Este blog mudou de servidor, agora está en sihomesi.com

si home si

29 July, 2007

Cambio climático

Filed under: Si home si

“Sabes que che digo? A nós vénnos que nindiola o do cambio climático. É o único que nos fai falta en Galicia, máis calor”, confesóuseme un taxista que me baixou do aeroporto un deses poucos días que houbo calor ó comezo do verán. A verdade é que entre a argumentación e a pinta –gafas de sol, camiseta e pantalón pirata- nunca vin a ninguén, non xa favorable, senón tan tremendamente entusiasta dun proceso de alteración do estado das cousas. E menos a un taxista, xente polo xeral firmemente partidaria da orde establecida, por moito pantalón pirata que se poñan. Isto demostra por un lado que a xente cre no que lle peta, e o Cambio Climático (CC) é o novo dogma de fe meteorolóxico, logo da existencia dos microclimas. Polo outro que, como seguramente dirán os economistas, wheater is money (é decir, o clima é diñeiro, e non soamente para os do gremio de Santiago Pemán). (more…)

23 July, 2007

Misterios resoltos

Filed under: Si home si, Matrix Press

Unha das mellores cousas de formar parte do presente é que están resoltos enigmas que se descoñecían no pasado. Por exemplo, sabemos por que chove, aínda que non o faga a gusto de todos. Quedan moitos misterios resolver, tipo por que razón a competencia non mellorou a programación televisiva nin fixo baixar os prezos dos servicios, pero todo se andará. Nestes días últimos, sen embargo, desveláronse arcanos de considerable importancia. Por exemplo, o de Harry Potter.

(more…)

16 July, 2007

Elexía de Elixio

Filed under: Si home si

Hai anos, un colega, Santiago Romero, e eu acometemos o labor de retratar en extenso a unha serie de personaxes que nos parecían dignos de coñecer. Foron case douscentos, uns famosos e outros bastantes menos, e en ningún caso a conversa baixou dunha tarde, e nalgún tiramos coa gravación logo de perdela (a tarde, non a gravación) porque chegamos á conclusión de que non pagaba a pena reproducila. Agora, daquela lista hai algúns ós que se lle foron os quince minutos de gloria, outros acrecentárona, e moitos fóronse co tempo (Fernando Rey, Gonzalo Torrente Ballester) e outros antes de tempo (Carlos Casares, ou os músicos Enrique Macías e Manuel Balboa). Elixio Rodríguez acábase de caer daquela relación de xentes que nos deixaron entrar nas súas vidas, e xa daquela soubemos que pagara ben a pena, porque a súa non foi calquera cousa. (more…)

7 July, 2007

Cousas pretendidamente importantes

Filed under: Si home si, Matrix Press

Paripés sempre houbo. E a utilización dos medios de comunicación por parte de xente aguda é tan vella como a utilización da xente en xeral por parte dos medios. Pero creo que nunca con tanta cara, como evidencian os casos desa competición por determinar os monumentos de máis mérito no mundo e do derrubo da planta dun hotel madrileño a cargo de estresados anónimos (que non é unha ONG nin un colectivo de autoaxuda). (more…)

1 July, 2007

Éxodo

Filed under: Si home si

Comezou xa o éxodo, ou comezará dentro dunha horas. E se vostedes non participan directamente, están igualmente afectados porque ou lle veñen visitas, ou no traballo os que se van non deixan de proclamar que se van, de consultarlles cousas ou de pasarlle polas narices que se van, ou todo á vez. Comeza o veraneo, o fenómeno máis igualitario desde a implantación do sufraxio universal. Porque moita xente non vai de vacacións, pero si sufre as festas do barrio ou se deixa ver nas da aldea, e vai, de grado ou arrastrado, á praia, logo do traballo ou na fin de semana. (more…)

25 June, 2007

Martiño e o casamento trapalleiro

Filed under: Si home si

Non debe ser cómodo ser unha figura pública. Ser, ademais dunha persoa como todas, feita cos materiais privados que se dá ido xuntando, unha imaxe construída polos demais, aproveitando pezas e recambios orixinais ou inventados. Esa imaxe feita a moitas mans está moito máis exposta a crebarse con actos que todos temos cometido aínda que non esteamos orgullosos deles, como darlle unha patada a un can ou unha mala contestación a un pesado. Non debe ser doado ser Manuel Rivas. Nin siquera para el, quero dicir. Pero moito máis difícil debe ser ser Martiño Rivas, quitado que traballes de repoñedor de hipermercado ou de repartidor de pizzas. Porque é cargar con outro fardo, a maiores do propio. (more…)

17 June, 2007

No pudo ser

Escribo isto cando aínda non remataron de todo os partidos. A chea de partidos que se celebraron onte nos 315 concellos, na maioría con resultado máis que cantado pero nalgúns con resultado cantante. No que se deu en chamar de forma grandilocuente as sete grandes cidades, saíu o que todo o mundo sabía –ou se temía- que ía pasar. Foi que si, pero se atendemos ó que foron contando e nós reproducindo, puido ser que non. E de ser que non, un extraterrestre–ese teórico marciano do que sempre botamos man retórica para explicar algo inexplicable nun entorno racional— chegaría á conclusión de que foi, polo menos na Coruña, polas diferencias sobre o galego. (more…)

10 June, 2007

Chinda, chinda

Filed under: Si home si

Un señor que chegou a presidente do Comité Olímpico Español polos seus méritos, que non cuestiono porque os descoñezo, propuxo dotar dunha letra ó himno de España, co obxectivo de que o canten os representantes das federacións deportivas españolas nas competicións internacionais, e así eses abnegados traballadores fagan o seu ingrato labor algo máis motivados. O caso é que Mariano Rajoy, sempre ó quite dos problemas reais que afectan á sociedade española, distraída con reformas estatutarias e outros trangalladas, aferrouse á proposta como un mastín ás sobras dun churrasco. (more…)

3 June, 2007

e 4: O ganar non ten cancelas

Todo o mundo fixo xa a súa análise dos resultados das eleccións, e mesmo hai quen, como Núñez Feijoo, reanaliza de vez en cando. Así que permitan que me aproveite e faga eu a miña, que se resume en dúas verdades incontestables: Unha, que desta vez si que ganaron todos. Outra, que parece que os resultados en man valen menos que os que andaban por aí voando. (more…)

26 May, 2007

Vota Mengano

Filed under: Si home si

“Vota Mengano, a ti que máis che ten”, era o lema e o motivo conductor dunha miniserie de humor para noites electorais que contribuín a perpetrar hai anos. Era unha ironía, aclaro, tanto para aqueles lectores aínda non almorzados que podan conxecturar que isto sexa un ataque frontal á democracia, como para aqueles outros demasiado novos que non viviron aquela época remota na que na televisión se podían facer experimentos e innovacións, aínda que fosen con gasosa.

(more…)

20 May, 2007

Os retratos electorais

Filed under: Si home si

Así entre nós, e sen que se enteren os meus colegas e moito menos os políticos directamente afectados, esta é a campaña máis levadeira que recordo. Quizais porque a sigo case como un cidadán máis, que a atura porque está no ambiente pero sen ter que contribuír demasiado ó rebumbio.    Mesmo parecen unhas eleccións europeas, convocadas para escoller uns equipos de goberno, sen que estea en xogo a civilización tal e como a entendemos por aquí, tal e como dicían que nos xogabamos en todas as anteriores que recordo, locais ou mundiais, nas que máis que votar parecía que había que escoller qué cable cortar, se o azul ou vermello, para que non estoupara todo e houbera que volver a inventar todo partindo da roda. (more…)

13 May, 2007

Confianza en que faremos máis pensando en ti

Filed under: Si home si

Teño un amigo politólogo que asegura que os slogans destas eleccións, todos en xeral e cada un en particular, son dos peores que recorda. Como el é o que sabe, non llo discutín, pero fágoo agora aquí, aproveitando que é un home moi ocupado que nunca debe ler isto. Aínda que hai que recoñecer que bos non son, a min non me parecen malos, e sobre todo o que son é bastante reveladores. (more…)

7 May, 2007

Pasos a nivel

Filed under: Si home si

Traxedias e mortes hai máis incluso das que pensamos que poderiamos soportar. Algunhas, por frecuentes, como as que provoca o tráfico, nin saen nos titulares. Hai outras, paréceme, que nos afectan como sociedade, que nos implican un pouco a todos. A última desas, a morte deses tres homes no paso a nivel de Valga.

(more…)

29 April, 2007

Astroc e Ieltsin

Filed under: Si home si

Hai veces en que non nos entendo, non. Ós meus colegas, ou mellor dito, ós meus xefes que se encargan de decidir que é importante e que non, e poñelo en portada ou mandalo ó limbo das cousas que puideron ser noticia e non o foron (ou despois sono gracias a internet). Non entendo nin o rebumbio ese da caída da bolsa precipitado pola empresa solarteniente Astroc, nin os panexíricos a maior gloria de Boris Ieltsin, que en paz descanse. (more…)

22 April, 2007

As eleccións en Francia

Filed under: Si home si

Hoxe votan en Francia. É curioso como dos veciños, o que menos coñecemos son os seus usos políticos, da macropolítica á micropolítica, desde as frías institucións ata as acendidas paixóns ideolóxicas. Eu o primeiro, desde logo. O que eu sei do sistema político galo é ese para nós curioso costume de escoller por separado ó presidente (que é do que se trata hoxe) do goberno propiamente dito. Paréceme que ese sistema soamente se pode dar nun pais que presume de racionalidade, e igual que no caso dos Estados Unidos, que usan un método parecido, baséase na morriña da monarquía. Como se non queda claro o ganador hai unha segunda volta, o elector ten a posibilidade de votar de acordo coa ideoloxía a primeira vez e pensando no práctico na segunda. (more…)

14 April, 2007

O exemplo de Alfonso XIII

Filed under: Si home si

Hoxe conmemórase o resultado das eleccións municipais máis determinantes da historia das Españas e non digo do mundo porque o mundo é moito mundo. Pero as eleccións do 12 de abril de 1931 deron paso ó primeiro intento na historia española de que fose a xente a que decidise por si mesma. Non tanto como decidir o seu futuro, porque como dixo o escritor Charles Bukowski, a democracia consiste en votar antes de obedecer, pero alomenos escoller a quen mande, en lugar de que os mandantes se escollesen entre si. Había tanta fame dun dereito que hoxe exerce pouco máis da metade da poboación que nunca un resultado tan cativo conseguiu tanto. Porque as municipais do 31 nin siquera as gañaron estrictamente as candidaturas republicanas. As listas monárquicas trunfaron nas zonas rurais, onde o que se metía nas urnas tiña un valor relativo, e o definitivo era o que se poñía nas actas. se enchían daquela maneira. Pero a sensación de que se producía o que agora se chama “cambio de ciclo” foi de tal calibre que ata Alfonso XIII se deu conta e colleu o portante e a familia. (more…)

9 April, 2007

Queremos unha prórroga

Filed under: Si home si

Remata a Semana Santa, e non sei se son conscientes do feito de que en todo este tempo, que mediáticamente falando é unha eternidade, nin se rompeu España, nin a inepcia do Goberno nin a mala intención da Oposición nos fundiu na miseria nin nos precipitou nos abismos máis profundos. As posibles explicacións deste fenómeno de suspensión da realidade cotiá (que se rompe España, que ETA manda en Zapatero, etc.) son dúas que no fondo son unha: non pasou nada diso porque tampouco pasa o resto do ano e démonos conta porque a clase política tamén colleu vacacións. Cando a nosa clase dirixente deixa a aguillada de dirixir e crispar nós, cal rabaño rumiante, pacemos máis ou menos tranquilamente por onde nos presta. (more…)

1 April, 2007

O galego e o seu paquete

Filed under: Si home si

Se hai algo propio da idiosincrasia do galego, é viaxar sempre cun paquete para alguén. “Vou a tal, ¿queredes algo?” é a forma de anunciarmos as viaxes. Cela contaba que, unha vez que foi a Brasil, déronlle un paquete para un que vivía algo afastado. Desde Río de Janeiro, o escritor colleu outro avión, un tren, un coche de liña, unha especie de furgoneta e desistiu cando lle dixeron que para facer a entrega tería que continuar en piragua. Era unha esaxeración, evidentemente (sobre todo se pensamos no carácter que tiña o mandadeiro), pero eu levei unha chea da latas de sardiñas e bonito a Venezuela, e un bote de mirabeles a Mozambique. Sen dúbida é esta curiosa tradición a que impulsa á nosa clase política a viaxar mundo adiante levando cousas, e non outras motivacións menos altruístas que estes días son obxecto de controversia política. (more…)

24 March, 2007

Criterios xudiciais

Filed under: Si home si

Saber que a obxectividade non existe é como unha especie de contrasinal co que os periodistas identifican ós que son do gremio. E verdades hai moitas, non tantas como xente pero si máis que relixións. Todo foi sempre bastante depende, pero contra ese relativismo extremo que tanto alarma ó papa Bieito sempre houbo algo que se chamaba criterio. Era unha virtude semellante ó sentido común, algo máis escasa e máis precisa. Agora, sen embargo, parece estar en perigo de extinción. (more…)

17 March, 2007

Arte de planear

Filed under: Si home si

Canta máis información se teña e se dispoña de máis datos, mellores decisións se toman. E as institucións públicas, como teñen ferramentas bastantes para facer estudios e análises e non están guiadas por intereses particulares, escollen as opcións que favorecen a todos, e se non pode ser a todos, polo menos á maioría. Se está de acordo con esto adiántolle que non lle vai gustar o que vén. (more…)

11 March, 2007

Políticas e empresas

Filed under: Si home si

Penso que aínda non comprendemos o duro que é o duro mundo empresarial. Como calquera outra sensación, por moito que digamos que o entendemos, que nos solidarizamos, que acompañamos no sentimento, non hai tal. O malo de ser un gran capitán da industria non é sentir o desapego das clases modestas, tradicionalmente inmersas na querencia funcionarial. Ou afrontar aqueles vellos resentimentos ideolóxicos anticapitalistas, que xa se encargan de ridiculizar nos seus discursos os que os defendían cando eles eran novos. Non, o malo é gobernar o temón dunha grande nave e estar ó que sopren os ventos da política. (more…)

25 February, 2007

Idoia en Herat

Filed under: Si home si

Hai casos nos que, como lle pasaba ó Castroforte del Baralla de Torrente Ballester, o ánimo xeral se suspende e levita por riba da realidade. Aínda que sintamos distinto, todos dicimos o mesmo. Casos como, por exemplo, o desa pobre rapaza dunha aldea de Friol morta en Afganistán. Idoia en Herat parece o título dunha traxedia grega, e todos os elementos fan que en efecto, sexa unha traxedia. Desde o fado fatal da súa vocación militar desde nena, ata o plus de dor para a familia que debe ser que fose filla única. Pero a traxedia persoal, grega ou de Friol, non pode ocultar dúas realidades sobre as que non deberiamos levitar, senón ter ben presentes, por incómodas ou inoportunas que sexan. (more…)

20 February, 2007

Cousas que poden parecer antroidadas e que non o son

Filed under: Si home si

Comezou o xuízo do 11-M. Se a cousa non tivese un trasfondo tráxico que ten e me puidese encargar de quitarlle ferro ó tema, porque xa hai xente abondo disposta a aumentarllo, salientaría a desgracia de que coincida no tempo co Antroido, e no espacio con ARCO, a feira madrileña da arte contemporánea. Se puidese etc., apuntaría o peor que lle pode pasar a ese xuízo é que as coincidencias se convertan en semellanzas, porque nesta época poden pasar por antroidadas cousas que non o son. (more…)

11 February, 2007

Carnaval, a modo

Filed under: Si home si

Teñen razón os que aseguran que nunca tal pasou como as que están pasando, e que todo pode acabar moi mal, por moitas razóns, pero sobre todo por como está a xustiza. Falo do auto ese dun maxistrado canario que suspendeu cautelarmente –e decir, por si ascaso- a celebración do carnaval de Santa Cruz de Tenerife, estimando o recurso de sete asociacións de veciños e dalgúns particulares, fartas e fartos do ruído que se monta. (more…)

4 February, 2007

O código Da Sepi

Filed under: Si home si

En momentos coma este é cando lamento as considerables carencias da miña formación, o tempo lamentablemente perdido en actividades escasamente productivas e non ter endereitado a tempo certos defectos de carácter. Se soubera algo de economía, me tivera dado polas lecturas esotéricas ou conspiranoicas tipo Tom Clancy ou Dan Brown, e tivera forza de vontade, en vez de estar aquí facendo chistes a análises de patacón, estaríame aplicando a construír un novelón de éxito seguro, deses entre a ficción e o reportaxe. Desafortunadamente, a causa destas eivas, a cabeza soamente me dá para o título: O código Da Sepi. (more…)

29 January, 2007

En cen anos, todos bronceados

Filed under: Si home si

Pódolles asegurar, sen quedar mal comigo mesmo, que pasei media vida profesional tentando que algún experto me confirmara que había indicios de cambio climático. Non é que fose unha teima diaria, pero si que, en canto se me puña a tiro alguén do sector meteorolóxico, aguilloábao con saña ou imploráballe sen pudor, dependendo do día, para que me recoñecese que o tempo de agora xa non era como o de antes. Nada. Como moito, unha vez, un admitiu case de mala gana ou por piedade que si, que chover chovía o mesmo que choveu sempre, pero quizais o que pasaba é que agora chovía máis ben de noite e por iso tiñamos a idea de que chovía menos. (more…)

