Referendos
Mariano Rajoy, un home tranquilo a pesar do azaroso da súa vida política, estaba á beira do abismo, co bafo da vella garda aznarista no cogote. Agora, como agardabamos moitos dos seus fans, deu un paso adiante. Colleu o touro polas cornas, tomou o pulso auténtico da cidadanía, e propuxo un referendo sobre o Estatut. Eu agradézollo (e adiántolle a miña opinión: estou farto), porque así parecerémonos ós suízos, que referendan ata as vedas de caza, ou ós italianos, que referendan todo, menos tocarlle os negocios ó presidente. Incluso a pregunta que fará, a prol da igualdade de dereitos, xentes e razas, é emocionante e fai del un epígono da Marianne, o símbolo dos valores da República Francesa. E para que a cousa non pareza que é unha saída de pata de banco, unha teima súa persoal ou partidaria por ter perdido o preito, eu apúntolle unha serie de cuestións centrais que tamén son materia refrendable.
A conducta da actual Generalitat valenciana, por exemplo. Un poder autonómico que permitiu, por acción u omisión (algúns sospeitan que tamén por comisión) unha política urbanística modelo “ti fai o que queiras que eu teño un vaso”. Así, lucráronse unha serie de amigolos (se non o eran antes, fórono despois), fíxoselle algún favor á familia, e a maiores democratizouse a posesión de apartamentos e adosados en primeira liña de praia. O normal para todos, quitado para o Parlamento Europeo, que debe estar cheo de tiquismiquis. Ante semellante novidade (o rapapolvo da Eurocámara, non o alicatado costeiro), Informe Semanal decidiu facer unha reportaxe. A Generalitat Bis reaccionou facéndolle a TVE unha proposta que non podería rexeitar so pena de retirarlle non sei que prebendas: emitir unha contrarreportaxe feita con planos descartados das promocións de viaxes ó Caribe. Imaxínense como será a tal Generalitat que ata o que fora o seu presidente, Eduardo Zaplana, a deixou colgada dun día para outro en canto o fixeron ministro (si, lectores mozos e inxenuos ou adultos desmemoriados, Zaplana foi ministro).
Sen mudar de sitio, esixo un referendo sobre a existencia do Valencia C.F, ou alomenos sobre a súa pertenza á primeira división [esto estaba escrito antes de que o partido de Copa contra o Deportivo me dera a razón]. E por non deixar o tema, propoño que se limite constitucionalmente o número de astros mundiais que o Real Madrid pode fichar cada tempada (deixémolo en catro ou cinco, aínda que pode seguir liberalizada a contratación de cantos adestradores precisen). Seguindo no mundo do espectáculo, demando que nos pronunciemos sobre o destino (desterro, Guantánamo, amputación, xa se vería) do presentador do programa de Tele5 TNT. Entendámonos: o producto en si xa é delictivo, un intento de excitar os baixos instintos (digo un intento porque o único baixo instinto que me excita é o de lapidar a quen o perpetra, e non pasei da introducción), pero o elemento ese do xesto relambido e as orellas en punta sería un argumento a favor da pena de morte ata presentando A sentinela. E para rematar, se nos imos pronunciar sobre un tema como o Estatuto de Cataluña que nos toca colateralmente, ¿por que non podemos facelo sobre asuntos que nos afectan de cheo? ¿Por que temos que ir á velocidade que lle peta a Tráfico? ¿Por que temos que pagar impostos? ¿Por que lle puxeron Leonor sen consultar?
Fago estas modestas proposicións convencido das bondades do método e non por interese persoal ningún (ata agora sempre perdín os referendos), porque, como seguro que xa estarán algúns argumentando nos bares, esto é unha democracia, ¿non?
(xoves, 26 de xaneiro de 06)


Propoño, si há lugar, un referendo sobre a opa de florentino perez a fenosa (fe-ex-nosa)....
Comment by petopitopato — 26 January, 2006 @ 1:18 pm
Rajoy é desde logo un tipo tranquilo,pois iso de sentirse de clase alta e ter un conservadurismo decimonónico debe dar moita tranquilidade.
Agora debería esixir para tódalas medidas progresistas do Parlamento do Estado Español un referendo,e para tódalas demais unha misa oficiada por Rouco.
Gustaríame aproveitar está oportunidade para reivindicar a Milosevic.O coitado só querían que os croatas foran máis a modo,nunca se lle ocurriu amañar un referendo en Belgrado para decidir se Croacia era unha nación.Para que logo digan que todos os dictadores son iguais…
Comment by Alfonso Pardo — 26 January, 2006 @ 3:34 pm
Desculpen, xa sei que non ten nada que ver co asunto, pero estou que no-quepo-en-mi-de-gozo. Baixáronme o tabaco
!!
