Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

20 January, 2006

A patria do conductor é a infancia

Filed under: Xeral


(Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña 20/1/06)

13 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2006/01/20/a-patria-do-conductor-e-a-infancia/trackback/

  1. Mimadre, o coche está ben pero que ben amoblado! Nunha curva voan todos os bonecos polo coche adiante!

    Por certo, que pasa co “Problema nº 1” que doulle a “more” ou aos “comments” e a páxina “does not exist”?

    Comment by mourullo — 21 January, 2006 @ 12:31 am

  2. Xa me parecía a min que, por moi ocupado que estivera sachando na propia leira algo pasaba para non deixar o correspondente ferrete. Pois non sei. Debe ser o problema nº 2. Vou ver

    Comment by sihomesi — 21 January, 2006 @ 10:07 am

  3. E dalle…. volve poñer o problema nº 1 e agora o que non entran son os comentarios. Faga o favor de apañalo, sr sHs, que me ten vostede contento cos seus comentarios encol do IRPF

    Comment by eSedidió — 21 January, 2006 @ 12:13 pm

  4. Pois metino outra vez un par de veces, e non debe haber outra que que está gafado (ou me jaquea a Axencia Tributaria). Para os casos de incontinencia comentista, depositen aquí.

    Comment by sihomesi — 21 January, 2006 @ 3:53 pm

  5. non é que estea vde. gafado…. o trasto este di que non existe: espero que non sexa unha premonición.
    Imos pois ó asunto. Efectivamente, vostede non quere ser demagogo. Por outra parte, dou fe que non é vostede un ignorante, e (tendo en conta os seus antecedentes universitarios previos ó xornalismo)tamén sabe de números, conque non me explico que lle ten pasado para facer ese exercizo de funambulismo en base a algo tan “consistente” como son as estatísticas de distribución do IRPF. Bueno, polo menos non ten acadado o nivel de rigor dunha tertuliana dun programa de radio que escoitei o outro día, que, cos mesmos bimbios, infería do feito de que a media das declaracións das mulleres é un 35% á dos homes, que “....as mulleres reciben, para o mesmo traballo, un 35% menos de salario que os homes (sic)”.
    Sr sHs, pénseo vostede un pouquiño e non me faga explicarlle polo miúdo o problema do razoamento, que veño de botar unha ollada ós foros de vieiros e estou un pouquiño mareado.
    Constante e incontinentemente seu

    Comment by eSedidió — 21 January, 2006 @ 6:36 pm

  6. Xa sei, xa sei que di que non existe. Tamén a min, que xa é ingratitude filial. E falando de creacións, en canto rematei co problema nº1, quedoume un certo desacougo, pero eran as 22,15, e se eu tivese que pechar unha páxina de La Opinión e tivera que agardar porque un mona acabe de parir a súa gracia, meto un daqueles anuncios de Amnistá Internacional que eran tamaño columna. E se tiven apuros para parir este en concreto, con todos teño unha relación moi propia da natureza: en cando andan ceibos, nin os miro, porque me dá reparo. En canto ó dos números, se me metin a titiriteiro da pluma foi porque se me daban daquela maneira (se está tan ó tanto do meu pasado, non ignorará que soamente aprobei Topoloxía, aquela fermosa materia onde había mundos nos que 2+2 eran 5).

    Comment by sihomesi — 21 January, 2006 @ 7:00 pm

  7. E posiblemente a culpa a teña José Luis Barbería, a quen lle fusilei a reportaxe, que non puiden vencellar (fermosa palabra desterrada polos lingüistas urbanitas) porque El Pais non se deixa.

    Comment by sihomesi — 21 January, 2006 @ 7:01 pm

  8. Non me sexa modesto, que seguro que da súa disfunción académica tiveron moita culpa as tasas do franco e as conspiracións do derby, que daquela non había en compostela mais sitios de copas que o modus, o yohakin e o popool.
    E do outro que quer que lle diga, sr meu. Que cada dia me cae vostede millor :-)

    Comment by eSedidió — 21 January, 2006 @ 7:33 pm

  9. Como que El País no se deixa?!? Se “soltexteamos” deixa:

    http://www.elpais.es/solotexto/articulo.html?xref=20060116elpepinac_1&type=Tes

    ;-)

    Comment by mourullo — 21 January, 2006 @ 7:50 pm

  10. Pois si. Carai, Mourullo, non andará cunhas mallas azuis e unha capa vermella pola vida?

    Comment by sihomesi — 21 January, 2006 @ 8:40 pm

  11. Hala, esaxerado!

    Unha cousa, ¿xa lembrou o nome da peli esa que comentaba onde Pawley? Porque ten unha pinta tremenda.

    Comment by mourullo — 22 January, 2006 @ 10:53 pm

  12. Non. Ó mellor estou confundido nos meus recordos e non era unha película…

    Comment by sihomesi — 23 January, 2006 @ 8:41 am

  13. Socializar gastos, privatizar ganancias; desta filosofía emanan tódolos mecanismos tributarios : se baixa o irpf, recupérase co aumento dos impostos indirectos ó consumo (polo xeral adoita a ser ó consumo de bens cotidianos das clases baixas, non á compra de BMW’S ou Mercedes), e se baixan os impostos indirectos ó consumo, auméntase o IRPF.

    Caseque tódalas chamadas “deslocalizacions” dos grandes axentes económicos (e os gastos resultantes), esas que deixan a 300 persoas na rúa por imperativos de “eficiencia” e “competitividade”, lévanse a cabo con diñeiro público.

    A pesares de todo, os nosos socialdemócratas disque recollen a tradición histórica do socialismo (sic); será do socialismo de bufete, claro.

    Apertas.

    Comment by O-Brecht — 23 January, 2006 @ 2:38 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here