21 January, 2007

Síndromes e representantes

Filed under: Si home si

Un espido, con epicentro en Arcade, sacude o mundo. A favor conxúranse as plumas máis sensibles e en contra maniféstanse os espíritos máis descridos. Facía tempo que teorías como esa na que interveñen dúas carretas como elemento comparativo non suscitaban tanta polémica social. É reconfortante comprobar a vitalidade da idiosincrasia galega na faceta de suscitar grandes debates sobre cuestións de fondo e esencia. (more…)

13 January, 2007

Momentos verdadeiramente históricos

Filed under: Si home si

Imaxino, non sei por que razón, que os asistentes ós momentos históricos, sexan protagonistas ou espectadores, non son nunca totalmente conscientes da importancia do asunto. Falo dos momentos máis ou menos históricos, non dos partidos/vodas/ do século que se producen con periodicidade semestral ou dos acontecementos do ano que se repiten puntualmente cada quince días, tres semanas máximo. Eu, sen embargo fun este xoves cubrir informativamente (é decir, a ver se pasaba algo, e logo, pasara ou non, contalo) a Conferencia de Presidentes autonómicos, sen máis expectativas que a de non mancarme, e foi como se levara un golpe na cabeza: descubrín a verdadeira esencia de por que a clase política é como é. Ou, para ser máis exactos, revelóuseme o mecanismo polo que algúns políticos se van convertendo no estereotipo que temos de como son os políticos. (more…)

6 January, 2007

A secta navideña

Filed under: Si home si

Como están lendo isto, vostedes estarán tranquilos e felices, na casa ou fóra, almorzando ou tomando unha caña, ou sentados nun banco, mentres ó seu redor nenos non menos felices, propios ou alleos, andan dun lado para outro carrexando xoguetes ou deixándose carrexar por eles. É esa estampa dun mundo idílico, aínda que sexa soamente un chisco, coa que empezaban as películas de David Lynch. Eu estou agora preparándome para o que viña logo nesas mesmas películas: un pesadelo, unha sobredose de horror cotián. (more…)

30 December, 2006

O que deu de si 2006

Filed under: Si home si, Matrix Press

Por estas datas, todos os medios de comunicación se poñen a facer un repaso do ano. Os temas máis decisivos, as crónicas máis incisivas, as reportaxes máis descritivas, as imaxes máis impactantes, os vídeos máis rechamantes e os sons máis suxerentes destes doce meses. É xa unha tradición compilatoria que supoño que naceu –e no caso concreto desta columna é por esa razón – para dar enchido neste época de escaseza de noticias. Para poder entrefrebar algo de información entre tanta publicidade, ou quizais pola mesma estratexia comercial das discográficas de vender en cd o material que antes nos colocaran en vinilo: para colocar dúas veces un material xa amortizado. (more…)

24 December, 2006

A Niña Lola e a familia Vázquez

Filed under: Si home si

Cando a clase política – ou incluso a tropa periodística- se pon moderna e pragmática, adoita sentenciar que os símbolos teñen a súa importancia, pero secundaria e sempre que non sexan obstáculo ós asuntos realmente serios. Non deixa de ser unha contradicción, porque se hai xente instalada no simbólico son os políticos, que se dan por definidos por elementos tan simples como un color (azul, vermello, negro) un logotipo ou unha posición espacial (dereita, centro, esquerda). Pero a demostración palpable de que os símbolos teñen importancia, ou máis ben de que llela dan, témola ben presente estes días. (more…)

18 December, 2006

Resolvendo os Problemas

Filed under: Si home si

Nunca os periodistas – ou as empresas de comunicación- estaremos agradecidos bastante á clase política. Non polo que vostedes pensan, senón polo moito que nos axudan no ímprobo labor de encher papel (e quen di papel, di tempo noutros casos) para poder cobrar un euro porun xornal sen que se nos caia a cara de vergonza. (more…)

9 December, 2006

Phishing

Filed under: Si home si

“Hola amiguis, ¿cómo está tu familia? espero que muy bien, nosotros todos de maravilla, mi mamá, mi papá y mis hermanos afortunadamente muy bien. Fíjate que necesito tu ayuda, hay una página que ofrece el Neo en mensualidades, pero no se muy bien cómo adquirirlo, sabes que no soy muy hábil con el internet. ¿le das un ojo y me explicas por favor? http://www.XXXXX/neo Gracias y espero tu respuesta. Alejandra Campos”. Con este entenrecedor email, quen (ou que) queira que sexa que se agacha baixo o nome da sra. Campos tenta que vaiamos a unha páxina web na que posiblemente nos sacarán os untos. Con parecida sintaxe similar á do castelán, cheganme tamén mensaxes supostamente de entidades bancarias nas que non teño un peso, encarecéndome que vaia á tal páxina para amañar uns problemas indeterminados nas contas correntes das que non dispoño. (more…)

2 December, 2006

Polonio e outras radioactividades

Filed under: Si home si

 Unha pantasma máis percorre Europa. Logo da gripe aviaria (¿que sería dela?) ou as medidas de seguridade nos aeroportos, agora é o momento do polonio 210. O tal polonio é esa substancia que serviu para pechar bocas incómodas (e de paso o resto dos órganos dos incomodadores) para determinados altos intereses rusos, e que agora parece que se descubriu que anda ciscada por medio Londres, de momento e ata que se investigue se a cousa queda aí ou medio continente está afectado.

(more…)

25 November, 2006

Pasmando

Filed under: Si home si

Desde logo, que mundos tan diferentes e que concepcións da vida tan distintas se dan en lugares tan próximos e co mesmo cuberto político administrativo. Refírome a que visións tan distintas hai en Madrid e aquí de aspectos esenciais do ser humano como a lealdade, a coherencia e que prezo estamos dispostos a pagar, ou a poñernos a nós, para conseguir o que queremos. Todo isto, a conto da biografía autorizada de Esperanza Aguirre.

(more…)

23 November, 2006

Non, que va

Unha cousa non quita a outra

16 November, 2006

Prestige?, que Prestige?

Filed under: Si home si

Pasaron catro anos, que non é nada, e a impresión que teño é que moitos terían que facer un esforzo de memoria se lle fixeran esa pregunta e medias entre a efeméride e o interrogatorio policial: ¿onde estaba Vd. o día…? Eu teño a vantaxe de, sen saír do ordenador e sen entrar sequera en internet, recordar que a estas horas os de Muxía, en lugar de mirar o periódico estaban a ver, asombrados, o mar negro. Era sábado e ó día seguinte nunca tanta xente se xuntou aló, quitado para a Virxe da Barca. Pero tíveno que mirar.

(more…)

8 November, 2006

O exemplo EEUU

Filed under: Si home si

Michael Moore, ese gordo da gorra que fai uns documentais tan sarcásticos, mandoume antonte un email (a min e a todos os que se apunten na súa páxina web) especificando cinco razóns para votar nas eleccións á Cámara de Representantes dos EEUU. Cinco que se resumían nunha: este é un referéndum sobre Bush. “Non importa quen é este ou aquel candidato. Vd sabe que son todos máis ou menos iguais, uns mellores ca outros, pero… por favor: son quen son. Para votar a favor da guerra, vote polos republicanos, para votar contra a guerra, vote ós demócratas”. Foi lelo –como puiden, que estaba en inglés- e sacar a conclusión de que deberiamos importar algúns usos electorais USA.

Rick Santorum (sic), candidato republicano ultraconservador , and family, na rolda de prensa da noite electoral no que parece ser o seu cuartel xeral-igrexa particular. (Vía escolar.net)

(more…)

2 November, 2006

Tradicións funerarias

Filed under: Si home si

Imaxino que tamén vostedes verían antonte nenos disfrazados de bruxos, meigas e asimilados. É curioso o que pasou coas tradicións. Por un lado, pasaron de ser un atraso a un adianto. Por outro, convertéronse en móbiles e intercambiables, en contra do que parecía a súa esencia. A maiores, aquí todas esas mudanzas nos pillan co pé cambiado. (more…)

26 October, 2006

Catástrofes

Filed under: Si home si, Matrix Press

Posiblemente vostedes pensen que as cousas ocurren porque si, e os sucesos acontecen onde lles cadra. Lamentablemente, non é certo. O que pasa é porque está de dios que pase, segundo a vella crenza popular, pero o que se ve que pasa está da man de xente que chegou á conclusión de que a verdade é máis verdade se o público ten unha idea previa do que é verdade. Os fenómenos extraordinarios, por decilo á brava, véndense mellor se están anunciados en televisión. (more…)

24 October, 2006

Ai que risa

Filed under: Si home si

Lin este domingo unha estupenda crónica sobre o Clarena II, o novo barco de Francisco Hernando Contreras (a) El Pocero¸ ese emprendedor que, entre outras grandes empresas, acometeu a de construír unha urbanización de milleiros de vivendas  en Seseña, en pleno deserto toledano, sen servicios de ningún tipo, comezando pola auga.

(o Clarena I, by prnoticias)

A inxustiza poética da vocación marítima de alguén que fixo cartos sobre a sede dos demais é dobre: encher de combustible o depósito do iate custa tanto (uns 250.000 euros) como un deses pisos de secano que vende. (more…)

19 October, 2006

Preferencias & queixas

Filed under: Si home si

Hai fenómenos habituais que parecen estarse disparando e deixando de selo –habituais, non fenómenos- e logo resulta que esas presuntas saídas de madre son precisamente evidencias de que se están asentando, como os arrotos anuncian a placidez dixestiva do lactante. Os dous últimos e ben claros exemplos de convulsións teóricas que confirman na práctica a rutina son o Premio Planeta e o topónimo da Coruña. O planetario e o local, sempre da man. (more…)

17 October, 2006

Spam

Filed under: Si home si

Unha das cousas que me admiran do mundo actual é o calculo das perdas económicas provocadas por determinados fenómenos (non é que non me admiren as ganancias, pero esa é outra). Por exemplo, as estimacións dos prexuízos que lle ocasionan ás chamadas prácticas contra a propiedade intelectual ás industrias fonográfico-cinematográficas. Ou o cuantificación de horas e esforzos perdidos que ocasiona o spam, esa marea de correos electrónicos publicitarios que invade os ordenadores. Medir esas magnitudes paréceme algo máis próximo á teoloxía que á economía.

(more…)

13 October, 2006

Bórrico

Filed under: Si home si

Eu son alérxico ó ácido bórico, ou alomenos todo o mundo me decía que a miña alerxia a tocar o marisco viña diso, de que lle botaban bórico para conservalo. Non sei se tiñan razón ou non, porque ó final convertinme en alérxico redondo a calquera relación co marisco, non soamente á táctil (quitado a visual, claro). Así que o bórico perdeu peso específico na miña vida. (more…)

10 October, 2006

Feliciano

Filed under: Si home si, Matrix Press

O sistema habitual de argumentar coma un parvo é elevar unha anécdota persoal a categoría xeral. Pero tamén hai asuntos tan complexos que o mellor xeito de entendelos é en base a unha experiencia individual. En concreto, a min revelóuseme en gran medida os intríngulis do rebumbio que se organizou na pasada década no que foi Iugoslavia cando o xornalista vigués Alfonso Armada contou nunha reportaxe as peripecias que pasou en Sarajevo para recuperar o coche que lle mangaran. Esta fin de semana, no mesmo xornal no que daquela traballaba Armada, exemplificaban o drama da inmigración no caso dun rapaz chamado Abdelgani, pero para min que o símbolo máis acaído do que pasa, ou da imposibilidade de evitar o que pasa é Feliciano. Feliciano Paolo Sampa. (more…)

5 October, 2006

Pocholazos

Filed under: Si home si

oposición municipal de Ortigueira, PSdeG e BNG, solicitou hoxe unha explicación pública e oficial do comportamento que o alcalde, o popular –máis que nunca- Antonio Campos, mostrou no seu encontro con Pocholo. Por se non caen, o edil presentouse no bar do famoso nun estado de euforia natural ou sobrevenida e púxose todo campechano, presumindo da súa vila, do festival celta, da súa fortuna persoal –que evidenciou cunha presada deses míticos billetes de 500 euros- e do seu ascendente sobre as mulleres do seu termo municipal. Todo con dous gaiteiros ó rabo e expresado cunha facundia e unhas maneiras semellantes as dos ligóns das películas de Alfredro Landa. (more…)

3 October, 2006

Negociación non

Filed under: Si home si

Desde logo, non me gustaría estes días estar na pel de Fernando Martín, o que foi presidente do Real Madrid e será propietario de Fadesa. Non soamente por ter que aturar todas as felicitacións que debe estar recibindo por ser o peixe pequeno que deu comido ó grande. Tamén polo inmisericorde asedio telefónico que debe estar soportando. (more…)

29 September, 2006

Conciliando

Filed under: Si home si

A próxima vez que escoiten ou lean algo sobre políticas de apoio á vida familiar, consideren que nesas palabras (sen contar as preposicións) hai alomenos dúas mentiras e outras tantas medias verdades. Por seguir teimando no meu caso, eu era dos convencidos de que algo se fixera polos pais coa paternidade recén estreada: Una leche (maternizada, por suposto), se me permiten a expresión castiza. 
(more…)

26 September, 2006

Fillocracia

Filed under: Si home si

Sen ánimo de atentar contra a igualdade que garante a Constitución, sosteño que hai dous tipos de cidadáns: os que se saben navegar nos mares da burocracia e os que naufragan nela. É unha habilidade innata ou adquirida que non ten que ver coa orixe xeográfica, coa clase social ou co grado de educación. Eu son dos náufragos, dos náufragos redondos, a pesar de que coidaba que me fora espelindo coa experiencia. Foi ter un fillo e comprobalo. (more…)

21 September, 2006

Esperando a G.

Filed under: Si home si

Descúlpeme se está lendo isto empoleirado nun tellado, no medio dun mar de auga lodosa, á espera de que o rescate unha zodiac de Protección Civil ou un helicóptero de SOS Galicia, o que chegue antes. Ou se o lee porque se foi a luz a media noite e non veu desde aquela, e o único dos servicios que nos caracterizan como sociedade civilizada que funciona é a distribución deste periódico e pouco máis. Ou funcionan máis cousas, pero a forza dos elementos e a debilidade dos sistemas de prevención conxuráronse para producir outro drama no mar ou onde sexa, como aventurou nestas páxinas o agoiro de Ánxel Vence. Pero desde a placidez do momento en que eu escribo isto, nunha tarde noite desas que nos lugares pequenos a xente aproveita para poñerse a falar diante das portas das casas, o do ciclón-furacán-tormenta tropical Gordon parece unha cousa tan allea como o golpe de estado de Tailandia, gracias ó que soupemos que en Tailandia había democracia, a monarquía era constitucional e mandaba un tal Sinatra. (more…)

19 September, 2006

Si e non (Bieito XVI e os lumes)

Filed under: Si home si

Anda Bieito XVI todo preocupado polas consecuencias das súas declaracións sobre o islam. E máis preocupada aínda ca el anda a cristiandade que exerce en países onde impera a relixión vilipendiada e que nalgúns casos está no punto de mira (no senso estricto de punto de mira). Aínda que non lle sirva de nada, nin a el nin ós apuntados, penso que Ratzinger-BXVI ten razón no que dixo, pero non no que calou. Exactamente igual que os manifestantes de SOS Contra o Lume. (more…)

14 September, 2006

Estrañaríame

Filed under: Si home si

  Spectra  Quizais a algúns lles pareza raro, pero non estou de acordo coas críticas que lle fixeron ó PP por instruír ós seus alcaldes para que fosen a modo e sen herniarse á hora de facer as brigadas contra os lumes. Non estou de acordo co que dixo José Blanco de que esa estratexia revelaba que a famosa trama incendiaria existe, e está nos despachos do PP. Nin tampouco coa petición que lles fixo Anxo Quintana de que aclarasen se mantiñan a mesma postura de non apurar cando xa ardían os montes. (more…)

11 September, 2006

Natascha

Filed under: Si home si

Antes había xente á que soamente lle quitaron unha fotografía na vida, a do carné, ou nin siquera, porque a algúns sacábanllas de morto para lembrar como era, como aquel pai do conto de Castelao que lle pedía que debuxara ó fillo que agoniaba. Agora, calquera persoa amorea milleiros de imaxes ó longo da súa existencia, desde que nace ata que morre, e mesmo antes, porque están de moda unhas ecografías tridimensionais e en color que parece ser que sacan ó feto cuspidiño a como vai ser, para ir afacéndose á pinta que vai ter e poder ir discutindo xa a quen se parece. No mundo occidental soamente debe haber unha excepción a esa sobredose icónica:  Natascha Kampusch, a rapaza austríaca que non tivo imaxe ningunha entre os 10 e os 18 anos, e agora é das caras máis difundidas por todo o mundo. (more…)

7 September, 2006

Empresas

Filed under: Si home si

Entre as argumentacións que escoitei no debate no Parlamento sobre os incendios, ou alomenos unha das poucas que me quedou, foi unha de Carlos Aymerich de que cando non hai planificación pública, haina privada e o resultado está a vista. Non houbo, ou alomenos non me quedou, reacción ningunha, política ou mediática, o que non deixa de ser sorprendente, porque calquera liberal que se prece, neo ou paleo, se tiraría á xugular denunciando o rancio estatalismo intervencionista dese argumento.  

