Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

30 May, 2006

Os dedos e os parvos

Filed under: Si home si

Inmersos en debates cruciais como o da saúde deportiva da selección española a raíz do partido contra Rusia, ou a de Rocío Jurado despois das declaracións da Ministra de Cultura, posiblemente se lles escapou o detalliño do Centro de Estudios Galegos de Rennes (Bretaña), no que despediron á lectora de galego por criticar que alí o único relacionado con Galicia era a orixe da transferencia bancaria mensual. Non é raro que se lles escapara. Igual que na trama da Deputación de Lugo, na que o problema parecen ser as poucos discretas formas do fiscal, este asunto é un exemplo daquel proverbio adxudicado ós chinos de que cando alguén sinala a lúa, os parvos reparan no dedo. (more…)

28 May, 2006

Cervantes (ou Cela?)

Filed under: Non sei eu...

pedillo(Oleiros)

25 May, 2006

Matrix-sport

Filed under: Si home si

Quéixanse os ciclistas de que volve estar de moda o seu deporte, e non pola épica dos esforzados da ruta e pola lírica da serpe multicolor, senón por mal, polo novo escándalo do dopping. E quéixanse con razón, con tanta que é doble: unha porque os meten a todos no mesmo saco e outra porque os meten os que os ven matarse a pedaladas na tele mentres se mazan a cañas ou copas de coñac. E deberíanse queixar por unha máis: polo agravio comparativo que sofren con outros profesionais do deporte virtual, os futbolistas, alomenos os futbolistas dos equipos italianos.

matrix (more…)

24 May, 2006

Dez anos

Filed under: Xeral

Lois Pereiro
Pois iso, hoxe é o cabodano

23 May, 2006

As tribulacións dun lucense en Lugo

Filed under: Si home si, Destafoi

Seguín estes días as tribulacións duns lucenses en Lugo ocasionadas polas aventuras investigadoras dun fiscal vasco na Corte do rei Cacharro. Simplificando a farfalla xurídica destes casos, do que acusan ó referente conservador lugués é de repartir desigualmente os cartos. Cousa que se xa está mal vista nas familias, nas institucións por riba é delicto. (more…)

22 May, 2006

Desde Galicia para Curtis (ou Galicia será nación, chim-pón)

Filed under: Xeral

Que fai a comisión parlamentaria para a reforma do estatuto que non convoca a este home (e ó seu tema)?

21 May, 2006

España cañí

Filed under: Xeral

Dous exemplos do progreso e da modernidá:

1.-Sazatornil strikes again


A chulería, o desplante e o facer a manicura coa navalla (ou usar a unlla de escarbadentes) volven á sede parlamentaria, de onde un sospeita que nunca se foran.

2.-La charanga del Tío Honorio ataca de novo


Un video graciosete dá pe á aclamada por doquier eclosión do rock rural, fenómeno simpático e nunca visto, que sen dúbida traerá cola (e, neste caso, mesmo rabo) e secuelas interesantes para a vitalidade do pop español. (E Os Rastreros, por citar uns, disoltos por falta de que lles fixeran caso)

18 May, 2006

Paxariños

Filed under: Xeral

open source

O dos paxariños, ¿non lles soa?

Pasou o Día

Filed under: Si home si

Vostedes estarán coa resaca do Día das Letras Galegas (DLG), escangallados por ter disfrutado dun festivo coa mesma ansia como se fose unha fin de semana enteira, pero peor estou eu, que estou sachando na tecla o propio festivo. E dito esto, chega de queixarse, non convén chorar máis, como dixo hai medio século Luis Pimentel e onte mesmo Anxo Quintana (proba de que ó pobre Pimentel non lle fixemos moito caso, e eso que era médico). En resumo, a chorar á casa-cuna, que din por aquí, porque o DLG está moi ben, pese ó que se diga ou digamos. (more…)

16 May, 2006

Odio ser de aquí

Filed under: Estoume quitando

Ben, o titular é para que picaran, pero non é que estea precisamente contento con ser galego. Non é que me desguste a comida, ou a bebida. Ó revés, o ser humano é unha construcción a base de herdanzas e costumes, e se os nosos pais, a sociedade na que medramos, se fixeron a base de porco e sardiñas, o normal é que nos gusten a nós, quitado traumas infantís ou indixestións. Ata tal punto que eu recordo ter entrevistado a un fotógrafo cubano moi famoso, David Corral, o que fixo as imaxes de Fidel entrando na Habana, e recordaba que os pais eran de Lugo, e a pesares de que sempre foran pobres, nunca comían millo, porque decían que era para os porcos, cando veciños seus emigrantes da Coruña ou Pontevedra non tiñan problema ningún. (more…)

