Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

20 March, 2007

Lupe

Filed under: Xeral, Non sei eu...

Cando leo unha entrevista, sexa en formato pregunta/resposta ou non, a maiores do que din esa parella de feito circunstancial, cada vez máis fíxome no canizo que hai detrás da conversa. Cando lin a que lle fixo Fran Alonso a Lupe Gómez, deume un arreguizo. Non coñezo da nada a Lupe, mesmo tiven unha reacción un tanto fraguiana ó título do seu poemario, pero poucas veces un texto xornalístico me puxi ben claro, por moito que xa as soubera, dúas cousas: a diferencia que hai entre o grao e a palla en poesía, e esa inmensa mentira – cando non canallada – do bilingüismo harmónico.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2007/03/20/lupe/trackback/

  1. acabo de ler a entrevista e eu non vexo a paisana tan provocadora so porque tenha titulos como levantar as tetas e non sei que das bragas e a regla. será que estou curado de espantos. en canto a sua historia exemplar da putada de marchar da aldea e q se rian de ti por falar galego, tampouco e nada novo ou vello senon actual. ainda pasa nas cidades do interior ou vilas rurais, polo menos ata que eu deixei o instituto vai para dous anos e medio. non me parece unha entrevista moi reveldora da personaxe… pero bueno terei q ler algo de Lupe para poder xulgar con mais criterio e non so por simples titulos.

    Comment by xurxocimadevila — 20 March, 2007 @ 11:25 am

  2. Ó mellor tiña eu o día sensible…

    Comment by sihomesi — 20 March, 2007 @ 12:03 pm

  3. Viva a Gomes, poetisa enxebre! A súa poesía arrecende a herba mollada!

    Comment by LLL — 22 March, 2007 @ 12:58 pm

  4. Outro viva para Lupe.Certamente unha escritora auténtica e unha muller auténtica.Ten mérito vendo o que hai no patético mundo literario ou da cultura en xeral,cheo de culturetas-ignorantes e de predicadores-arribistas.

    Comment by Alfonso Pardo — 22 March, 2007 @ 10:39 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here