     (more…)

5 September, 2006

Rodeo

Filed under: Si home si

Pasoume a min e posiblemente a moita máis xente. Que estaba/estabamos máis pendentes doutros asuntos, e soamente así se entende que pasara medianamente desapercibido o caso da redada antiambulantes da semana pasada na rúa Real. Pois tarde piaches, dirá algún, con toda a razón, ou case. A parte que lle falta e que eu teño é a de qué pasou ou que está pasando para que a cousa non fose a maiores e non collera as súas xustas proporcións, as dun auténtico escándalo. (more…)

31 August, 2006

Baby boom

Non sei ata que punto é unha apreciación subxectiva, dáme que hai unha chea de xente tendo pequenos/as ou inmersos no proceso. Que hai un certo baby boom, con permiso dos demógrafos. Con permiso dos economistas, quizais sexa pola obviedade de que nunca os nenos foron un ben tan escaso, e polo tanto valorado. E co permiso dos sociólogos, quizais se deba a que unha parte importante da sociedade, a máis influenciable polos ires e vires do entorno, se sinta máis relaxada desde que non parece obrigatorio terse que reproducir. (more…)

29 August, 2006

O de sempre

Filed under: Si home si

Non sei se viron o anuncio ese tan bonito e tan plástico no que dúas pandillas urbanas de deseño están radicalmente enfrontadas sobre se o é mellor o sabor clásico dun refresco ou a nova versión light  Cando xa están a piques de iniciar unha loita coreográfica e intercambiarse tremendos pas à deux e espagats mortais, os feroces contendentes descobren que o clásico e a novidade saben igual, e acougan. Se non o viron, fagan por velo, porque é unha alegoría da polémica dos incendios. (more…)

22 August, 2006

Acelerados

Filed under: Si home si

Realmente, a maiores do cambio climático, o Mundo este debería mandar mirarse o ralentí, a ver se é que estamos acelerados de máis. Non sei se lles pasa o mesmo, pero nestes días que queda agosto e verán para rato, a sensación que teño é de que rematou todo. Sinto a mesma anguria que me estragaba de pequeno os domingos pola tarde, ó pensar que remataba a fin de semana e o luns cedo había que reingresar no colexio. (more…)

17 August, 2006

Nas mesmas

Filed under: Si home si

Desgraciadamente, despois dun tempiño de descanso no que poder reflexionar e cavilar sen a distorsión da urxencia (ou como decía o finado Cándido, sen que a actualidade agache a realidade), sigo nas mesmas. Ou pode que en peores. Sen saber máis, ou sen ignorar menos, do porqué dos incendios. E o malo non é que eu siga sumido na inopia, senón que non vexo moito máis clarividencia en quen debería tela. E tampouco percibo siquera ese agrupamento social instintivo ante o perigo común que ten calquera grea de herbívoros cando ventan a un felino. (more…)

9 August, 2006

Eu tampouco

Filed under: Si home si

Non, eu tampouco sei o porqué desta saña incendiaria. E non é porque non me preocupe, nin porque non pase dous tercios do día facendo preguntas ou zafando de dar respostas sobre o asunto. E tamén, como a vostedes, me doe, por moito que debería ter o distanciamento que hai que ter sobre calquera materia profesional. Aféctame, e sigo sen entendelo.

LUME (Vitor Mejuto, La Voz de Galicia)

(more…)

3 August, 2006

Cigarras e formigas

Filed under: Si home si

Que mal repartido está todo, de verdade. Non é que estean mal distribuídos os bens escasos – ese clásico da reivindicación social -, é que ata se reparten mal os abondosos. E non falo de abundancias como a cantidade de sol, a extensión das praias, a azulinidade do mar, a beleza e donaire da poboación, e todas esas cousas que nos pregóns se agradecen á Providencia. Refírome as obras de enteira responsabilidade humana, mesmo municipal.

(more…)

1 August, 2006

Oriente

Filed under: Si home si

Antes estaba mal visto referirse a situacións inxustas ou queixarse delas se non se apuntaban ó tempo as causas que as producían. No imparable proceso de modernidade e progreso, agora vese con malos ollos o simple feito de queixarse. Sinalar unha situación constitúe xa unha mostra inadmisible de parcialidade. Pasoulle ó outro Pereiro, a Óscar, a quen só a posibilidade de ganar o Tour nos laboratorios o salvou da polémica que lle viña enriba por poñer unha camiseta na que reclamaba que se parara de botar mísiles. (more…)

27 July, 2006

Verán

Filed under: Si home si

Quizais estea lendo isto porque ten un certo interese no que lle podo contar, ou porque repartiron o periódico entre varios e a vostede tocoulle esta páxina, pero en todo caso, coa confianza que dá compartir este pequeno espacio, permítame que lle pregunte: ¿de verdade o pasa ben no verán?. Xa sei que o tempo é máis levadeiro, que hai festas por todos lados, que é época de vacacións, que si el mar, el sol, las gaviotas y tú. Pero, ¿pásao ben, o que se di ben-ben? (more…)

25 July, 2006

Día dos circos

Filed under: Si home si

Creo que xa lles teño comentado o caso dun coñecido meu que herdou un circo. Un día, sen previo aviso, viuse propietario dun circo enteiro en Italia que lle deixara un parente remoto, e do que non tiña máis idea (falo do circo, non do parente) que un vídeo do espectáculo que lle mandaran os propios artistas, en parte para presentarse e sobre todo para que decidira que facer con eles. Estes días cheguei á conclusión de que o de herdar circos é bastante máis habitual do que parece. (more…)

20 July, 2006

70 anos

Filed under: Si home si

“¿Como é que non tocaches o tema do 18 de xullo na columna do martes 18 de xullo?”, estrañouse onte un coñecido. “Foi un desexo incontrolable de facerme o orixinal”, contesteille, botando man do primeiro que se me veu á cabeza. Non sei se o enganei, pero a vostedes, que son máis e están parapetados tras da pantalla, seguro que non lles cola. A verdade é que o asunto do golpe militar do 36, ou mais ben as historias persoais e concretas sufridas daquela, sempre me puxeron os pelos crechos e os ollos de guerra. (more…)

18 July, 2006

Ruídos

Filed under: Si home si

Nas vacacións, a miña dieta mediática transfórmase da composta habitualmente por elementos informativos á unha inxesta máis desganada e dispersa. Dentro dese picoteo, chamoume a atención antonte unha crítica acerba de Javier Marías ó comportamento dos seguidores da selección española de fútbol, ós que cualificaba como os máis túzaros e horteras de todos (alomenos de todos os participantes) e o que é peor, de representantes e símbolos da mala educación e da irresponsabilidade que preside a sociedade española toda. (more…)

13 July, 2006

Postito

Filed under: Si home si

O outro día, nunha área de servicio –xa lles teño comentado que paso medio verán apatrullando as vías de comunicación, ese clásico galego- vin un xogo deses cos que distraer ós nenos do que realmente os entretén, fozar nos andeis da tenda de lambetadas e souvenirs. Era un recinto que imitaba a área pequena dun campo de fútbol, e había que meter unha pelota nun buraco. Unha enorme fotografía do ex atlético Kiko aconsellaba como introducila (e de paso evitar romper algo): “rasita y por el centro”. “Rasita?”, que ten de malo “rasa”? É unha concesión paternalista á idade e presunta mentalidade dos participantes?, ou –témome- unha mostra máis dese fenómeno diminutivista que asolaga á sociedade? (more…)

11 July, 2006

Mentes criminais

Filed under: Si home si

O mundo catódico vai por modas, e agora as excelentes series que trunfan na televisión son un canto á especialización. No revitalizado xénero médico/hospitalario, House é a apoloxía dos dialoguistas sen barreiras e do ollo clínico (e da eficacia inmediata dos tratamentos, todo hai que decilo), mentres Anatomía de Grey xira exclusivamente arredor do planeta MIR. Pero o fenómeno é máis agudo no xénero de investigación criminal. Os varios CSI solucionan casos exclusivamente por métodos empíricos e por completo físico-químicos, analizando (eles chámano “procesando”) o cuspe que atopan na herba do xardín da víctima, mentres os de Mentes criminais traballan unicamente o sistema especulativo, facendo un retrato robot da conducta criminal e logo localizando a quen se axeite a el. Crossing Jordan mestura as autopsias coa tensión sexual máis ou menos resolta. The Closer é unha serie de interrogatorios e resaibos do machismo. O tradicional sistema de descubrir ós malos polo método deductivo e trincalos logo de learse a tiros ou mamporros non ten representación catódica. (more…)

6 July, 2006

Vacacións

Filed under: Si home si

VACACIÓNS

Estou de vacacións e teño fundadas sospeitas de que as rematarei igual ou máis canso que ó comezo, o mesmo que case todo o mundo ataca a semana os luns máis esbandallado que a remata os venres. Polo menos se o resto dos días van ó ritmo destes primeiros. (more…)

4 July, 2006

Puntos

Filed under: Si home si

Non sei como levan agora a nova vida, desde que apareceron nela os puntos. Eu estes tres días paseinos apatrullando a A9, darriba para abaixo e de abaixo para máis abaixo e volta, e notei máis cambio no tráfico do que pensara que ía haber. E polo que notei, estráñame bastante a chea de tantos que conseguiron os axentes de tráfico. (more…)

29 June, 2006

Era visto

Filed under: Si home si, Destafoi

Hai desenlaces con menos suspense que unha serie policial de producción española. Non falo da brillante traxectoria da selección de Luís Aragonés e o seu firme compromiso coa historia mundialística, senón do debate do Estatuto Galego, aínda que os dous procesos teñen algo en común: todo o mundo sabe como van acabar, pero os implicados negan o evidente e os medios de comunicación argallan caceroladas, conxurados na misión de que non decaia o espectáculo. (more…)

27 June, 2006

Drogas

Filed under: Si home si

cocaine wineOnte celebrouse en todo o mundo o Día Internacional Contra El Uso Indebido Y El Tráfico De Drogas. Non sei como o celebraron por aí (sei que, en China, executando a catro narcotraficantes) pero aquí celebrouse coma sempre, con consellos, estatísticas estarrecedoras, declaracións públicas, folletos, e sen recoñecemento ningún de estar fracasando absolutamente. (more…)

22 June, 2006

Ir presos

Filed under: Si home si

Hai xente que está grandemente preocupada por decisións do Goberno como o Estatut (aínda que non sexa unha decisión gobernamental), as negociacións con ETA (aínda que, polo que se ve, tamén dependen bastante dalgúns xuíces) ou o porvir da selección do Mundial de fútbol (aínda que Zapatero cumpre aí o mesmo papel que Rappel). Eu si estou enormemente preocupado por decisións que si toma o Goberno: a prevista modificación do Código Penal en materia de tráfico. (more…)

20 June, 2006

Botos

Filed under: Si home si

O luns 19, día de análise do referendo do Estatuto Catalán, cumpríase un ano de outro referendo, aquel no que Galicia decidiu se lle concedía unha moratoria ó fraguismo ou daba por liquidado o contrato. Nos dous casos saíu que si, e nos dous se produciu un fenómeno, chamémoslle curioso para non chamalo preocupante, que é a posta en cuestión dos resultados polos perdedores. Máis curioso sería, desde logo, que os cuestionaran os ganadores, pero o preocupante é que o fagan pais da patria e do invento, xente que vive diso, e non os socorridos sectores antisistema. (more…)

15 June, 2006

Pasarela

Filed under: Si home si

Penedos de Pasarela
Non, non é a pasarela Cibeles, nin a Gaudí, aínda que tamén é unha mostra da creación e unha oportunidade de negocio. É a Pasarela de Vimianzo, un lugar coroado por un penedos que son a proba máis definitiva de que a natureza supera á arte. E tamén outra proba non menos definitiva de que, a pesar de séculos de civilización, o ser humano evoluciona máis na forma que no fondo. (more…)

13 June, 2006

Mundial

Filed under: Si home si



O fútbol é un espectáculo baseado nun deporte que, como todos os deportes, a uns préstalles e a outros non, e como a maioría dos espectáculos, gusta a calquera se é bo, e máis cando hai unha implicación ou identificación emocional con algún dos participantes. Hai xente que un domingo súa con Rafa Nadal, o luns vibra con Fernando Alonso, o martes estremécese con aquel Juanito que era un esquiador español ata que se descubriu que era un alemán dopado, e o mércores papa o partido da previa da Champions entre un equipo danés e un lituano. Outros, pola contra cambian de cadea en canto ven na pantalla algo redondo e alguén en pantalón corto. Logo hai uns que nin tanto nin tan pouco (aínda que, coma min, subscriban aquelas palabras do mítico adestrador do Liverpool, Bill Shankil, “o fútbol non é só unha cuestión de vida ou morte. É algo máis importante que todo eso”). Ditas estas xeneralidades, a promoción do Mundial nos medios é o máis parecido ós métodos mussolinianos de adoutrinamento. (more…)

11 June, 2006

O urbanismo e as galiñas

Filed under: Si home si

Se en algo estamos todos de acordo, os que pensan que ZP sigue a estratexia de ETA e viceversa e os que consideran que oxalá as tácticas de ZP e ETA deberían aproximarse, os que reciben o Mundial de Fútbol como ó Santo Advenimiento e os que o asimilan á chegada do Anticristo, é que o urbanismo debe ser sostible. (more…)

8 June, 2006

Toques II

Filed under: Si home si

alcalde de Toques
Para todo hai que valer. Eu souben desde hai tempo que non valía para profesor de autoescola, xuíz ou médico, e antonte confirmei que tampouco serviría para avogado. Antonte asistín en calidade –é un decir- de denunciante ó xuízo de faltas contra o alcalde de Toques por aquel chusco asunto de hai dous anos e medio, cando aparecemos dúas ducias de xornalistas na casa consistorial na inxenua crenza de que ía dimitir logo de que o condenaran por abusos sexuais a unha menor. Si se acordan, resultou que non soamente non dimitiu, senón que nos botou de mala maneira do salón de sesións, axudado por uns secuaces, ó becerreiro modo, a golpes e a gorrazos. (more…)

6 June, 2006

Funcionarios

Filed under: Si home si

O outro día tiven que facer unhas xestións coa administración autonómica. Nada do outro mundo, un tema de papeleo. Como todos os inseguros, repasei unha chea de veces os documentos a adxuntar, a ver se faltaba algún. Logo asaltoume a dúbida propia dos que non temos especial relación coa burocracia: ¿o prazo de entrega inclúe ou exclúe a data límite? Chamei ós servicios centrais para resolvela. Atendéronme á primeira, pasáronme de contado co servicio axeitado e sacáronme da dúbida (a data límite está incluída no prazo), todo en galego. Xa saía pola porta cando me decatei de que non consultara outra parvada. Dábame corte chamar outra vez á Xunta e marquei o número da delegación coruñesa. Non contestaban, así que chamei á doutra provincia. Alí colleron: “Sí, un momento que le paso…[ruído de tecla]… Teresa, ¿como se pasa una llamada? ¿Puedes coger aquí?” Teresa resolveume –en castelán- a dúbida. Cando por fin, recontados os documentos e resoltas as dúbidas me acheguei a entregalos, non puiden adiviñar en que idioma me atenderon (é decir, non me atenderon en ningún, colléronos e santas pascuas), pero de fondo escoitábanse : “ya le dí a aceptar, ¿y ahora que hago”.