:-))
Comment by eSedidió — 26 January, 2006 @ 5:41 pm
Eu propondría un referendo sobre unha lei que regule a destitución e inhabilitación dos políticos que boten máis de dous meses a toca-lo carallo con historias que non lle solucionan os problemas diarios ás persoas. E, por suposto a aqueles que toman decisións contrarias ós intereses da maoiría da sociedade, léase accións urbanísticas á valenciana (como as que están a cair en Galicia), apoiar accións bélicas feitas por terceiros países sen consentimento da ONU…
Pero o mellor de todo e que outro democrata de toda a vida tamén pide un referendo, espectacular é única palabra que se me ocurre. Hay que ver como se poñen de acordo estes carallos.
Comment by F. Miguez — 26 January, 2006 @ 5:47 pm
No meu cometario, as palabras “outro demócrata de toda a vida” conteñen un hipervínculo a esta dirección
http://www.melillahoy.es/noticia.asp?ref=9264
pero por algunha razón non aparece suliñado como tal.
(Algo faría eu mal)
Comment by F. Miguez — 26 January, 2006 @ 5:52 pm
Farán xuntos campaña anti-Estatut Tejero, Rajoy e Jiménez Losantos? Imaxinen a caravana electoral, eses mitins…
Comment by mourullo — 26 January, 2006 @ 9:18 pm
A min o unico que non deixou de sorprenderme foron os comentarios de que con Rajoy o PP ía ter un dirixente máis liberal e centrista que con Aznar. Como se nota que non coñecían como as gastan os señoritos do casino de pontevedra
Comment by eSedidió — 26 January, 2006 @ 11:34 pm
El referéndum
¡Hay que votar!
Si ya lo sé, ¿usted no?, ¡pero hombre!, como se le ocurre.
¿No sabe que tiene que votar a favor o en contra?, pero debe votar.
¿Pero votar que?, dirán algunos despistados.
Eso, que si quieres o no quieres, les contestan los enteraos, que diría Rajoy, porque eso de enterados no suena muy chic.
Bueno déjate de coñas y dime, ¿Qué es lo que se propone?.
Pero tío, en que país vives, no te enteras que España está a punto de romperse y tu haciendo preguntas graciosas, que no capciosas, como algunos en sus malévolas mentes puedan llegar a considerar, si considerar es algún fin en si mismo.
¿Pero me vas a decir que es lo que hay que votar?, ¿o seguimos con las conachadas de siempre?, me dice mi amigo, y ese es su mérito, a pesar de todo sigue siendo amigo mío.
Y yo que sé, contesto, e incluso añado: Son cosas de Rajoy, que no Raxoi. Y para más INRI añado, tú sabes, que diría un cubano o caribeño, que también viene a ser lo mismo, digo yo. En fin, que quiere decir: si lo sabes, ¿para que me preguntas? Que viene a ser lo mismo que: Manolete, Manolete si no sabes torear, ¿pá que te metes?
Se acabo, o que viene a ser lo mismo: The End
Comment by Ártabro — 27 January, 2006 @ 4:19 am
Falando de Losantos, fíxome gracia que Alfredo Conde, co que coincidín onte nunha tertulia do Consello da Cultura, lle chamara Jomeini Losantos (non sei se estará incluído na gravación que colgaron en culturagalega.org)
Comment by sihomesi — 27 January, 2006 @ 9:40 am
Iso dos “políticos que non se adican a solucionar os problemas diarios das persoas” coido que foi sempre o mantra do franquismo.Baltar e Cacharro son un bon exemplo desa práctica política.
Hai cousas boas para o país aínda que a min non me alegren o día. Os políticos que falan moito dos “problemas reais da xente da rúa” queren bloquear as reformas progresistas das administracións públicas,protexendo en definitiva os seus intereses persoais.
Pero xa postos,eu quero un referendo para destituir a todo político que non me axude para subirme o soldo e pillar o teléfono de Kate Moss.
Comment by Alfonso Pardo — 27 January, 2006 @ 12:30 pm
Esta dereita española-españolista que mesmo pensa que ten o “trademark” de nación, consigue finalmente e con tanto despropósito, exportar unha imaxe internacional do seu “glorioso” e indivisível país, de pintoresca e pailana ( o editorial do “The New York Times”, eses comunistas!... que dirían a dúo Rajoy e Acebes ).
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien
http://ferdinandvongalitzien.blogspot.com/
Comment by Ferdinand Von Galitzien — 29 January, 2006 @ 12:42 pm
que seos perdeo a vosoutros suevos do carrallo quie unico que facedes e sembrar de coca todo o pais e roubar a todo quisque e si podedes asesinar tamen.
Comment by alfonso — 25 February, 2006 @ 2:29 pm