Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

24 April, 2006

Outra vez

Filed under: Non sei eu...

Esta noite, HAI DEBATE outra vez (a ver que pasa coa perna)

30 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2006/04/24/outra-vez/trackback/

  1. Coa perna non faga como no outro debate. Reflexione, Sr. Pereiro:pare coa dereita e dispere coa zurda: lume de biqueira que dirían os meus veciños.

    Comment by uzal — 24 April, 2006 @ 8:47 pm

  2. Ai, como me costou erguerme hoxe, Sr. Pereiro, pero estou contento de ter quedado hasta o final porque, por fin vexo que se cuestione, nun medio público de Galicia, a necesidade ou conveniencia de tanta autovía e tanta infraestructura. A ver si, dentro de un par de anos, falamos de comercio local e desenvolvemento comarcal. De feito, hasta se falou de tren de cercanías, e todo.
    Por outra parte, non teño eu madeira de evaluador, nin quixera que se sentise observado, pero pareceu vostede moito máis relaxado desta volta. Será que lle vai collendo o tranquillo.

    Comment by F. Miguez — 25 April, 2006 @ 8:10 am

  3. Foi un debate estrañamente sosegado; xa case esquecera que esas cousas tamén son posíbeis en televisión.

    Comment by Martin Pawley — 25 April, 2006 @ 12:50 pm

  4. Ese truco da chaqueta que lle comentei que? nin caso

    Comment by kate — 25 April, 2006 @ 8:47 pm

  5. Si muller, pero como había que andarse erguendo para facer o da ouija, foisemeo santo ó ceo (e ademais era a chaqueta boa)

    Comment by sihomesi — 25 April, 2006 @ 10:16 pm

  6. Arreglado pero informal. Mellor que o outro día :-) O da ouija, pregunto, ¿é ese recurso televisivo de que falan (ou disimulan como que falan) de pé en círculo e cando volven de publicidade van atropelados a sentar?

    Comment by mourullo — 25 April, 2006 @ 11:03 pm

  7. TUDO BEN, A CHAQUETA TAMEN. O DEBATE, CUN DO PP EVASIVO E EN BAIXA FORMA E CUNHA PRESENTADORA CON PREGUNTAS RESESÍSIMAS, ABURRIDO, E PEOR TODAVIA, PREVISIBLE. SO A NOTA DE ESE SEÑOR DA “VOZ DE SU AMOFACENSOSE O IZQUIERDOSO, FIXOME SORRIR ALGO, MENOS MAL.
    POR CERTO PEREIRO RECURRO A VOSTEDE E OS DEMAIS POR SI SABEN DE QUEN É A CANCION PORTUGUESA DE MODA A LO MENOS EN VIGO DURANTE UNHA EPOCA INDETERMINADA DOS OITENTA QUE DECIA, MAIS OU MENOS “e a si vai portugal, uns van en ben e outros mal”. LEVO ANOS E INNUMERABLES BUSQUEDAS NO GOOGLE, SAPO, AEIOU, YAHOO, EMULE, E NO HAY TU TIA.
    SAUDE.

    Comment by ALVAREZ — 26 April, 2006 @ 8:06 am

  8. De Fausto, penso. Non sei se do disco “De pequenino se torce o destino”

    Comment by sihomesi — 26 April, 2006 @ 8:45 am

  9. Senhoras e meus senhores, façam roda por favor…. Fausto, si, pero de “madrugada dos trapeiros”, xunto con por exemplo “rosalinda” ou “cantiga do desemprego” .... de nada, e se necesitan calquera cousa de musica portuguesa, falen conmigo, que xa saben que son un filántropo… (ao pereiro lle quitas do punk e se nos despista…:-))

    Comment by eSedidió — 26 April, 2006 @ 9:21 am

  10. Ah, esquecía, a cancionciña en cuestión chámase “uns vão bem e outros mal”, e dí, entre outras cousas: “De velhas casas vazias, palácios abandonados, os pobres fizeram lares
    Mas agora todos os dias, os polícias bem armados desocupam os andares. Para que servem essas casas, a não ser para o senhorio viver da especulação. Quem governa faz tábua rasa, mas lamenta com fastio a crise da habitação
    E assim se faz Portugal, uns vão bem e outros mal…” ¿de qué me soa?
    E xa postos, e seguindo a laboura filantrópica, mira en http://www.udc.es/dep/lx/cac/sopirrait/audio/unsvaobem.htm. O mesmo levas unha sorpresa :-) ) (clica no título)

