Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

28 May, 2007

Resaca local 1: A especificidade

Filed under: Resaca Local 07

A primeira lectura que fago do de onte é de alivio. Galicia is different, aínda que sexa un chisco. Non soamente porque non está reducida ó bipartidismo (aínda que o tetrapartidismo que sempre se anuncia non dá chegado) senón porque o ladrillazo non trunfou incólume como por aí. Gondomar e Salceda de Caselas terán alcalde do BNG, Nigrán do PSdeG, Baiona e Cee xa veremos… Hai dúas excepcións: Pontevedra e Carnota. No caso de Pontevedra hai posibles matices como o gancho persoal que ó parecer ten o candidato constructor/destructor, o cuantioso investimento propagandístico que fixo e a rareza estructural de que a sociedade pontevedresa apoie ó BNG (e polo tanto quizais estea volvendo ó rego de cidade de orde). O maioría absoluta do PP en Carnota agardo que sexa fruto da alternancia e non de que os veciños se fartaran de ser os únicos da contorna que non poden colocar os terreos como urbanizables, coa de sitio que aí por alí. No segundo caso sairemos de dúbidas axiña.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2007/05/28/resaca-local-1-a-especifidade/trackback/

  1. Neno, algo está pasando cando Silleda tumbou ó PP!
    E Monforte, carai!

    Comment by kate — 28 May, 2007 @ 4:53 pm

  2. Un momento, en Monforte xa estaba tumbado. E en Silleda, poñendo a unha deseñadora de mobles, así calquera.

    Comment by sihomesi — 28 May, 2007 @ 5:19 pm

  3. hahahhaha! Deseñadora de mobles que vive en la finca. E eu dicía que en Monforte ben pola maioría, aínda que as maiorías non son boas, non? ou depende?

    Comment by kate — 28 May, 2007 @ 5:37 pm

  4. Depende de se o esixe o guión…

    Comment by sihomesi — 28 May, 2007 @ 8:54 pm

  5. O alcalde de Salceda de Caselas durante trinta e un anos está que non o cre…

    Comment by mourullo — 28 May, 2007 @ 10:03 pm

  6. supoño que non será o caso pero debería sentirse aliviado tamén o constructor/destructor, pois se tivese que facer fronte a todo prometido non daba feito nin en catro lexislaturas :P anque todo sexa pola poltrona

    Comment by opaco — 28 May, 2007 @ 10:08 pm

  7. E con Moncho ya no es tanto, ¿que vai pasar?

    Comment by susolista — 28 May, 2007 @ 10:19 pm

  8. Digo eu que xa debe estar canso…

    Comment by sihomesi — 28 May, 2007 @ 10:45 pm

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here