(more…)

1 June, 2006

Debate do todo e a nada

Filed under: Si home si

Todo nesta vida ten a súas servidumes. Ataco esta columna sobre o Debate del Estado de la Nación (DEN) co mesmo entusiasmo co que afronto as visitas ó dentista. Son obrigas suponse que inevitables, e a de opinar sobre os intríngulis do DEN debe selo, porque o fai todo o mundo, e algúns incluso despois de soportalo atentos e tomando notas. Particularmente, o formato paréceme tan caduco como o da Copa do Rei, e as consecuencias de ganar ou perder igual de irrelevantes, coa diferencia de que no debate non existe a posibilidade de que triúnfe un equipo pequeno. (more…)

30 May, 2006

Os dedos e os parvos

Filed under: Si home si

Inmersos en debates cruciais como o da saúde deportiva da selección española a raíz do partido contra Rusia, ou a de Rocío Jurado despois das declaracións da Ministra de Cultura, posiblemente se lles escapou o detalliño do Centro de Estudios Galegos de Rennes (Bretaña), no que despediron á lectora de galego por criticar que alí o único relacionado con Galicia era a orixe da transferencia bancaria mensual. Non é raro que se lles escapara. Igual que na trama da Deputación de Lugo, na que o problema parecen ser as poucos discretas formas do fiscal, este asunto é un exemplo daquel proverbio adxudicado ós chinos de que cando alguén sinala a lúa, os parvos reparan no dedo. (more…)

25 May, 2006

Matrix-sport

Filed under: Si home si

Quéixanse os ciclistas de que volve estar de moda o seu deporte, e non pola épica dos esforzados da ruta e pola lírica da serpe multicolor, senón por mal, polo novo escándalo do dopping. E quéixanse con razón, con tanta que é doble: unha porque os meten a todos no mesmo saco e outra porque os meten os que os ven matarse a pedaladas na tele mentres se mazan a cañas ou copas de coñac. E deberíanse queixar por unha máis: polo agravio comparativo que sofren con outros profesionais do deporte virtual, os futbolistas, alomenos os futbolistas dos equipos italianos.

matrix (more…)

23 May, 2006

As tribulacións dun lucense en Lugo

Filed under: Si home si, Destafoi

Seguín estes días as tribulacións duns lucenses en Lugo ocasionadas polas aventuras investigadoras dun fiscal vasco na Corte do rei Cacharro. Simplificando a farfalla xurídica destes casos, do que acusan ó referente conservador lugués é de repartir desigualmente os cartos. Cousa que se xa está mal vista nas familias, nas institucións por riba é delicto. (more…)

18 May, 2006

Pasou o Día

Filed under: Si home si

Vostedes estarán coa resaca do Día das Letras Galegas (DLG), escangallados por ter disfrutado dun festivo coa mesma ansia como se fose unha fin de semana enteira, pero peor estou eu, que estou sachando na tecla o propio festivo. E dito esto, chega de queixarse, non convén chorar máis, como dixo hai medio século Luis Pimentel e onte mesmo Anxo Quintana (proba de que ó pobre Pimentel non lle fixemos moito caso, e eso que era médico). En resumo, a chorar á casa-cuna, que din por aquí, porque o DLG está moi ben, pese ó que se diga ou digamos. (more…)

16 May, 2006

Hai debate

Filed under: Si home si

O bo do Día das Letras (Galegas, refírome) é que se promove un debate ausente o resto do ano, como no Día da Fibromialxia se fala da fibromialxia. Curiosamente, o debate non é sobre a forma (a literatura galega), senón sobre o fondo (o idioma no que se constrúe esa literatura). E se a forma vai como unha moto, máis ou menos, todos os indicadores apuntan a que o fondo vai cara o ídem. Hai unha chea de estatísticas que o evidencian, pero abonda con unha: en cada xeración o seu uso baixa un 20% con respecto á anterior. E hai un dato pouco científico, pero para min revelador: o descenso na utilización é máis acusado nas mulleres. Elas son na maioría das sociedades as que se encargan da transmisión de valores, elas foron as que pasaron de inculcar mercadorías caducadas como o ardor guerreiro, así que se agora lle empezan a tomar o número ó idioma, que se vaia preparando. (more…)

11 May, 2006

Timo da estampilla

Filed under: Si home si

“350.000 españoles afectados, los Reyes en el Fútbol, Zapatero diciendo que España marcha muy bien y Zaplana preocupándose que castiguen a los policías y 350.000 familias con sus ahorros perdidos, más de uno sin dormir en la noche. Yo le digo al presidente que arregle este tema y por lo menos que nos entreguen lo pagado porque si no lo hace perderá las próximas elecciones”. Esta é unha das opinións verquidas na caixa de desafogos que abriu a edición dixital dun periódico sobre o rebumbio económico filatélico. O asinante non tería moito discernimento á hora de investir, pero é espilido como un allo á hora de resumir o estado da cuestión. (more…)

9 May, 2006

Eco-jet

Filed under: Si home si

baronesa, alcaldesa
Posiblemente non sexa nada grave, pero debería facermo mirar. Tampouco é que teña malestar ningún, pero síntome raro estando de acordo con xente como Carmen Cervera ou o príncipe Carlos de Inglaterra. Xa sei que tanto pode ser unha síntoma pasaxeira como que me estou facendo urbanoconservador. (more…)

4 May, 2006

Hispanos

Filed under: Si home si

latino bueno latino malo

Estes días, todos os que opinamos de algo non porque saibamos senón porque nolo piden, largamos sobre dous acontecementos: o Evazo, a nacionalización dos hidrocarburos que decretou o presidente de Bolivia, Evo Morales, e o hispanazo , a protesta que os hispanos que viven nos Estados Unidos fixeron en demanda dos seus dereitos. Dous fenómenos coincidentes na terra (América) e no tempo (o 1 de maio) e que son as dúas caras da mesma moeda, aínda que se presenten como o paradigma do hispano bo e o hispano malo. (more…)

1 May, 2006

Día do traballador

Filed under: Si home si

Estou nunha terraza tan pancho, entre familia e colegas, rodeado de xente contenta que recolle bandeiras e bártulos de se manifestar, sen máis achaque que ter que botar man dun periódico atrasado porque os do día están pillados. No meu exemplar, unha grande empresa proclama a todo trapo que se determinado departamento autonómico non lle dá vía libre a un proxecto que ten medio paralizado, irase co multimillonario investimento a outra parte. Ou sexa, algo que podería estar entre a denuncia da inoperatividade administrativa, que é como o presenta a información, e a chantaxe empresarial, que é o que ven sendo no fondo. (more…)

27 April, 2006

14, 25, 26

Filed under: Si home si



Abril é o mes máis cruel, reza o verso quizais máis popular de T.S. Eliot. Onte a antonte, 25 e 26, foron días de efemérides, e tamén houbo outra o 14. Para os eses amantes das cifras redondas impulsadas por organizadores de conmemoracións e publicistas, os 75 anos da proclamación da II República Española, os 32 da Revoluçao dos Cravos en Portugal e os 160 dos Mártires de Carral en Carral (Galicia). En España e Portugal celebran dúas eclosións de esperanza, remataran como remataran. Aquí, unha derrota, para variar. (more…)

25 April, 2006

Pedir

Filed under: Si home si

A Xunta debería axudar á musica galega. Non é menos certo que a Administración ten que facer unha aposta decidida polos proxectos de investigación punteiros. E non cabe dúbida de que as institucións deberían apoiar as empresas que levan por aí adiante a bandeira da nosa creatividade. Todos de acordo, supoño, incluído eu. De feito, estaba de acordo con todas estas peticións cando as escoitei días pasados das respectivas bocas dos interesados. Pero algo debeu pasar, quizais escoitei demasiadas e demasiado xuntas, que non as dei dixerido de todo, e aínda me repiten. (more…)

20 April, 2006

Especificidades

Filed under: Si home si, Matrix Press

o home da macheta
Estes días rexurdiu o eterno debate da especificidade ou non especificidade –a maneira non insolidaria e non excluínte de dilucidar se somos diferentes ou non- a conta dos accidentes. Se nos matamos máis por ser específicos sen recoñecer ou por directamente burros ó volante. Como o asunto dará moito máis de si cando o ministro Sevilla dea permiso, eu poño riba da mesa unha especificidade clara e indiscutible que descubrín mesmo antonte, aínda que xa había síntomas: os nosos sucesos son completamente específicos e propios, singulares sen deixar de ser plurais. (more…)

18 April, 2006

Tráfico

Filed under: Si home si

meis

A todos se nos encolleu o espírito cos accidentes de tráfico desta semana santa, incluso cos espíritos previamente encollidos polo despliegue de capuchóns, sangue, fervor e lágrimas que inundou as televisións estes días. Como estas vacacións non teñen fío conductor ningún –nin o sol/mar do verán, nin a familia/regalos do Nadal- o tráfico e as súas circunstancias –número de desprazamentos, puntos negros, operacións antes de entrar deixen saír- etc., é o protagonista mediático desta época, pero aínda así, a sinistralidade que houbo estes días é unha traxedia. (more…)

13 April, 2006

Submundo

Filed under: Si home si

Esta semana tiven unha especie de revelación, ou mellor, de confirmación do que xa intuía. Resulta que o gañador do concurso de blogs ou diarios persoais en internet que organiza o xornal gratuíto 20minutos, na categoría –de título un tanto esferolítico- de “Mejor blog en otras lenguas constitucionales distintas del castellano” foi Días estranhos, de Martín Pawley. Tamén que saíu o número 7 de Barsowia, a revista de cómic que edita o grupo Polaqia. Nunha intranscendente conversa de pub souben que o último disco da banda de rock sureño Sugar Mountain lévao unha distribuidora norteamericana, así como da existencia de dúas interesantes longametraxes independentes feitas. Non, non é que caira no vicio gremial de aproveitar as columnas para promocionar productos culturais dos amigos. De feito, á maioría nin os coñezo. Nin vostedes tampouco. E aí está o caso: do mellor e do máis creativo de Galicia vive no submundo. (more…)

11 April, 2006

B&B

Filed under: Si home si

berlusconi

“O meu máis sentido pésame polo de Bono” díxome recentemente un amigo. “Gracias”, dixen, apreciando o seu apoio nestes momentos difíciles. Porque estes son momentos difíciles para todos aqueles que traballamos en sacarlle punta ás cousas. Xa sei que hai unha morea de inxustizas que desvelar, unha chea de costumes sociais contra as que turrar e todo o que queiran, pero que xente como Bono e Berlusconi abandonen os escenarios, polo menos os políticos, non deixa de ser unha perda. E xa bastante pao levamos coas defeccións de clásicos como Aznar, Fraga e Vázquez. (more…)

6 April, 2006

TVE (1)

Filed under: Si home si, Matrix Press

Onte estiven en folga (cometín folga, gustaríame escribir), creo que a primeira que fago por motivos estrictamente laborais desde hai unha chea de tempo. Foi esa convocada en RTVE contra o plan de reestructuración ou como lle queiran chamar porque en realidade é desfacerse de parte do morto que entre uns e outros foron matando, e que agora supoño que estará de actualidade non polo fondo da cuestión, senón pola forma en que afectou á emisión do TD1, interrumpíndoo. Non é unha queixa, esa é a esencia da televisión actual, co que a actitude dos interrumpintes pasa de laboralmente non moi correcta a impecable desde o punto de vista mediático. (more…)

4 April, 2006

Marbelladas

Filed under: Si home si

Agardo que ó recibo da presente estean recuperados dos seus problemas óseo-musculares. Tanto aqueles de vostedes que teñan maniotas nos abdominais de tanto rir, como aqueloutros que optaron por indignarse e aínda teñen resentida a mandíbula por renxer os dentes, ou as articulacións dos dedos de apertar os puños. Váianse tranquilizando e non abusen dos sedantes nin dos antiinflamatorios porque o de Marbella efectivamente é para rir, para chorar ou para tirarse ó monte, pero haberá que facer reserva de paciencia, porque aínda queda. (more…)

30 March, 2006

Xogos de mans

Filed under: Si home si

Cando era eu rapaz, un popular membro das forzas e corpos de seguridade do Estado (que daquela non se chamaban así) da miña zona aseguraba ós coñecidos e parroquianos en xeral que se collía a un da Eta, matábao cos dentes. Estes días síntome solidario con el. Se lle facemos caso ós medios madrileños, resulta que levabamos dous ou tres anos ó borde do precipicio civil e da fractura institucional, e todo por medio cento de pos-adolescentes asañados, con máis rabia que cabeza. (more…)

24 March, 2006

Basta xa

Filed under: Si home si

Supoño que estarán enterados de que ETA anunciou un “alto el fuego permanente” (AFP), e tamén que xa terán expresado a súa opinión sobre o particular. Se non, non se preocupen –ou preocúpense, como queiran- porque xa lles tocará. A este ritmo de despliegue mediático, tarde ou cedo lles poñerán un micrófono diante. (more…)

22 March, 2006

Tamaña identidade

Filed under: Si home si

Se hai algo estúpido é estar orgulloso de ser de onde un é, posto que é unha circunstancia allea á nosa vontade ou ós nosos méritos. Outra cousa é estar contento desa casualidade, como eu podo estar satisfeito de ter nacido aquí e non en Burkina Faso, onde xa estaría estatisticamente morto, ou aínda que seguira vivo pasaría unha calor do demo. E outra moito peor é renegar de onde se é. Así e todo, se todos somos iguais, pero uns máis iguais ca outros, é certamente curioso como eso que se chama “identitario” é bo ou nefasto dependendo do tamaño da identidade que escollas. Debe ser o único caso en que a bondade está nos estremos, nos moi grandes ou nos moi pequenos. (more…)

20 March, 2006

Timoflu

Filed under: Si home si

tamiflu
Baixan as ofertas de alongamento viril e suben as de fármacos varios, alomenos entre os innúmeros mensaxes non desexados que inzan o meu correo electrónico, enviados por remitentes tan improbables como Isaia Mcgillivray, Sechnall Bavaro ou Dupe K. Dissertation. Non sei se é porque fixeron un diabólico prognóstico das miñas potenciais necesidades médicas ou porque é a moda. Debe ser o segundo: hai 30 anos un executivo da multinacional farmacéutica Merck dixo que era unha pena é que os únicos clientes sexan os enfermos, porque hai moitos máis sans, e agora as empresas do sector conseguiron transformar as molestias comúns en enfermidades. Ata o punto de que agora o producto rei das vendas por internet non é a Viagra, que ó fin e ó cabo responde a unha necesidade, senón o Tamiflu, que chega a custar 150 euros, cinco veces o prezo nas farmacias onde se vende, e máis ca unha doenza, o que remedia é un medo. (more…)

14 March, 2006

O vello mundo

Filed under: Si home si

“Alístate, decíanche, e verás mundo”, rosmaban os lexionarios romanos de Astérix. Eu ando estes días alistado no que antes se chamaba séquito da Xunta e máis ben vén sendo a tropa xornalística que cubre a visita de Touriño a Arxentina e Uruguai, e máis que ver mundo, o que vexo é o mundo doutro xeito. Hai anos, cando comezaba aquelo das emisións internacionais das cadeas de aquí, Juan Cueto deixou constancia escrita do que cambiaba a imaxe dos políticos españois vistos nun televisor estranxeiro. Eu estou a experimentar a mesma sensación. (more…)

9 March, 2006

Bye, bye

Filed under: Si home si

En realidade, púxenlle este titulo como alusión a un chiste que fixo contra o lema do PNV [Bai, si] nunha campaña electoral, pero podería ser The Long Goodbye,como a novela de Raymond Chandler, porque a despedida de Francisco Vázquez está sendo como aquelas mortes do primeiro cine negro, nas que, logo de apañar un tiro, o protagonista aínda agoniaba un rollo enteiro de película, con tempo para facer chistes, arrepentirse ou decir aquelo de “dile a mi madre que…”

the long goodbye (more…)

6 March, 2006

Convención

Filed under: Si home si

Desculpen que trate un tema así. Xúrolles que ata tiña preparado outro de máis substancia social, mesmo de interese xeral, pero é que me perde o afán polémico. É ulir o sangue fresco do debate político e aló vou irremediablemente a meter os fuciños como unha hiena. Sobre todo se disinto, como disinto de todos os opinadores e analistas que critican que na Convención última do PP (a de “Hay futuro”, xa saben) houbo menos renovación que nas edicións sucesivas de Gran Hermano. (more…)

1 March, 2006

Up & down

Filed under: Si home si

Por moito que haxa quen sosteña que estamos coma sempre en avances sociais, o certo é que non (que imos estando mellor, quero decir). A escravitude rematou non soamente nin principalmente pola conciencia da humanidade de que ser propietario dun ser humano era unha barbaridade, senón porque chegou un momento en que era máis barato darlle catro cadelas ós traballadores que ter que mantelos, pero non deixou de ser un adianto. Claro que tamén hai retrocesos en terreos que xa se daban por conquistados, como evidencia o affaire do cordón umbilical principesco, conxelado en Arizona. (more…)

28 February, 2006

Municipaladas

Filed under: Si home si

Hai anos estaba de moda o debate tradición-modernidade. Que se había que apostar polo de antes ou polo que viñera, dito ó bruto. Se conservar a paisaxe ou urbanizala/industrializala, por exemplo. Evidentemente, o tal debate era tan falso como un billete de sete euros, e unicamente servía como escusa para mesas redondas ou seminarios, nos que despois de moita discusión se chegaba ó acordo de que a tradición era fonte de modernidade, o mesmo que o local era manancial do universal, e que unha cousa non quitaba a outra. Traio a conto este debate tan vello como falso polo do Antroido/Carnaval.
reina (more…)

22 February, 2006

23-F

Filed under: Si home si

23 F

Eu tamén vou desvelar todos os intríngulis do 23-F. Hoxe sobre as seis da tarde hai 25 anos, eu era un aprendiz desto que estaba na Xefatura Superior de Policía apuntando sucesos afanosamente. Contra o que estarán pensando algúns, non foi mal sitio para que me coincidira aquel gag berlanguiano de Tejero nas Cortes. Quedamos estarrecidos todos os presentes, incluído o daquela responsable de prensa da policía, José Ramón Vázquez Liñeiro, e fómonos cada rato ó seu burato, a facer o que había que facer. (more…)

21 February, 2006

Excepcións

Filed under: Si home si

O dos 19 gardas civís en imputados por alixeirarlles o peto e os trámites a inmigrantes chinos no aeroporto de Málaga son unha excepción dentro da Benemérita e por extensión dentro deso que chaman os corpos e forzas se seguridade. Excepción é tamén, dentro da clase política e empresarial, a trama dos parques eólicos (canarios, por suposto). Desde que traballo nesto, conto este tipo de asuntos por excepcións, a excepción por asunto. Vivimos en Excepcionland, vamos. (more…)

16 February, 2006

Funme

Filed under: Si home si

Non pensei que chegaría este día. Non, por moito que non haxa nada fixo nestes tempos que mudan os tempos, as vontades, e a mobilidade xeográfica é un valor de emprego, como saber reportar ó xefe ou ser experto en due diligence. Despois dun cuarto de século indo de acó para aló, da Falperra a María Pita, do Orzán a San Andrés pasando por Juan Flórez, do Monte das Moas a Fernando Macías e de alí ás Xubias, voume. Adiós rúas, adiós desmontes, que dixo a outra. (more…)

11 February, 2006

Foise

Filed under: Si home si

Foise Paco
Se queren que lles diga a verdade, aínda que supoño que tanto lles tén (e sorprenda a algúns e decepcione a moitos), eu non me levaba mal con Paco Vázquez. Era unha relación, cando a había –porque os políticos teñen as mesmas vantaxes sobre os periodistas que o califa Harum-Al-Raschid sobre o seu harén, teñen relacións cando eles queren- baseada no método Francisco Franco: non meterse en política. Ou no principio ético de que a mentira é un defecto, pero a sinceridade non é unha virtude, senón un privilexio ou unha falta de educación. Así, na ducia de conversas que tiven con el, quitado as profesionais, eu non lle comentaba o que me parecía a súa política (dos negocios, xa nin falamos), e el non debía ler as miñas opinións (as informacións si, e mandaba unhas tremebundas cartas ó director, que ata lle convertiron en noticias). Así que lle teño que comentar o que me parece a súa ausencia a través de vostedes. (more…)

8 February, 2006

Profetas

Filed under: Si home si

jyllands posten
Todo o rebumbio este da crise das caricaturas de Mahoma (Mafoma, para os antergos) é un exemplo de que esa teoría da bolboreta (que axita as alas aquí e ocasiona un terremoto en China) non é unha ocurrencia senón a demostración dunha verdade científica. Ou máis ben de dúas. A outra é que dous mil anos e pico de evolución histórica non conseguiron atenuar a necidade no ser humano. (more…)

6 February, 2006

Paseando a M. Rajoy

Filed under: Si home si

carpaPP
Todos lemos, escoitamos ou vemos o duro peregrinar do presidente do PP –sangue, suor e ferro, Rajoy cabalga- pola diversa xeografía española, apañando vontades e sinaturas para que todos sexamos iguais e solidarios, privilexio consolidado que estamos a piques de perder por culpa dos cataláns. Todos o lemos, etc., pero eu –vantaxes de ser xornalista- asistín onte ó advenimento mariano á Coruña, en concreto ós Cantóns. Desde o de Sánchez Bregua, onde está a sede do PP da que saíu rodeado de todo tipo de dirixentes, novos e vellos, boinas e birretes, ata o Grande, onde o agardaba unha carpa puntiaguda e unha chea de xente, como nas xustas medievais das películas. (more…)

2 February, 2006

Alguén sabe onde hai chester?

