Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

29 March, 2006

Alba de Losada

Filed under: Xeral, Destafoi

alba de américa

Cando eu era moi neno, por Semana Santa na tele soamente botaban o que supoño chamarían películas aleccionadoras. Debía haber poucas, porque en vin varias veces Alba de América, unha patriotada sobre o descubrimento de América (na que traballaban alomenos dous galegos, Antonio Casas, que facía de Colón, e Eduardo Fajardo). Pequerrecho e todo, recordo unha escena que me sorprendeu e indignou moito, ata o punto de que supoño que influiu considerablemente no meu pensamento. Camiño das Indias, nun momento de lecer, a tripulación andaba a cantar e bailar, cada un ó seu, cando de pronto un propio rompe a entoar o que parecía ser unha jota castellana, e o resto cala. “¿Veis?, cada canta las cosas de su patria chica, pero todos callan al escuchar la poderosa voz de Castilla”, comenta, máis ou menos, non sei se Colón ou un irmao Pinzón a outro da oficialidade.
Quizais actúe da mesma forma nalgún rapaz de hoxe, a xustificación do flamante novo alcalde coruñés da decisión de repoñer o bandeirón do Orzán. O argumento de que é “símbolo de la España plural” porque están representadas todas as enseñas autonómicas é perfectamente idiota ou toma por idiota ós demais. O conxunto das 17 bandeiras plurais suman unha superficie de 0,085 metros cadrados, por 25 metros da (una) grande (y libre). Con tal de non retirar de vez as 18 bandeiras, a proporción de pluralidade descuberta por Javier Colón é de 300 a 1.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2006/03/29/alba-de-losada/trackback/

  1. Quite, quite, deixe que a repoñan…. se quen fixo os cálculos de resistencia do mastro é o mesmo que os fai agora, e en vez de soplar sur sopla nordés igual lle cae a alguén no cocoroto e a quitan por perigosa. I é que, como dicía Fraga en falando do Prestige… “no hay mal que por bien no venga….”

    Comment by eSedidió — 29 March, 2006 @ 11:06 am

  2. Estará fora de lugar comparar os 817 asasinados por ETA cos mais de 10.000 mortos que seguen a incrementar a conta no Estreito e Canárias?
    Claro que o tamanho e a pátria chica importan.
    Saúde.

    Comment by galeidoscopio — 29 March, 2006 @ 2:11 pm

  3. Sábese algo da continuidade da proposta de Francisco Vázquez para íncluír un exemplar da Constitución no escudo da cidade? E digo eu que, nesa lóxica “plural”, Losada defenderá que tamén aparezan todos os estatutos autonómicos na súa micronésima parte respecto á Carta Magna…

    Comment by mourullo — 29 March, 2006 @ 2:41 pm

  4. Eu concordo, outra vez, con eSedidió: si lle poñen un mástil igual (nas fotos daba a impresión de que era de poliester)... volverá a pasar o mesmo. Quizáis iso sería o desexo propio de un alcalde que fose mínimamente pragmático, e non gastase esforzos e presuposto en andar a plantar polémicas que non lle aportan nada á cidadanía; sexa así ou non o Sr. Losada, coido que aínda está demasiado próxima a figura de Paco Vazquez como para levarlle a contraria. Quizais o ano que ven…

    Comment by F. Miguez — 29 March, 2006 @ 10:17 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here