Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

29 March, 2007

Índice 80 céntimos

Filed under: Xeral, Matrix Press

Efectivamente, 0,80 é o valor do debate político en España, do nivel de análise, da información dos media e moito me temo que, consecuentemente, da calidade da democracia. Menos que 1.

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2007/03/29/indice-80-centimos/trackback/

  1. Ten vostede razón, moita razón. Pero non é o do café o peor asunto. Qué e mellor: o debate do café ou o dos trípticos que incluiu no post anterior?

    Comment by arume dos piñeiros — 30 March, 2007 @ 10:03 am

  2. O dos tripticos non sae tomado en serio e analizado nas portadas dos periódicos e non protagoniza tertulias radiofónicas.

    Comment by sihomesi — 30 March, 2007 @ 1:40 pm

  3. Non sabe vostede canto lamento, Sr Piñeiros, arume dos, ter participado no aldraxe a súa sensibilidade que supuxo o debate do post anterior. A súa referencia a que foi algo moito pior que a historia esta do prezo do café faime reflexionar, e prometo non volver intervir neste blog como non sexa para facer sesudas análises das cousas importantes, verbigratia, se deben ou non ser obrigatorios os mandilóns dos pequechos das galescolas.
    De todos modos, e xa postos, dierilles que nos bares do centro de Pontevedra por 95 centimos póñenche un café, un chupito de zume e medio cruasán.

    Comment by eSedidió — 30 March, 2007 @ 4:31 pm

  4. Ehem, eSedidió, penso que Arume se refería ó debate das ceas filosóficas, non ó debate dos comentarios do post das ceas filosóficas…

    Comment by sihomesi — 30 March, 2007 @ 6:14 pm

  5. Mecachis…. se é que o non ter vacacións e que me falten máis de 15 anos para a xubilación vólveme suscetible, que díría o sr blanco… desculpe, Sr Piñeiro…

    Comment by eSedidió — 30 March, 2007 @ 6:58 pm

  6. Perdoe, señor esedidió. Non me din conta de que o meu comentario puidera ser entendido así. Menos mal que o amigo Si home si me botou un cabo. Agradézollo e descúlpome.

    Comment by arume dos piñeiros — 31 March, 2007 @ 12:19 am

  7. Monsieur esedidió:déixese de lerias que seguro que anda vostede máis perto da ética laboral dun crego finlandés que da dun señorito andaluz.Véxoo xa no sHs do 2025 laiándose e coa morriña do choio…

    Manda truco cos prezos de Pontevedra! Os parroquianos de sHs teremos que montar por alá a festa da súa resurreción virtual.Os do norte gastaremos en gasoliña pero aforrámolo en café.

    Comment by Alfonso Pardo — 31 March, 2007 @ 3:58 pm

  8. Sr. Pardo: eu no 2025 levarei máis de unha década tocando a lira cos querubes….
    E volvendo aos asuntos importantes, gostaríame saber por qué é a Coruña e bisbarra o único lugar deste pais onde non dan tapa co viño…. estou seguro de que o tema da para unha tese….

    Comment by eSedidió — 31 March, 2007 @ 8:51 pm

  9. Será que para comer Lugo e para pagar Coruña.A súa observación defende a miña tese de que na Coruña é onde estamos os galegos máis explotados e máis sufridos da galaxia….

    Comment by Alfonso Pardo — 2 April, 2007 @ 12:41 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here