Filed under: Si home si

chester
“Non o vendo”, “Esa marca está agotada”. De varias formas e distintos tons, en todos os estancos que probei toureáronme e pinchei en óso á hora de mercar tabaco. Todo porque pedía unha marca que baixou de prezo.

“Es que perdimos un millón de pesetas al comprarlo al precio de antes y tenerlo que vender al de ahora”, confesáronme nun. “Pois moito ganan cando suben, que é sempre”, saíume. Empecei mal o día, e non foi a mellor. Tan a peor, que invoquei en silencio á oposición. (more…)

1 February, 2006

Nunca Hamás?

Filed under: Si home si

Aqueles que defenden que as eleccións non sirven para nada atravesan unha mala época. As últimas que se celebraron mundo adiante demostran que cando gaña quen non debería, ata uns resultados electorais son apaixonantes. O último caso de voto que saíu pola culata é o de Palestina, pero antes foi Bolivia e non son os primeiros nin serán os últimos exemplos nos que o soño da democracia produce monstros, considerados desde o punto de vista dos demócratas de toda a vida. (more…)

26 January, 2006

Referendos

Filed under: Si home si

Mariano Rajoy, un home tranquilo a pesar do azaroso da súa vida política, estaba á beira do abismo, co bafo da vella garda aznarista no cogote. Agora, como agardabamos moitos dos seus fans, deu un paso adiante. Colleu o touro polas cornas, tomou o pulso auténtico da cidadanía, e propuxo un referendo sobre o Estatut. Eu agradézollo (e adiántolle a miña opinión: estou farto), porque así parecerémonos ós suízos, que referendan ata as vedas de caza, ou ós italianos, que referendan todo, menos tocarlle os negocios ó presidente. Incluso a pregunta que fará, a prol da igualdade de dereitos, xentes e razas, é emocionante e fai del un epígono da Marianne, o símbolo dos valores da República Francesa. E para que a cousa non pareza que é unha saída de pata de banco, unha teima súa persoal ou partidaria por ter perdido o preito, eu apúntolle unha serie de cuestións centrais que tamén son materia refrendable. (more…)

23 January, 2006

No bo camiño

Filed under: Si home si

se necesita mujer (Oleiros, 20/1/06)

Souben que atoparan morta a aquela rapaza Águeda que desaparecera en Baiona polo comentario dun parroquiano, mentres estaba tomando un café. “Es que esto está lleno de sudamericanos”, sentenciou con contundencia o tipo, aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid e pasando descaradamente do feito de que no caso nin tivera arte nin parte sudamericano ningún. Despois, na ágora dun parque infantil escoitei a dúas nais discutir as vantaxes comparativas das cadeas de supermercados. As dúas estaban de acordo en que os prezos e a calidade media de X eran mellores cos de Y, aínda que –apuntou unha- “hay quien dice que habría que boicotearlos porque son vascos”. A outra contraargumentou que os empregados tiñan mellores condicións, e nese momento algún dos infantes baixou dun columpio de forma pouco ortodoxa, e morreu a conversa. Camiño do supermercado X, observei nunha cabina de teléfonos un reclamo que solicitaba unha empregada doméstica que, ademais de responsable, “imprescindible hable gallego”. Quizais se tratase dunha familia recén trasladada (e polo tanto enganada aínda sobre a necesidade social de coñecer o idioma vernáculo), pero en base ás experiencias anteriores, eu imaxinei que era un eufemismo politicamente correcto do impresentable “absténganse sudamericanas”. (more…)

21 January, 2006

O problema número 1

Filed under: Si home si

A min nunca me fixeron un cuestionario Proust deses sobre o meu color ou as miñas películas preferidas, nin tampouco unha desas serias enquisas sociolóxicas sobre que problema dos que hai considero que é o principal. De facerlle caso a voces autorizadas, ou alomenos que se fan oír como se o fosen, o Problema aquí é, para variar, o eterno Problema desde hai tempo, territorialmente pendular –Plan Ibarretxe, Estatut, chalaneo con ETA- recentemente sintetizado na frase: “Quieren cambiar armas por nación”. Se atopara alguén que me preguntara, opinaría que se fose certo e así de doado, non sei a que están esperando. Conseguir rematar con décadas de sangue e violencia a cambio de poñer unha palabra nun papel non parece un problema grave.

Hai outros que si me parecen peliagudos, aínda que non produzan grandes titulares nin proclamacións estentóreas, e nin siquera estean nos listados eses que fai o CIS para preguntar a outros que non son eu. Por exemplo, de onde saca o Estado os cartos. Xa sei que de nós, como sabemos todos, quitado algúns políticos que se comportan como se os sacaran do seu persoal peto. Pero é que os saca cun método similar a quen recada asoballando a orfos, viúvas e inocentes que pensan que o AVE xa chegara con Fraga: é decir, fundamentalmente obtén a pasta dos indefensos, dos asalariados. E cando digo fundamentalmente, quédome corto. Segundo leo apampado nunha reportaxe de José Luis Barbería en El País, o 34% dos cartos sácaos co IRPF o soamente o 18% do imposto de sociedades (o IVE aporta o 31% e os vicios, incluída a gasolina, o 12%: é decir, tamén se apaña entre todos a eito). E do IRPF, o 80% provén dos asalariados, fronte ó 11% dos profesionais liberais e ó 7% do capital. De media, os atrapados fiscalmente pola nómina declaramos uns rendementos de 17.500 euros ó ano, mentres os empresarios e profesionais liberais non chegan ós 12.000. No País Vasco, os traballadores ganan un 33% máis que os profesionais (xa se sabía que alí os salarios son altos, pero non imaxinaba que tanto).
Non quero ser demagogo, e sei perfectamente que son un asalariado que gano máis que un esforzado empresario hosteleiro deses que, en vez de ter parroquianos, parece que ten acollidos. Pero, carai, ¿como logramos ser unha economía que vai coma unha bala con empresarios, médicos e avogados que ganan ó ano dous millóns das desaparecidas pesetas? Non me estraña que a patronal ande sempre a pedir contención salarial, se eles pasan estreiteces mentres os empregados dilapidan os cartos. Ou sexa que a todos eses que se lles enche a boca alertando do perigo de que se desequilibren os dereitos dos cidadáns segundo os territorios se prospera o que van poñer nun papel, que miren de equilibrar as desigualdades que produce o feito de que o que ganas veña perfectamente consignado noutro papel.

(para xoves, 19 de xaneiro de 06)

17 January, 2006

Alivio congresual

Filed under: Si home si, Destafoi

Unha das maiores (e das poucas) satisfaccións desta profesión é a oportunidade de estar presente, aínda que sexa en calidade de mirón, nos grandes acontecementos da historia. En concreto, asistín esta fin de semana a ese acto ritual que consagrou a despedida do que, cando aínda non viñera, en Miño chamaban o Veraneante Ilustre (VI). Ou sexa ó XIII Congreso do PPdeG, ou do recambio freudiano. A segunda despedida en seis meses de alguén que parecía non irse nunca, nesta ocasión voluntaria e co refrendo dos seus correlixionarios e non do electorado. E se me pediran que resuma o ambiente que reinaba naquel recinto blindado ós fumadores direi que era de alivio. Falo dos militantes. (more…)

12 January, 2006

Menas e gangas

Filed under: Si home si

Nos primeiros momentos en que escoitei o nome Mena, veume á cabeza a curiosa inxustiza que os usos lingüísticos perpetraron co binomio mena-ganga. Sendo a mena a parte valiosa dun mineral, o concepto coñecido e vixente hoxe é o de ganga, que é a parte que non vale para nada. A min paréceme que parecida inxustiza se está cometendo estes días co tenente xeneral Mena, esa víctima das malas compañías (more…)

9 January, 2006

Depresión post partys

Filed under: Si home si

Estamos inmersos no proceloso océano da depresión posterior ás festas do Nadal. Dentro da oportunista e descarada apropiación que fixo o cristianismo destas celebracións pagás (ata moveu a data do aniversario de Cristo para forzar a coincidencia), o de poñer en último lugar os Reis está excelentemente pensado. É a festa dos nenos que, como son incansables, son inmunes ás canseiras (físicas, gastronómicas e consumistas) que arrastramos os demais desde mediados do mes pasado. Antes de volver á vida real onde non son obrigatorios os bos sentimentos nin saquear as tarxetas de crédito, o noso último cartucho de adultos foi desempeñar o papel de auxiliar dos Reis Magos. (more…)

5 January, 2006

Cainismo e Abelismo

Filed under: Si home si

A sociedade española deu un grande exemplo de civismo cumprindo a Prohibición (¿cal vai ser?, a do tabaco), segundo a ministra de Sanidade, que mesmo felicitou ós fumadores por acatar guiadamente a lei. Eu, á miña vez, felicito á ministra por estar agradablemente sorprendida de que o persoal non acabara as discusións sobre o tema como os parroquianos das tabernas nas películas de irlandeses, ou algún empedernido fumador de ducados non se atrincheirase no choio ameazando con queimar todo se non lle deixan botar unha calada. (more…)

3 January, 2006

Prepárense

Filed under: Si home si

Todos comezamos o ano cunha chea de bos propósitos (e un alkaseltzer). Eu, o de deixar de fumar deixeino aparcado, por puro rabudismo, ante a que está caendo. O do inglés xa me pilla a destempo, porque seguro que se comercializa antes un traductor simultáneo que o que eu tardo en ter un nivel aceptable. E o do exercicio/ximnasio estouno considerando. Non sei se lles parecerá derrotismo, pero se son deses que agardan en realidade que o ano novo traia algo positivo, váianse despedindo desa esperanza. (more…)

29 December, 2005

Selección Galega (a previa): Galicia vs Ferrín

Filed under: Xeral, Si home si

Hoxe, os homes comandados por Ferrín, Gustavo Ferrín, entre eles Pouso, Pereira, Varela, Salgueiro, Castro, uniformados de azul celeste loitarán contra os nosos, vestidos de azul e branco. A selección de Uruguai (que lle debe uns dos seus primeiros títulos a Pedro Cea, un de Redondela) contra a de Galicia. Unha auténtica loita fratricida, vamos. Hai metas que pagan a pena soamente con desexalas (e chamámoslle utopías). Hai outras, a maioría, que son boas ata que as consigues (e deixan de selo). E hainas tamén que se xustifican incluso co primeiro paso que se dá para acadalas. Este é o caso da selección galega. Non sei o que dará de si, pero o que deu ata o momento, que se celebre o partido de hoxe, xustifica de sobra a reivindicación da súa existencia. Para a miña sorpresa, a verdade. (more…)

26 December, 2005

Falta de espírito

Filed under: Si home si

bad santa

Se non houbera temas de candente actuialidade e de interese crucial, todos estariamos opinando sobre a falta de espírito navideño –e aínda así, hai quen non o pode evitar, eu incluído-. Porque é un escándalo como decaeu. Non falo daquel espírito navideño que xa faltaba antes, aquel das entrañables festas familiares e do bo rollo, aquela época de tregua na que as inquinas se atenuaban e os sentimentos positivos afloraban. O que notei en crise neste Nadal foi o espírito navideño actual, o do consumo disparatado, a publicidade de saturación masiva desde finais de outubro, a omnipresente matraca sonora a base de zambomba e toda a parafernalia habitual destas sinaladas datas. Perviven, hai que recoñecelo, fenómenos como o investimento irracional en lotería ou as galas televisivas, solidarias ou pola cara, pero a colecta de décimos e participacións xa non ten o tradicional carácter de frenesí pandémico, e xa se sabe que os programadores televisivos son os últimos en enterarse do que pasa. Quizais sexa unha apreciación soamente persoal, pero en comparación con outras realidades extremas, penso que se desinchou máis a burbulla nadalista que a inmobiliaria. (more…)

22 December, 2005

Desproporcións

Filed under: Si home si

“Señor, coa escusa de rexentar un burdel, a súa esposa vende teas de contrabando” é un insulto. “Sir, esto foi unha digresión, agardo o seu argumento” (dito por un que recibiu na cara un xarro de cervexa nunha discusión) é unha réplica. Son dous exemplos clásicos que recompilou Borges (o escritor arxentino, non o empresario de froitos secos) e que cito de memoria porque teño a biblioteca toda metida en caixas. Non digo que non amolaran ó destinatario, pero sen deixar de ser faltadas, tiñan o seu aquel. Pola contra, nestes tempos, o símbolo do alto nivel acadado polo debate político madrileño é esa polémica sobre se o intercambio de indirectas entre Zapatero (“patriotas de hojalata”) e Rajoy (“bobo solemne”) constitúen réplica, insultos ou que. (more…)

20 December, 2005

Papuchi

Filed under: Si home si

Estarán ó tanto do caso deses dous mariñeiros da Armada que morreron no accidente da fragata Extremadura. Estaba eu nos xardíns da Capitanía de Ferrol, firme como se estivera alí destinado, contando ós programas de tirios e ós avances informativos de troianos o que se sabía do caso a primeira hora da mañá, cando nun deses directos me tiveron de pasmón vinte minutos mentres me entretiñan –a min e a audiencia- cos detalles do óbito do doutor Iglesias Puga e debullaban a “intensa” vida dese “entrañable personaje” ó que se referían indefectiblemente como “Papuchi”. “Efectivamente, aquí en Ferrol también hubo otras muertes esta madrugada”, estiven nun tris de comezar logo que me deron paso. (more…)

15 December, 2005

Fumar

Filed under: Si home si

Cando lean isto estarase tomando unha das decisións máis parvas e máis hipócritas das moitas que se poidan tomar, e miren que hai competencia. O peor desta é que non lle imos poder botar a culpa a ninguén en concreto, porque están sospeitosa e unanimemente de acordo todos os nosos representantes políticos, incluídos os que fuman e os elixidos polo 31% de electores que fumamos. A nova lei antitabaco escapa tanto das proclamas do Goberno que aseguran que están a resolver os problemas da xente, como das reclamacións de Rajoy de que hai que ocuparse dos problemas serios, e mesmo da oportunidade que teñen os deputados minoritarios de defender ás minorías e a sensatez sen gasto ningún, nin risco de que lles fagan caso. (more…)

13 December, 2005

Vaia tropa

Filed under: Si home si, Destafoi

De verdade que me gustaría comentarlles os apuros para coller os regalos de Nadal, sobre todo os dos nenos, antes de que se esgoten e os dependentes che miren como a alguén fóra da realidade cando llelos pides o 22 de decembro. Ou os apuros para combinar a axenda de comidas e ceas de traballo ou amigos coa escusa de recapitular sobre o ano que se vai, ou sobre que traerá o novo (ademais da prohibición de fumar no choio). Vaia, que me gustaría falar do que nos ocupa a todos, pero desgraciadamente, ós asuntos profesionais é ó que teño que prestar ollos e orellas, e tras deles váiseme a cabeza. (more…)

11 December, 2005

Anexión

Hai anos, un amigo que foi a Madrid por primeira vez, alucinaba co doado que era sacar de quicio á xente. Parado en calquera semáforo, divertíase tocando o pito e comprobando como os outros conductores organizaban unha desconcertada sinfonía de bocinas contra ninguén, porque a luz estaba vermella. A actual situación política española é cuspidiña, e senón conten as veces que asoma a palabra “anexión” nas portadas e nos informativos destes días. (more…)

8 December, 2005

Madrid

Filed under: Si home si

Eu teño unha relación ambivalente con Madrid, probablemente como todos os que viviron unha etapa da súa vida nesa cidade, dependendo de como lles fose, claro. A min mal non me foi e conservo un recordo moi agradable do ambiente, das cañas e as patacas bravas, dalgunha xente e daquela inxenuidade receptiva que entón tiñan os madrileños polo moito que lle era alleo, como unha amiga miña que volveu da súa visita a Galicia sorprendida de que houbera moitos verdes distintos, non o verde-verde de sempre. Puxen “tiñan” porque teño unha colección de impresións de que xa non é así. (more…)

