Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

13 February, 2006

Eternamente agradecido

Filed under: Xeral, Non sei eu...

entrar
Esta mañá a primeira hora, o tendedeiro este inaugurado cos calores de mediados de xullo do ano pasado acadou 25.000 visitas. Non vou caer na vaidade, erro ou demagoxia de titular, ó máis vello estilo festa gastronómica: “25.000 persoas visitan Si home si”. Sei que debe haber, como moito, un cento de habituais, e logo unha chea de despistados ou enganados polo gugle. Con todo, e sen controlar de todo como en todo esas ferramentas marabillosas que che din de onde e como vén a xente, sígome emocionando cada vez que aparece unha visita procedente de Chipre, de Estonia, de Israel ou de Australia. Cando vexo varias de empresas concretas do Reino Unido, ou de servidores concretos de sitios estraños, penso que amigo debe andar por alí. Tampouco sei por que celebro a entrada 25.000 (influencia do ano Mozart?) e non outra.
En resumo, gracias a todos e considerense agasallados cun ramo de flores ó pé da escaleira do avión.

25 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2006/02/13/eternamente-agradecido/trackback/

  1. Algo nos dará, Sr. Pereiro, para que lle veñamos pola súa un día sí e outro tamén. Parabéns.

    Comment by F. Miguez — 13 February, 2006 @ 9:48 am

  2. Ben, teño que recoñecer que tamén eu entro moito cando podo para ver como vai a leira…

    Comment by sihomesi — 13 February, 2006 @ 10:05 am

  3. pues va a ser que sí...

    Comment by Pedro A. Ramos — 13 February, 2006 @ 3:50 pm

  4. Visita diaria por se hai algo novo (non sempre hai) porque en xeral é moi bo

    Comment by Ramón — 13 February, 2006 @ 4:52 pm

  5. É polo que nos dás Pereiro, que estamso feitos uns visiosos. Parabéns

    Comment by Folerpa — 13 February, 2006 @ 5:36 pm

  6. É que ten unha leira que dá gusto vela! Agradecimentos recíprocos pola súa constancia e atención.

    Comment by mourullo — 13 February, 2006 @ 8:44 pm

  7. venham máis cinco, ou 25.000

    Comment by lareta — 13 February, 2006 @ 9:00 pm

  8. Sim, isto da internet dá umhas possibilidades antes insuspeitadas…é como atirar umha garrafa com carta ao oceano, só que sabes que neste caso sim que a vai recolher alguém…

    Comment by tangaranho — 13 February, 2006 @ 9:36 pm

  9. Non é o caso. Este xa largaba por aí sen internet

    Comment by Pepe Potamo — 13 February, 2006 @ 11:22 pm

  10. Noraboa!
    Penso que o de Estonia fun eu…
    Apertas

    Comment by Ánzony — 14 February, 2006 @ 12:17 pm

  11. Caghontal, e eu que pensaba que era algún lector de galego que houbera por alí, ou un da KGB.

    Comment by sihomesi — 14 February, 2006 @ 12:54 pm

  12. O da KGB son eu. Mil alcaides mais para o blog, logo.

    Comment by galeidoscopio — 14 February, 2006 @ 3:37 pm

  13. Imaxine vostede que lle comentasen os 25.000? Parabéns.

    Comment by kate — 14 February, 2006 @ 8:33 pm

  14. Eue tamén son dos 25.000, sr. Radio Océano ;-)

    Comment by eue — 14 February, 2006 @ 8:40 pm

  15. Parabens!

    Comment by torredebabel — 14 February, 2006 @ 10:43 pm

  16. Bingo

    Comment by airadasenra — 15 February, 2006 @ 10:38 am

  17. 25.000 primaveras máis!. E, para gañar tempo, vai linkeando xa ás cartas ó director de L’Observatore Vaticano

    Comment by vázquez — 15 February, 2006 @ 12:32 pm

  18. Estou abrumado (polo gasto en ramos de flores que vou ter). Por certo, con estes comentarios suman un milleiro deles (un de cada 25, Kate) e teño que confesar que se sigo nisto, é por lelos, a vostedes.

    Comment by sihomesi — 15 February, 2006 @ 12:43 pm

  19. Pois suma e segue… seguimos agardando polas flores. Onde é que hai que recollelas? Parabéns ;-)

    Comment by opaco — 15 February, 2006 @ 4:17 pm

  20. Creo que en varias cidades, particularmente en Vigo, hai certa tradición de apañalas nos xardíns municipais…

    Comment by sihomesi — 15 February, 2006 @ 4:54 pm

  21. Non é por facer de menos aos amigos vigueses,pero na Corunha o que se fai é enxenhería fitosanitaria cando os sufridos corunheses temos que andar nos xardíns para ponher ben o nome da cidade.A ver se co novo alcalde aforramos en zapatos…

    PD.Máis mortos para o porto exterior,estamos en Bhopal ou na Corunha?

    Comment by Alfonso Pardo — 15 February, 2006 @ 5:54 pm

  22. Como dí a policía venezolana antes de sacarche a pasta, “no se me alce”. Se o novo alcalde fose listo, quitaría o bandeirón e amañaría eses xardíns, pero quen sabe…

    Comment by sihomesi — 15 February, 2006 @ 8:04 pm

  23. E que faga algo co Terrazarium Mariapitensis ;-)

    Comment by mourullo — 15 February, 2006 @ 10:44 pm

  24. Con certo atraso, supoño que chego antes dos 30.000, parabéns dun recen chegado á cidade e ó sihomesi.
    Sendo vigués como son, terei que deixar algunhas flores apañadas por aí.

    Comment by Ghanito — 3 March, 2006 @ 10:59 pm

  25. Pois para a merda que escreves bastantes visitas tens.

    Comment by umha visitante — 8 March, 2006 @ 11:17 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here