    Comment by eSedidió — 26 April, 2006 @ 9:33 am

  11. eSe… moito obrigado polo link… pasei bos momentos escoitando os temas de Fausto…

    Comment by airadasenra — 26 April, 2006 @ 1:04 pm

  12. moito obrigado. Ainda non entrei na dirección de esedidió pero volvin a intentar de novo baixar do emule, e nin padios
    en fin,xa teño, creia eu toda a discografia do grande fausto pero ese cd non. O extraño é que nas recopilacións do mestre non aparece ese “rancho” ¿dise asi?, que despois do da nau catrineta e outro que di aquelo de “eu son de outra condición”, é o mellor. Por certo, asi como a zeca case se lle entende todo cando canta, a este home non lle ligo ni a mitade, que ignoransia a miña…....

    Comment by alvarez — 26 April, 2006 @ 2:18 pm

  13. Ah… e por certo… cumprindo coa miña outra devoción (meter o dedo no ollo), téñolle que dicir que “de pequenino se torce o destino” é, como o seu nome indica, de Sergio Godinho. O dito: mellor ao punk

    Comment by eSedidió — 26 April, 2006 @ 3:22 pm

  14. Putos cantautores, puta memoria! Outra vez miro no gúgel.

    Comment by sihomesi — 26 April, 2006 @ 4:30 pm

  15. A ver, Sr alvarez, vostede está seguro que busca na mula ou no jumento???. Velahí vai: ed2k://|file|Fausto_Madrugada Dos Trapeiros (192 Kbps).rar|46193012|5222DD1BA8156795FA0B2CBF7C5B609A|/
    O certo é que xa se deberían ir plantexando vdes unha subscrición popular para un monummento ao prócer dedicado a eSedidió. De feito non sei se cambiar o alcume a laDidió.

    Comment by eSedidió — 26 April, 2006 @ 6:34 pm

  16. alaDidióescristo estaría ben. Pero primeiro explique ‘eSedidió’.

    Comment by sihomesi — 26 April, 2006 @ 7:18 pm

  17. Sr. Pereiro, observo con certa preocupación que efectivamente está vostede, ademais de falto de imaxinación, algo escaso de memoria. Seica os rabos de pasas, que dicía a miña aboa….

    Comment by eSedidió — 26 April, 2006 @ 8:14 pm

  18. É vostede un portento, eSedidió!

    Comment by mourullo (un que clicou no título) — 26 April, 2006 @ 9:34 pm

  19. portento é pouco, eu diría que é como os amigos antes de cumplir os cuarenta ou ter familia, en fin un BO ( o de xeneroso xa se verá). Moito obrigado e aqui quédome flipando escoitando “nos cantamos pra lembrar…...... seguro ben o teu par” puta mocedá.

    Comment by ALVAREZ — 27 April, 2006 @ 6:23 pm

  20. por certo o de punk de Pereiro non me sona, mais ben o que lembro daquela é que o grupo “radiononseique” eran segun lembro dun concerto, modernos, na terminoloxia da época, ainda que como xa pasou tampo tempo e as condicións, chamemos medioambientais da asistencia os concertos non era moi ala, pois claro, non podo xurar nada, pero aquelo quedoume como de rock dos oitenta con toques de todo o que entraba na rede, que como xa se sabe, é música.

