Desmentido
(by La Opinión)
Sobre os rumores que últimamente sobrevoan o CGAI, teño que asegurar que entre DX Manolo (o director xeral de Promoción Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias) e eu soamente hai a posibilidade do comezo dunha boa amistade.


Non sei eu Pereiro. A cousa semella algo máis. Quizáis sexa o efecto óptico, pero esa man leva unha traxectoria sospeitosa, ¿non?
Comment by Iván — 12 May, 2006 @ 11:36 am
Pense vostede, Sr. Pereiro, que despois de pasar por Salsa Rosa, non Hai debate! que se lle resista.
Comment by F. Miguez — 12 May, 2006 @ 11:47 am
Claro que é o efecto óptico (sumado ó efecto mente enfermiza), que vai ser.
Comment by sihomesi — 12 May, 2006 @ 11:59 am
Benquerido sHs : xa sabía eu que de homofobia nada. Meus comentarios eran só para que non quedara dúbida ningunha. De todolos xeitos vexo que está vostede disposto a todo para amosar o seu “talante”
Comment by Alfonso Pardo — 12 May, 2006 @ 4:06 pm
non, se o malo non é a man, senón o sorriso ese de lobo que se vai merendar a Caperucito (e que o de carrapuchiño sóame francamente mal)....
Comment by eSedidió — 12 May, 2006 @ 4:21 pm
Lobo?, se son un año para o home
Comment by sihomesi — 12 May, 2006 @ 6:45 pm
iso mesmo dicía Landrú
Comment by eSedidió — 12 May, 2006 @ 9:35 pm
Estou con eSedidió. O de que faga fixarnos nas “manitas” é unha manobra de distracción para que non falemos desa “miradita picarona”?
Comment by mourullo — 13 May, 2006 @ 12:20 am
Recordan vostedes o que decía o psiquiatra vienés de “Primera Plana” (“The Front Page”, Billy Wilder) cando o levaban na padiola ferido nas partes por un disparo accidental?...
Comment by sihomesi — 13 May, 2006 @ 9:34 am
hahahahha, que roubado-pousado máis natural!
Comment by kate — 13 May, 2006 @ 12:47 pm
man de santo
Comment by lareta — 13 May, 2006 @ 9:30 pm
Veña Rotring deixate de tanta diplomacia e acercate a Ferrol que seguro que tes mono decibélico.
Comment by BANG 74 — 14 May, 2006 @ 8:19 pm
Hahaha, o do psiquiatra vienés na peli de Billy Wilder que quere que lembremos imaxino será o de “Maricas! Que sodes todos uns maricas!”. Mais lembre vostede que, ao final da peli, contan que o psiquiatra rematou escribindo un libro chamado “A alegría da impotencia”...
Comment by mourullo — 14 May, 2006 @ 9:51 pm
A Bang 74: efectivamente, pero case máis de facelo que de aturalo
A Mourullo: o politicamente incorrecto é vostede.
Comment by sihomesi — 15 May, 2006 @ 8:08 am
Falando de Rotring (Johhny) e do CGAI… saben que películan botan alí este xoves e este sábado, verdade?
Comment by Martin Pawley — 15 May, 2006 @ 11:28 pm
Certo, os que poidan que vaian gozar, en sentido fílmico, do noso prezado señor Voz en off.
Comment by mourullo — 16 May, 2006 @ 12:07 am