Facendo amigos
Se outra vez me dá por facer traxes, mellor non incluir o e-mail
The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2007/01/05/facendo-amigos/trackback/
RSS feed for comments on this post.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here
Pois eu estiven por escribirlle para felicitalo. Unha das súas pezas máis luminosas. Feliz ano para toda a familia.
Comment by bretemas — 5 January, 2007 @ 6:38 pm
Cando un artigo é dos que paga a pena sempre o gardo no meu arquivo. Pódolle asegurar que xa teño uns cantos seus gardados, igual que farei con este que é unha preciosidade. Por certo, deuse conta que Lois Pereiro ten rima,ritmo e ten ademais son musical?; agoiro os meus mellores desexos para o cativo e dentro duns anos lembrarei o meu acerto con LOIS PEREIRO.
Comment by carqueixa — 5 January, 2007 @ 10:13 pm
Gracias ós dous. O que pasa é que motiva máis o desacordo que o acordo.
Comment by sihomesi — 5 January, 2007 @ 10:25 pm
Pois xa verá cando llo bauticen de Luis cada dous por tres, como o noso neno. Nos xa pasamos por tódalas etapas (espero) e agora xa aprendin a rirme de tanto colonizado militante. A nai non lle fai tanta gracia, pero mellor para min porque cando está mosqueada, xeralmente logo dialogamos unha barbaridá.
Comment by alvarez — 7 January, 2007 @ 2:57 pm
Aquelo de “¿Estás bébeda Su Elen?” tamén creou confusión na sociedade galega aquende e allende os mares, pero xa ves, a todo se acostumbra a xente destes lares, allende ou aquende. Ainda nos acostumbramos a Ghaioso, e a monchoesmucho, pra non acostumbrarnos a chamarlle a unha criaturiña Loisiño.
Comment by susolista — 8 January, 2007 @ 1:19 am
Por certo suscribo o que din, que ese artículo é unha peza maestra. Noraboa
Comment by susolista — 8 January, 2007 @ 1:20 am
-Chámase Xiana
-Y Xiana que es?
-Poisss,.. o seu nome
-Ya pero, que es, Juliana o así?
-Pois non sei, Xiana é Xiana, nos puxémoslle así porque é o nome que nos gusta.
-Si, pero debe ser Juliana en gallego, no?
-Pois pode ser que Juliana sexa Xiana en castellano, pero non me preocupa muito…
Comment by raposo — 9 January, 2007 @ 12:43 pm
o meu sobriño tamén se chama lois e unha señora de cesures preguntábanos que por que lle puxeramos nome de pantalón.
anima saber que cesures ata o franquismo chamouse toda a vida san lois e os vellos aínda llo seguen a chamar.
Comment by ro — 10 January, 2007 @ 10:52 am