6 December, 2005

Intromisións

Filed under: Si home si

Todas as vantaxes teñen o seu inconveniente. O correo electrónico ten o chamado spam, que vén sendo a versión en bits daqueles sobres de papel que contiñan propaganda ou certificacións de que ganaramos un precio exclusivo. Hai tempo, os email non desexados estaban empeñados en ofrecerme sistemas para que me medrara algo que me caracteriza como animal masculino, e agora inúndanme de ofertas de viagra e outros “fármacos populares” como eles lle chaman, considerando que se estimulan a función, quizais logo eu queira mellorar o órgano. A última moda en intromisión é tentar meterche virus co escusa da proximidade (as túas propias contas, ou as da familia, envíanche mensaxes en inglés) ou do medo: remitentes ameazadores tipo post@cia.gov ou mail@fbi.org aseguran que estiveche visitando alomenos 30 páxinas ilegais, e esixen que fagas o favor de contestar unhas preguntas. Entenrecedor. (more…)

4 December, 2005

Depresión profesional

Filed under: Si home si, Matrix Press

A semana pasada caín na tentación de asistir a unha desas convocatorias gremiais onde se discute sobre a información, ou máis ben sobre como se informa e sobre como se debería informar. Normalmente resístome porque todos sabemos que se fai mal e por que, e o pouco remedio que ten, aínda que ós informadores, exactamente igual que ós informados, o que nos presta é que nos reforcen as opinións que previamente temos. (more…)

1 December, 2005

Outra máis

Filed under: Si home si, Destafoi

Estamos inmersos na celebración, íntima pero afervoada, de que a UE afrouxará por fin 257 millóns de euros europeos para o porto exterior. A conmoción da noticia (noticia relativa, porque que os ían soltar xa o sabía todo o mundo, incluído Álvarez Cascos, que nin os pedira) non debería distraernos de informacións menores, como que a Junta de Andalucía lle retirará as competencias urbanísticas ó concello de Marbella, ou o debulle que fixo o conselleiro de Medio Rural das obras paralizadas pola Xunta. Non debería porque todos estes fenómenos obedecen ás mesmas causas. (more…)

30 November, 2005

Ser e comer

Filed under: Si home si

A teoría lingüística clásica é que o entorno e o carácter determina a linguaxe. A nova –polo menos para min, aínda que parece que data dos anos 40 do século pasado-, a chamada hipótese de Whorf, establece que é o idioma o que conforma o pensamento. É decir, colectivamente somos como falamos, non falamos como somos. Aquí somos daquela maneira porque o galego nos fixo así (polo menos antes, posiblemente esteamos en proceso de castrapación). A teoría lingüística de Whorf ten outras consecuencias e xa se aplicaba de vello á relación sustento-sentimento: somos o que comemos, ou somos como comemos, idea que sustentaban tanto os que practicaban o canibalismo ritual como a miña avoa que sostiña que o caldo é a raíz do home.

(more…)

28 November, 2005

Perdemos outra vez

Filed under: Si home si

Se algún día xurde a iniciativa de cambiar o noso vello, entrañable e interminable himno que reproduce as conversas que mantén a foresta do monte sobre aspectos patrióticos, eu propoño desde xa e desde aquí aquel dos Luthiers que comeza:
Ya el sol asomaba en el poniente
ya el cóndor surcaba el firmamento
y la patria gloriosa, heroica y valiente
de victoria profiere el juramento…

e remata:
Ya los fieros enemigos se alejaron
no resuena el ruido de sus botas
nos pasaron por encima y nos ganaron,
nos dejaron, en derrota.
Perdimos, perdimos,
perdimos otra vez.

(more…)

24 November, 2005

Millóns de problemas

Filed under: Si home si

O de que o home (e a muller) son seres racionais non deixa de ser unha convención. Se nos dixeran que deramos uns euros cada semana para xuntalos todos e darllos a un ou repartilo entre varios, uns dirían que non e outros que si, pero ninguén os daría sen coñecer os suxeitos ou os obxectos beneficiarios. Sen embargo, xogamos ás loterías. (more…)

23 November, 2005

Aniversarios

Filed under: Si home si

Tiña máis ou menos firmemente decidido escapulirme de comentar os aniversarios, o cabodano de Franco e o cumpreanos da monarquía. O home propuxo, pero e o columnista dispuxo en canto resultou alcanzado de cheo polos fastos mediáticos sobre a morosa agonía do dictador e a celeridade na proclamación do sucesor. (more…)

21 November, 2005

Moquetas

Filed under: Si home si

O outro día, nun debate parlamentario que me tocou presenciar, o deputado Balseiro Prol do PP recomendoulle ó do PSdeG Lage Tuñas que pisara máis os portos e menos a moqueta. Ignoro os costumes pisatorios de Lage Tuñas, pese a que é dos meus deputados favoritos, pero chamoume a atención tanto o uso da expresión (que data obviamente de cando a moqueta só existía nos despachos e nos decorados das películas do desarrollismo) como que a empregara o representante dun partido que levaba no poder desde antes de que o advertido tivese idade de votar. Agora a moqueta está en franco desuso, e debe ser polos estraños efectos que provocaba nos que pisaban nela. (more…)

17 November, 2005

Vanse enterar

Filed under: Si home si

Eu tamén son pai e entendo a uns, e son –e sobre todo fun- fillo, e comprendo ós outros, e a maiores son xornalista, co que sei do noso, pero todos deberiamos conducirnos algo máis a modo. No asunto este das detencións de independentistas aquí e noutros similares que se aveciñan por aí. (more…)

15 November, 2005

Boicot

Filed under: Si home si

Posiblemente terán escoitado falar dunha campaña contra os productos cataláns e de paso vascos (CV), ou mesmo recibirían algunha mensaxe dese tipo por algún medio (neste segundo caso, aconsellaríalles humildemente que fosen algo máis coidadosos nas súas relacións sociais). Para que non caian vostedes na tentación e para evitar que cultiven as malas compañías, eu asumín o risco de bucear nunha desas páxinas de internet [que non penso linkar] e contarlles como é a cousa. (more…)

14 November, 2005

Paradoxas

Filed under: Si home si

Aquí vivimos nun mundo católico, estructural, superestructural, cultural e socialmente católico. En canto nacemos, entramos de cabeza no seo da Igrexa Católica (IC), e boa parte dos pasos da especie humana (a iniciación á pubertade, o apareamento, as festas colectivas, o pasamento) dámolos seguindo as súas tradicións (ben é certo que a IC tivo o tino de apropiarse das tradicións anteriores). Sen embargo, esta é quizais das sociedades que menos practican as teorías coas que comulgan. Consecuentemente, a IC está traballando no asunto, e probablemente nuns anos esta sexa unha sociedade completamente laica.
bispos

(more…)

9 November, 2005

Arde París

Filed under: Si home si

paredón
Vai para quince días que en Francia andan os barrios revoltos, e aquí os líderes de opinión siguen a preguntar retoricamente por que. Chamoume un colega que traballa en Madrid, a ver se lle conseguía o contacto con Manu Chao para que opinara, en lugar “deses burros que falan porque lles preguntan, non porque saiban”. Non me gustaría entrar nesa categoría de borricos que falan do que non saben, pero quedaríame mal corpo se non apuntara algo que me parece evidente: non se debe tratar tanto dun problema da inmigración/integración como dun problema de marxinación. (more…)

Cuatro

Filed under: Si home si, Matrix Press

4
Momentos históricos nos medios de comunicación cada vez hai menos. E o que é peor, os que pensabamos que o eran desvanecéronse no tempo como gotas de chuvia, igual que os recordos do replicante de Blade Runner. Teño presente a aparición de El País (aínda que soamente fose porque o mundo da prensa daquela era aterrador) e a deste xornal (aínda que fose polo medo de ter que facer columnas cada dous días). Non lembro demasiado a irrupción das televisións privadas, e eso que supuñan un auténtico terremoto no panorama catódico (aínda que non imaxinaba o cataclismo que chegarían a ser). Moito me temo que a estrea de Cuatro non vai mudar demasiado o meu esquema de recordos. (more…)

6 November, 2005

Local power

Filed under: Si home si

Estou con Jiménez Losantos e o resto da banda en que o Estatut traerá graves consecuencias. Claro que difiro completamente en que tipo de consecuencias. Non caerá unha praga de langostas (ou si, pero pola desertización do territorio) nin choverá sangue, nin os primoxénitos sufrirán máis mal que o ter que vivir na casa paterna ata os 35. Pero os municipios esixirán máis competencias, sobre todo en urbanismo, e eso si que será a xeneralización da marca da besta. (more…)

3 November, 2005

Nominalismos

Filed under: Si home si

Moitos debates despáchanse argumentando que a cuestión debatida ou as diferencias son “nominalistas”, ou sexa correspondentes ás formas volubles e prescindibles, e non ó fondo constante e importante das cousas. Curiosamente, os debates, grandes e pequenos, que saturan estes días o aire como as microondas dos móbiles, son por cuestións nominais. (more…)

1 November, 2005

Leonor, naturalmente

Filed under: Si home si

Entre os máis entusiastas polo nacemento do novo vástago real están a inmensa maioría dos correspondentes de medios nacionais. Saben que entre o natalicio e o debate do Estatut, non a van rascar nun par de semanas. Entre os verdadeiramente amolados, ademais dos republicanos profesionais, están o resto dos periodistas, sobre todo ós que pillou de garda a real rotura de augas. Porque hai que recoñecer que, aínda cando todos os xornalistas teñamos unha vocación innata ou adquirida de darlle ó público o que se merece ou pide, no fondo temos un remoto atavismo de profesionalidade. E se hai un campo ermo onde non hai nada que sachar, despois das entrevistas a sindicalistas, futbolistas ou misses, é un natalicio. Nunha necrolóxica sempre podes resumir unha vida, reproducir recordos de amigos e inimigos, pero dun recén nacido, ¿que hai que contar? Ata a Juan Carlos Valerón ou a Penélope Cruz lle das sacado algunha frase, pero un bebé non fai declaracións.
regalos (more…)

31 October, 2005

Os anteriores

Filed under: Si home si

(ante unha enchenta de peticións e de dúbidas, aí van dous libelos anteriores sobre o do cambio horario) (more…)

Estatuto horario

Filed under: Si home si

Sempre, por este día e a esta hora, sexa pola nova ou pola vella, sigo a tradición columnista que encarna Manuel Vicent coa súa diatriba anual contra os touros (contra o costume de matalos en público logo de marealos) e esbardallo contra o cambio de horario e o moito que nos amola ós habitantes do Oeste. Nesta ocasión non vai ser así. Acabo de ver a luz (e seguireina vendo unha hora máis tarde a partir de hoxe) (more…)

27 October, 2005

Os caladiños

Filed under: Si home si

Acábase de recordar públicamente, porque hai moito desmemoriado, que xa en 1999 Paco Vázquez se adiantara ó recente descubrimento de que a Cidade da Cultura é un despropósito. Eu fixen algún comentario frívolo sobre o asunto o 27 de novembro de 2000, en canto apareceu Si home si (versión papel), e tamén o 10 de maio, o 4 de setembro e o 1 de novembro de 2001 (logo debínme cansar). Non vexan animus competendi ningún sobre quen ten máis intuición, nin tampouco animus fachendi pola coincidencia de opinión co alcalde. Sinceramente, ningún dos dous temos mérito ningún. Que as semicatacumbas de Peter Eisenman ían ser un burato negro de cartos e un monte de problemas xa o sabía ata ó que se lle meteu na cabeza facela. (more…)

26 October, 2005

Internet aviar

Filed under: Si home si

O martes foi o Día de Internet, e a todos nos romperon a cabeza co pouco que se usa e o fundamental que é para coller ese tren da modernidade que se nos está escapando desde Fernando VII. No tocante ó que lle chaman novas tecnoloxías da información os que as predican pero non as practican, por unha vez estou de acordo co pensamento dominante. Non son moi devoto, pero si moi practicante, e desde hai oito ou nove anos son de cibermisa diaria. Sen embargo, con tanto tocar á arrebato, confundín as campás de internet coas da gripe aviar. (more…)

23 October, 2005

Os outros

Filed under: Si home si

Esta fin de semana tiven o que Enrique Iglesias definiría como unha experiencia relixiosa, e eu un sobresalto. O máis ben dous. Un, a polémica pola negativa das autoridades do Canadá a pretensión de parte da comunidade musulmana de que lles recoñecera a legalidade da sharía, a lei islámica. Outro, o descubrimento de que unha relixión como a rastafariana, que eu tiña erradamente conceptuada como un facción renovada do hippismo, estea en contra da homosexualidade e da igualdade de dereitos das mulleres. Non sei de que me sorprendo, a estas alturas. (more…)

20 October, 2005

Medio ambiente familar

Filed under: Si home si

O outro día cometín o erro de coller innecesariamente por Lavedra a unha hora que non debería, e foi peor do que imaxinaba. Atrapado entre conductores que pugnaban por saír daquel atasco para poder chegar antes ó atasco do Portazgo, de Fonteculler ou do Temple, esbardallaba (son moito de esbardallar no coche, como case todos/os) sobre por que lle chaman xestión política ó que en realidade é xestión inmobiliaria, e cando haberá algún que, en vez de argallar pirulís de La Habana na súa propia memoria, afronte o intocable e insoluble problema de crear un transporte público eficaz nun área de dez kilómetros (mesmo lle estaría recoñecido aínda que fose de cinco).
trafico (more…)

19 October, 2005

Transporting

Filed under: Si home si, Matrix Press

Nun tempo morto dunha das batallas da guerra do transporte, estabamos varios colegas botando un pito, cando un colgou o móbil polo que debía estar falando co seu xefe. “Xa se cren as súas propias mentiras. Preguntoume que tal estaba eu de aprovisionado”, comentou. “Menos mal que Pedro Ruiz xa non traballa en televisión, senón seguro que facía unha gala solidaria para mandar alimentos ós galegos”, dixo outra. Desgraciadamente, xa non fan falta nin galas solidarias para converter un conflicto nun espectáculo. (more…)

16 October, 2005

Escritores

Filed under: Si home si, Matrix Press

“Estes son malos tempos. Os fillos deixaron de obedecer a seus pais e todo o mundo escribe libros”, queixábase Cicerón de como andaba o mundo hai máis de dous mil anos. Imaxinen agora. E se neses dous milenios o tan espiñento asunto da desobediencia filial chegou a onde chegou (por exemplo, xa non queda infante ningún que trate de vostede ó seu proxenitor), non lles digo a escritorrea que nos invade. (more…)

13 October, 2005

Banderas al viento

Filed under: Si home si

Moi ben, proba superada. Onte houbo enormes demostracións de amor á indisoluble unidade da nación española en Madrid e na Coruña. Alí, xente influída sen dúbida polo pensamento Losantos-Ibarra e enardecida pola presencia da cabra da Lexión, abrasaron a pitos e abucheos a Zapatero. Aquí produciuse un conflicto xeracional entre a terceira idade unionista e a mocidade segregacionista no que a policía tivo que terciar (a favor dos vellos, como era de prever). Parafraseando ó pensador orbital Aznar, onde non había un problema, demos creado un. Noraboa. (more…)

12 October, 2005

Unha e grande

Filed under: Si home si

“O patriotismo é o último recurso dun pillabán”, consideraba no século XVIII Samuel Johnson no seu famoso diccionario. Cen anos despois, noutro diccionario non menos famoso, Ambrose Bierce correxía respectuosamente ó influinte pensador: non é o último recurso, é o primeiro. Acordeime deles cando souben da intención do alcalde coruñés de facer ondear eternamente desde hoxe no Orzán unha bandeira que ten máis ou menos o tamaño (25 m2) dos minipisos propostos pola ministra de Vivienda. (more…)

10 October, 2005

O fume

Filed under: Si home si

carlos tabaco
O outro día fun a un xuízo contra uns presuntos contrabandistas de tabaco. A causa levaba arrastrándose polos recantos xudiciais unha ducia de anos, tanto tempo que cando a abriron foi por un delito contra a Facenda Pública e cando os xulgaron por pouco non os acusan por atentar contra a saúde pública. Nese camiño, o primeiro paso, pero non o último, son as normas contra o vicio de fumar aprobadas no Congreso o mércores pasado, nada menos que por unanimidade. E aí está o malo (more…)

6 October, 2005

4

Os números son importantes, e non soamente polo que vostede está pensando (e eu, para que enganarnos). Os vellos métodos de entender o mundo (anteriores a Google), desde a Biblia á Cábala, atribuían ó número 1 a divinidade (simboloxía que pervive hoxe, tanto na mafia como no sistema electoral). O 2 representaba ó home e a súa dualidade. O 3, a totalidade ( o presente, o pasado e o futuro). O 7, a cifra simbólica por excelencia, era a perfección, igual que o 12, que representaba ó goberno divino (e por eso a bandeira europea quedou na ducia de estrelas, aínda que agora haxa máis estados membros). Pero o máis curioso é o caso do 4, un número en aparencia plano e obvio, que na Biblia simboliza a creación (os catro puntos cardinais). Hoxe, miles de anos despois de que os listos do lugar atribuíran propiedades máxicas a unhas abstraccións que hoxe nos parecen elementais, se hai un número de moda, é o 4. (more…)

