Multiculturalidade
(by appointment Nacho Aturuxo)
The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2006/06/10/multiculturalidade/trackback/
RSS feed for comments on this post.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
home, por fin!
vira ese documental no canal “viajar” hai anos xa, pero nunca me esqueceu a reacción da intrépida viaxeira, que é quen de comer arañas, bermes, e todo tipo de bechos, cociñados ou sen cociñar, por xentes das tribús máis lonxanas, pero non de ir de tapeo.
Conste que a orella tampouco eu a podo ver diante.
Comment by yeye — 10 June, 2006 @ 1:32 pm
Home,pordiós, que seriamos sen a orella, o tripón, o morro, o dente…? Uns vexetarianos, ou peor aínda, uns comedores de sisos ovinos ou de carne de año fervido
Comment by sihomesi — 10 June, 2006 @ 1:56 pm
:-D
E que me din dese comentario que fai alguén por detrás?:
“Veñen os ingleses todos aquí a probar a orella”
A orella, por outra parte, dios ma arrede do corpo.
Comment by Plattdorf — 10 June, 2006 @ 4:33 pm
Eu tamén son partidario da orella.
Comment by Martin Pawley — 11 June, 2006 @ 2:20 pm
E aínda haberá algún señoritingo ao que lle guste máis o caviar….
Comment by Alfonso Pardo — 11 June, 2006 @ 3:19 pm
Teño que confesar que sempre fun incapaz de probar a orella. Dáme non sei que.
Comment by peke — 11 June, 2006 @ 5:11 pm
A orella só precisa de dúas cousas: estar quente e depilada
Comment by sihomesi — 11 June, 2006 @ 7:30 pm
E que me din da tapa de orella prensada?
Comment by mourullo — 11 June, 2006 @ 10:24 pm
Non será iso que lle chaman “cabeza de jabalí”?
Comment by sihomesi — 11 June, 2006 @ 10:32 pm
Dende logo, non se lles pode deixar sós. Marcha ún de fin de semana e miren a que lían. Que se ún a prefire quente e depilada, outro prensada… Señores, seriedade, que son vostedes pais de familia…
Comment by eSedidió — 12 June, 2006 @ 3:48 pm
Vaia, eSedidió, negociando con los… eses cos que non se pode negociar
Comment by sihomesi — 12 June, 2006 @ 7:14 pm
Ubicuo sHs, non me cambie de tema, que a negociación xa lle está complicada abondo…
Por certo, se serve de algo a miña opinión, eu penso que a orella daría un magnífico abono. Teñan en conta que eu, do lacón con grelos, tiro o lacón e como os grelos con aceite e vinagre…
Comment by eSedidió — 13 June, 2006 @ 6:44 am