    Comment by alvarez — 27 April, 2006 @ 6:56 pm

  21. Punk tipo Clash de toda a vida, estimado Álvarez

    Comment by sihomesi — 28 April, 2006 @ 7:59 am

  22. A min sorprendeume a cousa esa de Radio Oceano facendo a mili, e non daba creto: co afinadiño que cantaba o Sr. S.pereiro aquilo de “polas vagoadas de Lemos van des mil homes… ” e de repente véxo berrando desaforadamente a un tipo con nome de estilográfica que esto no es Jagüai nin falta que fai… pensei pra min: pero este rapás non terá unha aboa que lle diga algo? :-)
    De todos os xeitos gostábame máis facendo entrevistas coa chupa de coiro que coa chaqueta boa esa da tele… (seguro que a súa costela non opina o mesmo…. )

    Comment by eSedidió — 28 April, 2006 @ 8:19 am

  23. enton pido perdon, porque os THE CLASH, son palabras maiores e estan na pila escollida de cds entre os Deep Purple, led zeppelin e demais mestres que os meus fillos están fartos de escoitar acojones porque o colgado do seu pai cando ten o dia tonto non deixa de escoitar e atronar o vencindario. De pena…

    Comment by ALVAREZ — 28 April, 2006 @ 8:28 am

  24. A miña aboa o único que me dixo about it foi “abrígate, neno, que vas coller frío” cando baixaba semiespido e suoroso do escenario en Monforte. O das vagoadas de Lemos dáme que pensar… e non ben.

    Comment by sihomesi — 28 April, 2006 @ 9:51 am

  25. Coño, sr. pereiro, e iso? Non sabía eu que tiña que pensar mal da época na que vde. cantaba con voz de tenor cancións tan belidas coma isa ou da “casta dos celtas, esperta axiña…”. Non foran malos tempos, polo menos pra mín…
    algún día temos que quedar para tomar unhas cañas e comentar os vellos tempos. Xa ve, e o que pasa co famoseo… o persoal de a pé coma mín garda con nostalxia os tempos nos que contaba co tesouro da súa amizade, en cambio, os próceres teñen ben pouca memoria :-)
    Por certo, a visión de vostede semidesnudo e suoroso compriría para lle provocar un colapso a calquera aboa, jeje…

    Comment by eSedidió — 28 April, 2006 @ 10:28 am

  26. Oia, que eu do único do que renego é de ter levado pantalós acampanados. O que me amola do que Vd chama famoseo é que saiban de min e eu non saiba da xente. Identifíquese!, el carné en la boca!

    Comment by sihomesi — 28 April, 2006 @ 6:27 pm

  27. Y un huevo, Sr. Pereiro! O privilexio do anonimato é propio do vulgo, polo menos mentres non fagan na teletonecho un programa tipo salsa rosa (taría ben que o presentara un coñecido astro da comunicaçao galega con certa tendencia ás camisolas pequechas e ao sobrepeso). Nese caso, e por unha cantidade módica, estarei ben disposto a desvelar todas as súas calaveradas de cando aínda creía/mos na revoluçao (non é que foran moitas, pero a miña imaxinación non ten cancelas). E xa sabe: se non quere ser famoso escriba con seudónimo e saia na tele con antifaz :-)
    De todos os xeitos, como eu son un filántropo, voulle deixar algunha pista a xeito de limiar: debo ser o último e único posuidor dun manifesto feito coa multicopista que levaba polo medio unha bandeiriña galega misturada coas dos outros países. O toque naif era que a tal bandeiriña foi debuxada por vostede unha por unha cun lapiz Alpino de cor celeste (eran un huevo de copias).Dou fe porque eu estaba alí dando ánimos. Se iso non é currar pola revoluçao que veña deus e o vexa.
    nada, pénseo, e se acerta estou disposto a regalarlle o tal manifesto.

    Comment by eSedidió — 28 April, 2006 @ 7:41 pm

  28. non dan pontada sen “fio”, cagüendiola Fausto, Clash, R.O., Monforte… xusto cando estaba empezando a dixar o emboquillado… ¡mala peste vos coma!

    Comment by larata — 28 April, 2006 @ 9:43 pm

  29. Sr eSedidió, ubicado xa estaba Vde, identificado non (os rabos de pasas, xa sabe). Seguirei exprimindo os miolos.

    Comment by sihomesi — 2 May, 2006 @ 8:17 am

  30. Acabo de comprender por qué a mín non me envían nunca SMS deses de “pásao”: eu son un produto da miña propia imaxinación.

    Comment by eSedidió — 2 May, 2006 @ 9:50 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here