4 October, 2005

Eclipse

Filed under: Si home si

“Quero ver o e-clip-se en el telediario”, díxome o luns a nena (sete anos recén cumpridos e perfectamente bilingüe, como poden comprobar). Nunca pedira ver na tele outra cousa que documentais de bichos, así que supuxen que no colexio, a falta de gafas específicas, debéronlles decir que podían contemplar na casa o espectáculo astronómico, o “eclicpse” ou “eclicse” (poñía moito énfase na pronuncia, ou sexa que lle deberon aclarar que non era o “eclise”). Eu tampouco o puiden mirar por falta das dichosas gafas, pero estaba na rúa cando pasou. Había unha luz como lunar, nunca mellor nin tan obviamente dito, e a xente, alomenos os conscientes do asunto, tiña unha actitude de sentirse observada, como se os estivesen filmando e quixesen adoptar unha pose natural. (more…)

3 October, 2005

Causas e síntomas

Filed under: Si home si

Estivo de moda ha uns anos sentenciar que xa non había dereitas e esquerdas. Se consideramos a práctica política de Blair ou de Bono (o ministro), habería que estar de acordo, pero se nos atemos á teoría de Aznar-Rajoy-Acebes-Zaplana, pois non. Con todo, hai un sinal indeleble, unha proba do nove que caracteriza indiscutiblemente a dereitas e esquerdas: o tratamento da sintomatoloxía. (more…)

29 September, 2005

Sublime decisión

Filed under: Si home si

Moitos de vostedes estarán por aí, tan contentos, felices e despreocupados (polo menos tan despreocupados como para dedicar tempo a ler esto), mentres algúns veciños seus debátense desnortados na confusión de se farán ben ou non, e moitos fogares (entre eles o meu) están inmersos en abismos de dúbidas sobre cal será o camiño correcto: ¿que actividades extraescolares para os nenos escollemos este curso? (more…)

28 September, 2005

Corre, neno

Filed under: Si home si

“Esto demuestra que los españoles, cuando nos ponemos, conseguimos lo que sea, excepto la selección de fútbol, claro”, escoitei o domingo unha voz tronante na radio, e supuxen que Fernando Alonso acababa de facerse co campionato do mundo de Fórmula 1. Non me deu tempo a retrucarlle mentalmente “…pilotando coches que fan outros” cando saíu outro comentarista, loitando claramente coa dentadura postiza, proclamando que “Fernando nos ha hecho a todos los españoles campeones del mundo”. Noutra emisora, un paisano do ganador pilloulle o micrófono á redactora e fundiu a membrana (do micrófono) a berros. Evidentemente, é moi bonito que nos faga a todos campións do mundo de Fórmula 1 un rapaz cos mesmos anos que os que se ganan a vida pilotando mobiletes de repartir pizzas. Pero ó que me preocupa non é a fabulosa capacidade de empatía coa victoria do ser humano (incluíndo os comentaristas radiofónicos e os seguidores que proxectan nos seus ídolos o entusiasmo que non poñen na vida propia), senón a influencia paterno/materna no rumbo dos fillos. (more…)

26 September, 2005

Correntes alternas

Filed under: Si home si

As voltas que dá a vida. Hai unha chea de anos, eu era un periodista pipiolo (tan pipiolo que nin siquera fumaba) cando se suscitou a operación de compra de Fenosa por Unión Eléctrica, unha cousa que tecnicamente chamaban “fusión por absorción”, pero que parecía o que foi. Daquela era tan pipiolo que pensaba que os sindicatos, ademais de defender os empregos e os dereitos dos traballadores, podían aportar o seu punto de vista sobre que significaría o asunto para o futuro económico da empresa. Tamén que os partidos opositores non deixaban de ter razón en que non era moi ético que unha empresa que medrou a base facer o que lle petou cos ríos en Galicia se fose coa sede social a outro lado. Eu daquela escribía nun xornal que me deixaban recoller todos eses puntos de vista, pero resultou que estaba equivocado. No resto dos medios, xente que realmente sabía do que escribía sinalaban que aquela fusión por absorción era precisamente a que aseguraría o futuro da empresa, que así eran as leis do mercado e as necesidades da economía de escala e outros axiomas que eu descoñecía, e que os traballadores o que querían era non perder privilexios como ter a luz de balde e os opositores eran uns resentidos antiempresas. O caso é que o asunto foi adiante con todas as bendicións, tiveran ou non razón, que posiblemente. Xa lles dixen que eu daquela era un pipiolo. (more…)

22 September, 2005

Que facer?

Filed under: Si home si

O recurso de quita e pon do Real Madrid contra a conspiración arbitral, o recurso de pon e quita do PP contra a lei de matrimonios homosexuais, o eterno pon esto e quita o outro do Estatuto catalán, a chea de ofertas para poñer a celulosa que se vai quitar de Pontevedra… todos eses temas non son máis ca unha cortina de fume para ocultar o auténtico debate. En efecto, vexo ós mellores cerebros da miña xeneración, das anteriores e das seguintes (alomenos os que non fichou para Madrid con becas Esperanza Aguirre) renxer as meninxes para dar coa solución ó Gran Problema: ¿que facer –que decía o outro- coa Cidade da Cultura? (more…)

21 September, 2005

Burguesía

Filed under: Si home si

No fondo de armario do argumentario sociopolítico un clásico imprescindible era, e en boa parte sigue a ser, o de “aquí non hai unha burguesía”. Eu téñoo usado, pero a verdade porque o tiña, non porque crea que me sente ben. Por un lado, porque burguesía, aínda cando había pouca, aquí habíaa –outro cousa é para onde apuntara- e por outra, porque tampouco o chamado pobo se conducía como moi galego, por moito que gastara boina e afalara vacas. Agora desterramos a boina pola gorra esponsorizada por un taller ou un rapado e as vacas polo can de paseo, e as clases están unificadas polas hipotecas. E o outro día fun a unha voda para –ademais de corresponder á invitación- tentar comprobar como vai o Down Jones de galeguidade nas clases medias.
(more…)

19 September, 2005

Partiu

Filed under: Si home si

A medianoite dacabalo do venres e do sábado pasado, na Coruña produciuse un momento que a algúns presentes lles escoitei cualificar de histórico, e que eu, sen ánimo de polémica, definiría mellor como máxico (se non fose un concepto demasiado jipi) ou como emotivo (se non fose demasiado cursi). Falo da despedida dos Diplomáticos de Monte Alto. (more…)

15 September, 2005

Política de lavadeiro

Filed under: Si home si

Os chamados temas de interese local, e a información que xeran, teñen aquí unha característica curiosa: teñen bastante que ver co fenómeno das lendas urbanas. O aeroporto, o porto interior e o exterior, a terceira ronda e a seguinte que a pago eu. Sinto ser tan duro e tan sarcástico con administracións que non son precisamente malos exemplos de administrar, pero as cousas son como son, e unha cousa é ir administrando máis ou menos e outra facer política, no seu sentido orixinal (tentar os solucionar problemas da xente), non no que foi collendo (resolver os problemas da clase política). (more…)

13 September, 2005

Operación

Filed under: Si home si

Se hai unha profesión para a que non me dotou a providencia, ademais da de monitor de autoescola ou calquera outra que esixa doses elevadas de paciencia, é a de médico. Calquera cousa que teña que ver co asunto prodúceme pavor, desde as agullas á mera descrición dunha operación. Consecuentemente, como paciente son fatal, máis fatal incluso ca media dos homes (dos seres humanos masculinos), e ata nunha simple extracción de sangue para unha análise miro para outro lado. Afortunadamente, nunca me operaron de nada. Desafortunadamente, aínda que fago todo o posible por evitalo, e demoro o imposible calquera visita, son máis asiduo do que quixera da especialidade médica que máis medo me mete: o dentista. (more…)

12 September, 2005

Seguridade cidadá

Filed under: Si home si

Hai días o goberno do Estado anunciou unhas medidas tan extraordinarias e dun trasfondo case revolucionario que me gustaría que me sacaran de dúbidas sobre si alguén as escoitou tamén ou son eu que decreto en soños as normas que desexaría ver vixentes na realidade. Falo desa decisión de rematar coa estafa –ben, cunha parte delas- que fan algunhas empresas ós seus clientes. (more…)

8 September, 2005

O barato é caro?

Filed under: Si home si

Coas expectativas non se sabe que é peor, se que se cumpran ou que non. Posiblemente é o que pasa co novo goberno, que hai tantas expectativas entre os gobernados que o que fan ben parece pouco, e o que non, parece demasiado. E tantas entre os gobernantes que se senten obrigados a cumprilas antes onte que hoxe. (more…)

6 September, 2005

Acordos e desacordos

Filed under: Si home si

Parece ser que a reunión entre Zapatero e Rajoy concluíu en fracaso, cabe deducir do unánime lamento dos analistas políticos sobre a ocasión perdida de encarrilar a política nacional, e a chea de advertencias que prodigan de que así mal vamos. En realidade, a xuntanza foi mal porque é o único método para que uns e outros –políticos e analistas- defendan o pan que comen. Rematado o exótico asunto das eleccións galegas, muxido o polémico tema do Estatuto catalán ata que perdeu calquera asomo de interese e mesmo de intelixibilidade, algo hai que facer para seguir ocupando as portadas. Nas novelas negras, neses casos, facían aparecer a un tipo cunha pistola, e aquí escenifican un desacordo (tanto que a frase de Rajoy, “entré preocupado y salí preocupado”, é do guión da reunión anterior). E o público, preocupado. (more…)

5 September, 2005

Katrina

Filed under: Si home si

Michael Moore (xa saben, o da gorra que se gana a vida meténdose co que non lle gusta dos Estados Unidos) saíu do silencio no que estaba cando a parte dos Estados Unidos que non lle gusta reelixiu a George W. Bush, e o venres pasado escribiulle de novo (a Bush, e de paso ós Estados Unidos). “Acabáronse as vacacións…” chámase a súa carta aberta. Polo de Katrina, claro.

(more…)

1 September, 2005

Problemas de xestión

Filed under: Si home si

Todo ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Por exemplo, no fútbol as victorias son victorias, xustas ou inxustas, e as derrotas, honrosas ou como para matalos, son derrotas. Na política é todo máis difícil, quizais porque non hai o que antes se chamaba moviola ou cámara lenta, nin o máis moderno ángulo inverso. (more…)

30 August, 2005

Robinho

Filed under: Si home si

Levo tempo sen escoitar nada dos programas de tele-realidade (ou realidade-ficción, un deses binomios teoricamente imposibles, como ciencia-cristiana ou música-militar, que sen embargo teñen existencia real). Eses productos televisivos elaborados a base de poñer nunha situación substancialmente anormal unha casa, un chalé en construcción, unha illa, baixo a vixilancia permanente das cámaras a uns individuos aparentemente normais dentro do normal que pode ser alguén que acude voluntariamente a unha selección dese tipo. É curioso que mentres noutros países o formato evoluciona ata a dexeneración máis absoluta ou a caricatura sen paliativos (hai un de prostitutas que teñen que poñer en marcha negocios, distintos do seu, claro), aquí o xénero estea nas últimas. Ata que descubrín que era polo fútbol. (more…)

28 August, 2005

Adiós praias

Filed under: Si home si

Adiós praias, adiós montes, adiós aturar pequenos, adiós cargar coa sombrilla, ata un ano polo menos. Vaise o verán, di todo o mundo, e o verán non é precisamente a miña estación favorita. Non o foi nin cando era pequeno e levaba aparellada unhas vacacións merecedoras dese nome, de case tres meses, nin agora que non o son e o que leva aparellada é a presencia militante na praia.

Fraga cos nenos
O ex presidente, de veraneo cos rapaces, hai unha chea de anos

(more…)

23 August, 2005

Incendios

Filed under: Si home si

Desde onde estou agora, vexo desde hai días arder ou fumegar un monte por riba de Baiona. As miñas cuñadas aseguran que antes de que eu chegara, xa ardera unhas catro veces. Non comento nada máis comprometido que “xa…” porque supoño que a seguinte xogada é preguntar o porqué, e eu descoñezo o porqué, ou podo apuntar tantos que é como non apuntar ningún. De feito, coincido con Brétemas nas terrazas do paseo marítimo ese que popularizou Carlos Casares e o tema case único de conversa son os lumes, sen que ningún dos tres (a terceira era a súa muller) deamos saído dos lugares comúns. (more…)

21 August, 2005

Actos de servicio

Filed under: Si home si

Discutían o outro día diante miña unha parella de xuristas da miña familia política (que unha cuñada e o seu home, aclaro para evitar malas interpretacións) cunha amiga sobre o que eles comprobaban uso mal intencionado e desproporcionado da lei contra a violencia de xénero. Como non teño demasiada idea nin experiencia sobre o asunto, eu estaba convenientemente calado ata que a miña –aí si- sobrada experiencia como bocazas me fixo apoiar a opinión cuñadil de que quizais podería non ser estrictamente constitucional usar distintas varas para medir conductas delictivas, dependendo do sexo de quen as comete. Aínda que hoxe me veu dar a razón Empar Moliner, quedei, como era de esperar, como un apoloxista da violencia sexista, pero o peor é que, cando reflexionei pola miña conta, decateime de que hai distintas varas de medir ata en aspectos tan regulamentados como as mortes en actos de servicio. (more…)

16 August, 2005

Festas e abarrotes

Filed under: Si home si

“A esto das festas habería que poñerlle freo. Non pode ser que aldeas dunha ducia de casas anden apañando diñeiro todo o ano para gastar en dous días millonadas en orquestras e foguetería, para que se xunten duascentas persoas e que os rapaces acaben igual a noite nas discotecas. Son cartos estragados que se podían meter noutra cousa”, díxome o outro día un amigo moi incisivo e moi analítico (que como adoita pasar, adestra todo o tempo e polo tanto critica e analiza todo o que se pon por diante, segundo lle pasa pola cabeza). Decíamo ó fío das informacións que contaban os atascos e aglomeracións que se produciron, sobre todo na costa, a conta da pasada fin de semana festeira. E decíamo nunha terraza na que nos refuxiamos da actuación estelar duns tipos que ó parecer estaban riba do escenario a conta da súa fugaz participación en Operación Triunfo ou similar. (more…)

14 August, 2005

Roquetas

Filed under: Si home si

O asunto de Roquetas seguro que é, como asegura todo o mundo, clase política e medios de comunicación, un caso illado. Coñezo gardas civís e xente na xudicatura, teño amigos agricultores e mesmo teño amigos andaluces, e non son así. O de Roquetas é un caso illado, pero tamén un caso emblemático do que é esta sociedade. (more…)

11 August, 2005

Esperas reais

Filed under: Si home si

Os periodistas suponse que existimos profesionalmente para contar as cousas, preferiblemente como pasaron, ou alomenos como as vimos. Eu estiven presente na entrevista entre o noso presidente Touriño e o noso rei Juan Carlos, así que llelo conto como verdadeiramente foi. (more…)

9 August, 2005

Falemos de sexo

Filed under: Si home si

Non sei se por casualidade, pola seca informativa, por ese teórico vencello entre sexo e verán, ou se obedecendo ós escuros designios dalgunha multinacional preservativa ou da axencia de prensa de Lorena Berdún, esta fin de semana pasada dous dos máis prestixiosos e difundidos magazines dominicais coincidiron en tratar o tema da desinhibición sexual que campa España adiante. Pois xa será menos. (more…)

7 August, 2005

O Código Paletox

Filed under: Si home si

O outro día, unha periodista que asumía o papel de cronista social nun programa de Radio Coruña expresaba a súa sorpresa polo contentas –“como niños, decía textualmente- que estaban as autoridades e personalidades relevantes na inauguración dun complexo de ocio do porto coruñés. Ese que José Manuel Ponte, superando o descoñecemento do nome coa intuición, bautizou como “Paletox”. Dúas visións distintas, pero sorprendentemente complementarias, ás que me gustaría achegar unha propia, perfectamente compatible con elas, que saquei soíño cando escoitei a publicidade do tal complexo: “enrólate”, viña sendo o leit-motif da propaganda.

boton de ancla

(more…)

4 August, 2005

Hábitos

Filed under: Si home si, Destavai?05

Teño unha certa sensación de que, quitado Suso de Toro e algúns deses vellos militantes dos partidos agraciados, a sociedade galega non exterioriza a ilusión polo cambio que interiormente tén. Xa lles digo, é unha certa sensación (que non é o mesmo, non sei por que, que unha sensación certa), aínda que non sei en que baseala. (more…)

2 August, 2005

Toma (de posesión)

Filed under: Si home si, Destavai?05

Non sei se seguiron con detalle o que para un amigo foi “o acto que lle deu sentido a boa parte da miña vida” (máis ou menos textualmente, e de feito estaba máis elegante que o día que casou, que se supón que tamén debeu ser un acto que lle deu sentido a outra boa parte da súa vida). Falo do acto da toma de posesión de Touriño onte. (more…)

Óscar

“¡Ganou Pereiro!” comunicoulle eufórico un político galego moi seguidor de eventos deportivos ó seu xefe de prensa. “¿Que demo ganaría Pereiro?” sorprendeuse este pouco seguidor nun primeiro momento, tal e como me contou días despois. Ata que caeu en que o que algo ganara non este Pereiro arriba asinante, senón Óscar Pereiro, o ciclista de Mos.