Hai debate

Filed under: Si home si

O bo do Día das Letras (Galegas, refírome) é que se promove un debate ausente o resto do ano, como no Día da Fibromialxia se fala da fibromialxia. Curiosamente, o debate non é sobre a forma (a literatura galega), senón sobre o fondo (o idioma no que se constrúe esa literatura). E se a forma vai como unha moto, máis ou menos, todos os indicadores apuntan a que o fondo vai cara o ídem. Hai unha chea de estatísticas que o evidencian, pero abonda con unha: en cada xeración o seu uso baixa un 20% con respecto á anterior. E hai un dato pouco científico, pero para min revelador: o descenso na utilización é máis acusado nas mulleres. Elas son na maioría das sociedades as que se encargan da transmisión de valores, elas foron as que pasaron de inculcar mercadorías caducadas como o ardor guerreiro, así que se agora lle empezan a tomar o número ó idioma, que se vaia preparando. (more…)

15 May, 2006

Bilingüismo harmónico/armónico

Filed under: Xeral

Baiona-Bayona

12 May, 2006

Desmentido

CGAI (by La Opinión)

Sobre os rumores que últimamente sobrevoan o CGAI, teño que asegurar que entre DX Manolo (o director xeral de Promoción Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias) e eu soamente hai a posibilidade do comezo dunha boa amistade.

11 May, 2006

Timo da estampilla

Filed under: Si home si

“350.000 españoles afectados, los Reyes en el Fútbol, Zapatero diciendo que España marcha muy bien y Zaplana preocupándose que castiguen a los policías y 350.000 familias con sus ahorros perdidos, más de uno sin dormir en la noche. Yo le digo al presidente que arregle este tema y por lo menos que nos entreguen lo pagado porque si no lo hace perderá las próximas elecciones”. Esta é unha das opinións verquidas na caixa de desafogos que abriu a edición dixital dun periódico sobre o rebumbio económico filatélico. O asinante non tería moito discernimento á hora de investir, pero é espilido como un allo á hora de resumir o estado da cuestión. (more…)

10 May, 2006

Solidariedade con M

Filed under: Xeral

Deberiamos facer algo para axudar a casenada

9 May, 2006

Eco-jet

Filed under: Si home si

baronesa, alcaldesa
Posiblemente non sexa nada grave, pero debería facermo mirar. Tampouco é que teña malestar ningún, pero síntome raro estando de acordo con xente como Carmen Cervera ou o príncipe Carlos de Inglaterra. Xa sei que tanto pode ser unha síntoma pasaxeira como que me estou facendo urbanoconservador. (more…)

5 May, 2006

Envexa

Filed under: Xeral

Estes sketchs da ETB xa son coñecidos dabondo, pero ilustran que, a maiores da fenda dixital, hai outra catódica, e nas dúas nós estamos do lado malo.




4 May, 2006

Hispanos

Filed under: Si home si

latino bueno latino malo

Estes días, todos os que opinamos de algo non porque saibamos senón porque nolo piden, largamos sobre dous acontecementos: o Evazo, a nacionalización dos hidrocarburos que decretou o presidente de Bolivia, Evo Morales, e o hispanazo , a protesta que os hispanos que viven nos Estados Unidos fixeron en demanda dos seus dereitos. Dous fenómenos coincidentes na terra (América) e no tempo (o 1 de maio) e que son as dúas caras da mesma moeda, aínda que se presenten como o paradigma do hispano bo e o hispano malo. (more…)

1 May, 2006

Día do traballador

Filed under: Si home si

Estou nunha terraza tan pancho, entre familia e colegas, rodeado de xente contenta que recolle bandeiras e bártulos de se manifestar, sen máis achaque que ter que botar man dun periódico atrasado porque os do día están pillados. No meu exemplar, unha grande empresa proclama a todo trapo que se determinado departamento autonómico non lle dá vía libre a un proxecto que ten medio paralizado, irase co multimillonario investimento a outra parte. Ou sexa, algo que podería estar entre a denuncia da inoperatividade administrativa, que é como o presenta a información, e a chantaxe empresarial, que é o que ven sendo no fondo. (more…)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here