusto inicial, los gestores del establecimiento se mostraban algo más tranquilos después de que la Casa Real les pidiera que no se preocuparan”.

    www.actualidad.terra.es/provincias/madrid/articulo/multadoinfantaleonor_572701.htm

    Comment by mourullo — 1 November, 2005 @ 11:23 pm

  3. A versión sudamericana ten máis gracia. Está no link de “bar” ( http://www.lun.com/internacional/detalle_noticia.asp?cuerpo=701&seccion=803&subseccion=901&idnoticia=C386568809044444 ), nun despiece da noticia principal

    Comment by sihomesi — 1 November, 2005 @ 11:28 pm

  4. Hehehe, certo, ten algo de conto: a noite de choiva, os periodistas na percura de refuxio, a muller bondadosa e o ogro municipal. Agora queda por saber o final.
    www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=39094&TEXTO=4214951

    Comment by mourullo — 2 November, 2005 @ 2:52 pm

  5. Que tonterias escribis, manda carayo

    Comment by Pelayo — 3 November, 2005 @ 7:26 am

  6. ENORME o titular da OPINIÓN de portada:

    “Mide 45 cm. Es gorda y redondita”

    XA TEMOS A LEONOR,la niña-polla… (con todos los respetos)

    Comment by Ánzony — 3 November, 2005 @ 1:21 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here