Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

20 November, 2006

Problemas con Korea do Norte

Filed under: Xeral

A ver se alguen sabe por que me andan retirando o bonito escudo norcoreano (ver post anterior), e se a todo o mundo, cando clica na fonte orixinal do escudo, lle sae isto

¿Hai precedentes de que a contemplación do escudo provoque a conversión ó marxismo-leninismo pensamento juche?

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2006/11/20/problemas-con-korea-do-norte/trackback/

  1. Sr. sHs, polo ben da nosa saúde mental, cambie de fornecedor de ADSL, ou no seu defecto, devólvalle ao chino Antonio o portátil, que seica aínda está en garantía.

    Comment by eSedidió — 20 November, 2006 @ 1:29 pm

  2. Algo pasa con ese escudo. Eu andaría con ollo. E a contemplación do mesmo move máis ben a unha esquizofrenia gráfica.

    Comment by grampus — 20 November, 2006 @ 2:56 pm

  3. Aposto a que son problemas de Copyright do sistema comunista.

    Comment by xabre — 20 November, 2006 @ 2:56 pm

  4. Aos norcoreáns non lles debe gustar o hotlinking.

    Comment by Xaime — 20 November, 2006 @ 4:12 pm

  5. Algo debe ser, pero o escudo é bonitismo (bonitismo-leninismo?)

    Comment by sihomesi — 20 November, 2006 @ 4:39 pm

  6. A mar de bonitismo (marxismo-bonitismo-leninismo) :D Vaia manera de celebrar o 20-N :D :D

    Comment by mourullo — 20 November, 2006 @ 6:09 pm

  7. Se cadra son os mismos que censuran a Sozidad Alcohólika, ¿non?

    Comment by susolista — 20 November, 2006 @ 7:49 pm

  8. Ademáis de estarmos emparentados polos saltos de auga, dame no ollo que o escudo, no canto de estar orlado con espigas de trigo, como é frecuente, ten unhas tiras de boliñas amarelas que parecen… ¿mimosas?
    Eu propoño tomar exemplo e cambiar as cruces do escudo galego por fermosos aeroxeneradores, máis acorde cos tempos que corren (¿alguén de Aduaneiros?)
    Productores eléctricos do mundo ¡unidevos!

    Comment by F. Miguez — 20 November, 2006 @ 9:44 pm

  9. Non coñecedes o escudo de Cerceda? Nesta imaxe non se ve moi ben , está moito máis glorioso na porta da casa do concello.
    Fíxadevos na parte de abaixo. Si, é a térmica de Meirama.

    Comment by Xaime — 21 November, 2006 @ 12:57 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here