Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

19 July, 2007

Facendo amigos

Filed under: Xeral

Curiosamente, as primeiras reaccións sobre o artigo de hoxe non son as que temía, tendo en conta por un lado ós destinatarios, por outra a que lle montaron a Milleiro e, last but not least, que estaba en castelán.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://sihomesi.blogsome.com/2007/07/19/facendo-amigos-2/trackback/

  1. Eu conto coas mans os castelanfalantes que se pasan ó galego nunha conversa. Mentras que os galegofaantes que se pasan ó castelán se se une alguén falando neste idioma son moito máis numerosos. Supoño que polo famoso complexo diglosico galego. Pero a min preocupanme eses nenos de pais galegofalantes ou ¿tería que dicir castrapofalantes? que seguen a falarlles tan mal os fillos que ó final estes non saben falar ben nen galego nen castelán nen inglés. O problema non se debe a que ós nenos aprendan galego na escola, senón a que os cazurros diglósicos dos pais seguen a falarlles ós nenos nun mal castelán. É dicir, un castelán con construccións galegas, contribuindo así a minar a esencia tanto da lingua galega como da castelán.

    Comment by hormiga — 21 July, 2007 @ 7:49 am

  2. Coido que para entender ben o artigo de El Paīs non hai que darlle moitas voltas ā pureza lingūīstica,nin tan siquera ā existencia de naciōns diferentes.Para min,a clave ē a existencia dunha sociedade con clases sociais.Por iso non falarīa desa maneira deses pais,xente que padeceu unha escolarizaciōn deficiente e ā que nunca lle deu rēdito ningūn a sūa cultura galega.
    A soluciōn,xa que logo,serā poner en valor a cultura galega.O decreto do 50% ven sendo un pasino nesa direcciōn.Como cantaba o sempre acertado Reixa,my country is not Galicia,my country is the working-class.Bueno,non sigo,non me vaia chamar demagogo o tamēn sempre acertado eSedidiō.

    Comment by Alfonso Pardo — 22 July, 2007 @ 10:34 am

  3. O galego non é unha lingua comparábel ao islandés, é un erro grande acreditar niso. O galego (á parte a cuestión normativa) fai parte do sistema galego-portugués. Falamos a mesma lingua que Lula. Así de sinxelo. Saúdos.

    Comment by rábade — 23 July, 2007 @ 11:00 am

RSS feed for comments on this post.

Este blog mudou de servidor, podes comentar este post en:





















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here