(more…)

26 July, 2005

Saigón ou Manila

Filed under: Si home si, Destavai?05

Comparaba o outro día Carlos Luis Rodríguez a retirada do PP do goberno coa caída de Saigón, coa situación que se creou alí cando as derrotadas tropas dos EEUU abandonaron tanto a capital de Vietnam do Sur como o réxime dictatorial que sostiveran. Sen tentar competir coa sagacidade analítica do exiliado colega, a min recórdame máis as caídas de Marcos en Filipinas, de Trujillo na República Dominicana ou de Duvalier en Haití. En Saigón, os derrotados fóronse abandonando á súa sorte ós seus anteriores protexidos, deixándoos colgados completamente (e literalmente nalgúns casos, tentando subir ós últimos helicópteros).

caida de Saigón
Neses outros feitos históricos que cito, o réxime político caeu, pero as redes de intereses de todo tipo que creara, ou que xa estaban e medraron en simbiose co goberno, quedaron máis ou menos a salvo. Ferdinand Marcos tivo que saír, pero salvou ata a colección de zapatos da súa señora, e o Polo Club de Manila seguiu conservando o mesmo ambiente de sempre.
polo club
(more…)

21 July, 2005

Alumeados

Filed under: Si home si

O lume e a estupidez teñen en común o seu efecto destructor e expansivo: desque se poñen en marcha, arrasan todo canto atopan. En Guadalajara, uns estúpidos prenderon un lume que arrasou once vidas e unha chea de pinos. Alí tamén se prendeu unha onda de estupidez que, afortunadamente, respecta a vida física, pero ameaza gravemente a mental. (more…)

20 July, 2005

18 de xullo

Filed under: Si home si, Destavai?05

Antonte luns, 18, foi un día histórico, segundo me fartei de escoitar a todo o mundo, fóra pero sobre dentro do Parlamento, nos discursos pero tamén nas conversas menos formais, e tanto ós da nova e pelada maioría de esquerdas como na maioritaria minoría conservadora. Claro está que deben ter razón, pero a sensación que eu tiven foi algo distinta. (more…)

18 July, 2005

O Horror

Filed under: Si home si

autoresatentado
Escribir do que se descoñece sempre é complicado –aínda que non imposible, como se pode ver-, e máis cando ese mundo ignoto é o do terrorismo, e moito máis aínda se un ten un xefe que envía razoados pero contundentes emails en canto le algo do que discrepa. Pero por moito que descoñezas, sempre hai alguén que descoñece máis, e lánzaste.

(more…)

14 July, 2005

Ritos de apareamento II (o impreso)

Os medios de comunicación galegos en xeral, e algúns en particular moito máis, parece que levaron un golpe na cabeza, ou dous: un o 19 de xuño e o outro o 28. Estase producindo o parto dun novo goberno e asistimos ós estertores dun réxime, dous fenómenos inéditos na nosa historia recente, somos protagonistas dun mes que conmoveu a esto que será o cú do mundo, pero é o noso cú, con perdón, e nós ó importante, a entrevistar bañistas.

(more…)

13 July, 2005

Socorro!

Filed under: Si home si

Vaian por diante as miñas desculpas ós hosteleiros (especialmente ós propietarios de chiringuitos de praia, de merendeiros con parra ou canizo e de bares con terraza e toldo), ás axencias de viaxes, ós que alugan pisos de tempada e ós que rexentan establecementos de todoacien especializados en trangallada náutica. Tamén ós cantantes e discográficas de tendencia caribeña, ós programadores de shows televisivos de verán e ós anunciantes en xeral, que nesta época non necesitan escusas para usar corpos perfectos para vender productos que non o son tanto. E por suposto, a todos aqueles que nesta época fregan as mans con entusiasmo mentres invocan mantras tipo “¡playita-playita!” ou “¡veranito-veranito!”, pídolles perdoncito-perdoncito, igual que ós/ás que agardan con impaciencia esta época do ano para alegrar a vista/o. Xa sei que non debería poñerme así, pero non hai cristiano que ature este calor. Dígoo tal como o sinto (ou non, porque o sinto dunha maneira que non é correcto poñela por escrito nun papel que pode caer en mans infantís).

(more…)

11 July, 2005

London calling

Filed under: Si home si

“Chamando de Londres ás cidades de fóra/ agora que se declara a guerra e que se achega a batalla/ Londres chamando ó submundo” cantaban máis ou menos The Clash, irá para hai un cuarto de século, cando se supoñía que a ameaza sobre as nosas cabezas era o “erro nuclear” que mencionaba a canción. O xoves pasado acababa de escoitar o disco en Monforte e acordeime del á hora de xantar, en Leiro, na beira do río Avia, porque na mesa do lado unha rapaza comía cuns auriculares postos. Escoitaba as primeiras informacións do atentado de Londres, onde tiña unha irmá estudiando. (more…)

8 July, 2005

Singapurazo

Filed under: Si home si, Matrix Press

Estarán xa ó tanto do singapurazo. En sóubeno pasada a unha da tarde polo desolado comentario duns madrileños, ou máis exactamente da banda madrileña dunha familia tudense, cando aparcaban xusto ó lado nos arredores da Fortaleza de Valença do Minho. No pudo ser, que din tan frecuente como pouco axeitadamente os informadores deportivos (porque ser, puido ser, o que pasou é que non foi). E como lles decía onte, xa se sabía que o de Madrid 2012 non ía ser, pero iso non quita que se lle dera ó bombo de que podería ser coa mesma aplicación e a mesma subvención que o famoso Manolo o do bombo. Así que, con ese espírito tan hispano do fair play, agora soamente queda ver a quen se lle bota a culpa do fracaso. (more…)

Madrid 2012

Filed under: Si home si, Matrix Press

Estou estes días de praia, lendo o periódico cando o pillo e vendo a televisión a cachos e medio nos bares. Desde esta perspectiva veraneante, comprobo que, efectivamente, asuntos como a reforma do estatuto –calquera estatuto- non forman parte das preocupacións medias da sociedade, moito máis preocupada en saber que tempo fará mañá, onde demo estarán eses nenos que dixeron que ían andar “por aquí” e se chegaron xa os Menganos. Claro que tampouco detectei inquedanza ningunha, nin siquera curiosidade polas posibilidades de que Madrid 2012 pase de ser un proxecto e unha campaña a unha realidade futura. Hai que ver como unhas poucas sesións horizontais ó sol dilúen calquera tema de importancia decisiva e candente actualidade. (more…)

4 July, 2005

Familias

Filed under: Si home si

Desgraciadamente, aquí non somos demasiado universais. Mentres, por exemplo en gran parte de España están inmersos nunha dura loita en defensa da familia, aquí como moito estamos pendentes de se veñen os primos de Barcelona ou de Eibar, canto tempo se van quedar e se a prima segunda Nekane sigue tan borde como antes. Aquí, como pasou co tren ou coa revolución industrial, todo chega tarde e todos os momentos históricos tócannos de esguello. (more…)

30 June, 2005

A purga de Benito

Filed under: Si home si, Destavai?05

Xa tiña despedido o tema, porque estou tan farto de sachar nel como o estarán vostedes de lelo. O das eleccións. Apetecíame escribir deses atentados legais pero ilexítimos que se están a cometer contra os grandes valores humanos, do burato fiscal que outras leis están abrindo para as grandes fortunas, e outros asuntos así de enormes. Pero non dou. Estou absolutamente encasquillado. (more…)

29 June, 2005

Reconto

Filed under: Si home si, Destavai?05

Xa teño a colección case completa de presencias en feitos históricos. Vin a chegada do home á Lúa (pola tele, claro, pero é que era un rapaciño). Asistín ó naufraxio do Cason, do Mar Exeo, do Prestige¸ e ó penalti de Djukic. Vivín o título de Liga. E antonte asistín ó reconto dos votos dos emigrantes na Audiencia da Coruña. En canto deixe de ter que meter o tempo libre en encher as columnas estas, penso escribir as miñas memorias (sexan previsores e vaian reservando o seu exemplar).

(more…)

27 June, 2005

Imbéciles e escuros

O que sempre me gustou do Himno Galego é que, fóra do habitual nesas composicións que adoitan exaltar o ardor guerreiro propio e ofrecer unhas labazadas ós alleos que se poñan por diante, se dedique a facer unha chea de preguntas sobre as cuestións que preocupan ós pinos e outros seres vexetais. Pero ultimamente vénme máis á cabeza esa fragmento da terceira estrofa, cando o poeta ou o pobo ou quen sexa se pon faltón e sentencia que “mais sóo os iñorantes/e féridos e duros,/imbéciles e escuros/non nos entenden, non”. Porque mira que hai imbéciles ós que non nos entender nada non lles impide depositar sentencias.

Falo desa caterva de columnistas e tertulianos que se sacuden a desgana de opinar sobre que está pasando aquí soltando co seu indiscutible inxenio habitual os tópicos ignorantes que xa satirizara Wenceslao Fernández Flórez vai para case un século. Ou os redactores de informativos das cadeas privadas, que afeitos a vender espectáculo disfrazado de información, elaboran crónicas políticas sobre as eleccións galegas co mesmo rigor que analizan os ingresos hospitalarios de Belén Esteban, e coa mesma claridade de ideas e finura de conceptos que se lles redactara o texto o taxista que os leva a San Sebastián de los Reyes. E non establezo diferencias apreciables entre as posturas progresistas e as cavernarias. Os primeiros contéñense para non chamarnos trogloditas (no caso de Juan José Millás, conténse pouco) e os segundos –ultimamente pouco afeitos a conterse – non se recatan en nada máis que en dubidar se cuestionar radicalmente os resultados ou en se botarlle a culpa a Zapatero e/ou a Carod Rovira tanto da campaña como dese voto emigrante que acaban de descubrir e do que desconfían agora con tantas razóns como tiña Santiago Bernabeu (o presidente, non o estadio) para queixarse dos árbitros.
Tanto a uns como a outros habería que recordarlles algunhas situacións políticas absolutamente patéticas sobre as que non recordo tanta soltura opinativa. En cuestión de prácticas de poucas trazas democráticas, recordo as curiosas alianzas andaluzas do PP coa Yakuza de Gil y Gil, por non falar do espectáculo uzbeko das últimas eleccións á Asemblea de Madrid. Ou que a presidencia da Comunidade Valenciana estivo ocupada unha chea de tempo (todo o que quixo, ata que o fixeron ministro e saíu alegremente por patas deixándolle o tinglado a un que estaba por alí) por un prócer como Eduardo Zaplana. Sinceramente, ó seu lado, non só Manuel Fraga é Winston Churchill, senón que Alberto Núñez Feijoo é John F. Kennedy e Xosé Manuel Barreiro, Al Gore. Xa metidos en comparacións odiosas, Manuela López Besteiro é Hillary Clinton ó lado de Esperanza Aguirre. E Xesús Palmou reviste o cargo de secretario xeral co empaque de Kofi Annan se o comparamos co desempeño que fai del Acebes. E creo recordar que na moi cosmopolita e urbana cidade de Madrid houbo un alcalde chamado Álvarez del Manzano co que se metían o xusto, cando era como se o cura Don Felisindo ese que pastorea Verín rexera o concello de Santiago. A ver se hoxe remata o reconto, e con el a matraca que nos están dando.

(para luns 27 de xuño de 05)

23 June, 2005

Mortos e votos

Filed under: Si home si, Destavai?05

Hoxe (para vostedes onte) producíronse dúas noticias absolutamente reveladoras do que é a Galicia que tanto estivo nas bocas e nos letreiros na pasada campaña. Por un lado, a constatación de este vello país é o que mais poboación perde nas Españas todas. Por outra, a noticia de que o PP desprazará á xunta electoral de Pontevedra un equipo A de xuristas para velar polo reconto de votos, encabezado polo ex presidente do Congreso e ex Ministro de Defensa Federico Trillo Figueroa. A conxunción deses dous fenómenos é a demostración palpable de que á Galicia oficial actual está máis pendente dos votos que os nenos, impórtalle máis o electorado que a xente.

     Obviamente, non &#233; o caso persoal de Manuel Fraga, que desde hai anos v&#233;n alertando da escaseza natalicia dos galegos, do noso futuro abocado a unha repoboaci&#243;n bereber &#8211;tal e como lle recordo o&#237;r mencionar nun debate do estado da autonom&#237;a de hai anos-. Mesmo nesta campa&#241;a criticou a nova lei do divorcio que simplifica o tr&#225;mite <del>ata deixalo suxeito &#243; que parece natural, o simple acordo de disoluci&#243;n decidido por aqueles que decidiron a uni&#243;n coa mesma sinxeleza procesal</del>, porque nese caso &#8220;que muller vai querer ter fillos&#8221;. Pero, como noutros aspectos do seu goberno, a s&#250;a convicci&#243;n persoal chocaba frontalmente coa s&#250;a pr&#225;ctica pol&#237;tica. Ter reservas de vellos mantidos cunha pensionci&#241;a, un punto de luz e unha merenda xuntos o D&#237;a dos Av&#243;s &#233; como ter unha granxa electoral de excelente rendemento, ata que comeza a actuar a lei de vida coa mesma inexorabilidade que a lei da gravidade. Se a xente morre, terse preocupado antes, como lle espetou Baltar &#243;s seus alcaldes que esgrim&#237;an o crecemento vexetativo negativo como argumento para o crecemento negativo electoral. Un argumento que resultou ser cruamente real, como reco&#241;eceu Xos&#233; Crespo despois das elecci&#243;ns: &#8220;falt&#225;ronnos os votos dos que morreron&#8221;.
	
     En realidade, non foi exactamente as&#237;. Falt&#225;ronlles sobre todo os daqueles lugares nos que a&#237;nda ani&#241;a a esperanza. Xa sabemos que nas cidades, pero tam&#233;n en todos aqueles sitios en que agardan do futuro algo m&#225;is que raci&#243;ns de empanada, subiron os votos daquelas formaci&#243;ns &#225;s que &#8211;a&#237;nda que sexa de momento- se lles sup&#243;n ganas de facer algo m&#225;is que apuntalar a casa para que non nos caia o teito riba da cabeza. As&#237; que cando esmorecen a producci&#243;n das granxas electorais de aqu&#237;, a esperanza do PP est&#225; nas granxas de al&#243;. O malo &#233; que leiras tan afastadas non se poden atender como se debera, e sempre hai quen vai &#225; prea da fruta. Por eso a Audiencia de Pontevedra vai ter o luns tanto protagonismo medi&#225;tico como o tribunal onde xulgaron a Michael Jackson. Por eso o PP madrile&#241;o despraza al&#237; a Trillo (que debe ter un enorm&#237;simo peso xur&#237;dico que poida compensar e escasa credibilidade pol&#237;tica que lle queda). Se <a href=\"http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=43781&Ed=1\">perden</a>, sempre se pode facer do asunto unha cuesti&#243;n de estado.

(para xoves, 23 de xuño de 05)

22 June, 2005

Teoría da elegancia

Filed under: Si home si, Destavai?05

Non hai peito bastante, pero se o houbera, os titulares dos medios madrileños, os comentarios do equipo tertuliano habitual serán unha variante desta reflexión: “Pero, ¿qué es exactamente lo que han votado los gallegos?” Moitos xornalistas indíxenas soportamos dos nosos colegas paracaidistas esa pregunta, explícita ou implícita; ou esa mirada, interrogante ou de reproche: “¿me puedes explicar que ha pasado de una forma que se entienda?”

Eso os colegas, a xente ben intencionada que estivo a pe de obra, e que polo xeral tiñan moi claro moito máis claro ca nós o que Touriño chamaba “a pulsión do cambio”. Porque hai outros que tampouco parecen entender moito. Por exemplo, os profesionais que foron atender a noite electoral a rolda de prensa en Génova (onde ten a sede o PP de Madrid, non esa cidade italiana que se chama casualmente igual) sen un triste dato dos resultados na libreta, ou sen gana ningunha de preguntar, e que aturaron impertérritos como Acebes lles soltaba que o PP incrementara os seus apoios en todos lados, sobre todo nas cidades. Ou os opinadores que agora explican por que non pasou o que eles adiantaron que pasaría, como decía Galbraith dos economistas. De todas formas, o mundo sigue, e polo tanto qué menos que apuntarse a novas profecías, canto máis se xa hai plantillas explicativas dos perigos dos pactos cos nacionalistas en base a un amplo elenco de experiencias sobradamente coñecidas, como Catalunya, ou sabidas de oídas, como Vigo. Non ter “ni idea de lo que es en concreto el BNG”, como recoñecía un non impide estimar os riscos futuros, pero o máis seguro é ir ó seguro, e todos falan de como lle foi a Rajoy que a estas alturas, co jet lag, xa non teño claro si se presentaba ou non ata o punto de que una páxina dixital ilustraba o especial “Elecciones Gallegas 05” cunha foto do coñecido presidente do PP e rexistrador da propiedade excedente.
Pero, en fin, se hai que apuntar unha explicación, eu propoño unha: seguindo esa teoría de que os colectivos por xunto atinan o que os individuos por solto nin cheiran, os resultados do 19 X son unha especie de despedida elegante da sociedade galega a Fraga. Nada de propinarlle unha derrota contundente e ignominiosa, senón máis ben unha cousa tipo: “xa cumpriu, Don Manuel, agradecémoslle o esforzo, e agora descanse un pouquiño”. Porque á outra pregunta que se fai por aí, a de quen ganou, xa responden os datos: socialistas e nacionalistas xuntos superan os resultados dos populares (53% a 45%), nunha porcentaxe superior á que nunca tivo o PP. Incluso en sitios tan emblemáticos como Muxía, por se lles soa o sitio. A partir de aí, todo é enxeñería electoral, todo o decisiva que queiran para saber quen vai gobernar. O de que se cumpriran ou non as expectativas de cada un, cada un saberá as que tiña e por qué.

(para mércores, 22 de xuño de 05)






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here