Os retratos electorais
Así entre nós, e sen que se enteren os meus colegas e moito menos os políticos directamente afectados, esta é a campaña máis levadeira que recordo. Quizais porque a sigo case como un cidadán máis, que a atura porque está no ambiente pero sen ter que contribuír demasiado ó rebumbio. Mesmo parecen unhas eleccións europeas, convocadas para escoller uns equipos de goberno, sen que estea en xogo a civilización tal e como a entendemos por aquí, tal e como dicían que nos xogabamos en todas as anteriores que recordo, locais ou mundiais, nas que máis que votar parecía que había que escoller qué cable cortar, se o azul ou vermello, para que non estoupara todo e houbera que volver a inventar todo partindo da roda. (more…)

