Resaca Local 2: E por qué?
Os primeiros días dos recén elixidos. A etapa dos por qués.
-E por qué non goberna a lista máis votada? Porque a lei é así. Porque as listas máis votadas xa teñen un plus de representación coa Lei D´Hont. Porque a xente vota sabendo que pode haber pactos poselectorais, ou que os vai haber seguro, e que votar a ó PSdG en Pontevedra é darlle a alcaldía ó BNG é apoiar ós nacionalistas en Vigo é poñer no goberno ós socialistas.
-E por qué teño que pactar con ninguén se podo gobernar en minoría? Véxase a resposta á primeira cuestión.


Hai que lle dicir a Conde Roa que lea este post, que creo que non se decatou disto que tan ben dis. E coma el moitos que non saben como vai isto do xogo democrático. Haberá que poñer unha materia obrigatoria na escola? Hai moita desinformación de dios.
Comment by kate — 29 May, 2007 @ 2:17 pm
E na Coruña, mentres, Javier Losada di eso de “se abre un abanico muy amplio de posibilidades”.
Comment by mourullo — 29 May, 2007 @ 3:44 pm
Se a Losada se lle abrise “un abanico muy amplio de sentidiño” outro jalo cantaría.
Comment by andaime — 29 May, 2007 @ 11:17 pm
Faría falta que alguén explicase de unha vez que a democracia é un sitema poolítico no que todos teñen representación e participación nas decisións, non so as maiorías. E postos a explicar, que si non queres sair perxudicado da posibilidade de pactos post-electorais, unha boa medida é non pasar os catro anos anteriores paleando merda enriba dos demáis como si estiveses solo neste mundo, ou foses o seu amo plenipotenciario. Naturalmente, que os que son así xa van crecidiños como para aprender agora; alá eles.
Eu tamén lle acollín con certo alivio ese esquinazo ó ladrillazo xeneralizado, que non unánime, que nos outorga certa diferenciación a nivel estatal. Crucemos os dedos a ver si Carnota se salva dos boitres.
Comment by F. Miguez — 30 May, 2007 @ 6:34 pm
A min os resultados electorais decepcionaronme bastante, sobre todo os do BNG. Ainda que non son militante, son dos que vota ao BNG por exclusion.
Aledame de que aqueles concellos onde se proponhia un urbanismo salvaxe mudasen de mans, desafortunadamente en Barreiros continuara gobernando un deses partidos. Pasei estes dias visitando foros onde se analizaban os resultados electorais(arroutadasnoticias), e ainda que a dinamica e diferente dependendo da cidade ou vila, parece que nalgunha o BNG perdeu polos problemas de sempre.Lembrame cando eu estaba nos CAF na Universidade e despois moitos creamos o MEU. Parece ser que o problema e recurrente. Canto me gustaria ter uns partidos politicos galegos mais europeos….
A verdade e que non entendo como alguen pode sair ante os medios e dicir que consolidaron o seu numero de votantes e que globalmente son uns bos resultados, e como dicir que o Celta controlou ao Arsenal durante 30 minutos e fixo sete xogadas preciosas, desafortunadamente despois escarallaronos totalmente.
No foro de arroutadasnoticias dinse unhas cantas cousas interesantes de por que o BNG perdeu 10.000 votantes. SiHomeSi, vostede ten unha mente moi aguda, cando nos vai agasallar cunha analise permenorizado dos resultados electorais.
P.D: disculpade por non por non ponher acentos e un conhazo con estes teclados.
Comment by O Neno — 31 May, 2007 @ 11:25 am